Eleccións municipais no Porriño
resumo de eleccións municipais do concello
Estes foron os resultados das eleccións municipais no concello do Porriño dende 1979.
Comparativa de todas as eleccións
editarComposición das Corporacións
editarCorporacións democráticas no Porriño desde a aprobación da Constitución de 1978.
Eleccións | PPdeG | BNG | PSdeG-PSOE | CD | UCD | BN-PG | CP | CIP | AP | CDS | IdeP | CxP | UDDL | SON | Alcalde * |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1979 | 4 | 9 | 2 | 2 | Gonzalo Ordóñez Pérez (CD) | ||||||||||
1983 | 1 | 3 | 11 | 2 | José Manuel Barros González (CP) | ||||||||||
1987 | 1 | 3 | 12 | 1 | José Manuel Barros González (AP) | ||||||||||
1991 | 12 | 2 | 3 | José Manuel Barros González (PPdeG) | |||||||||||
1995 | 12 | 3 | 2 | José Manuel Barros González (PPdeG) | |||||||||||
1999 | 10 | 5 | 2 | José Manuel Barros González (PPdeG) | |||||||||||
2003 | 7 | 3 | 2 | 5 | Raúl Francés Rodríguez (BNG) | ||||||||||
2007 | 4 | 5 | 3 | 2 | 3 | Raúl Francés Rodríguez (BNG) | |||||||||
2011 | 10 | 5 | 2 | Nelson Santos Argibay (PPdeG) | |||||||||||
2015 | 8 | 2 | 4 | 2 | 1 | Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE) | |||||||||
2019 | 8 | 2 | 4 | 1 | 2 | Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE) | |||||||||
2023 | 16 | 3 | 3 | Alejandro Lorenzo Alonso (PPdeG) | |||||||||||
* No campo alcalde só se recolle o elixido en primeiro lugar nesa corporación. |
Participación
editarEleccións ano a ano
editar- Alcalde: Gonzalo Ordóñez Pérez — CD. Finado no cargo o 12 de xaneiro de 1981. Foi substituído por José Manuel Barros González.
- Candidaturas: Raúl Francés Valverde (PSOE) • Manuel Domínguez Bello (ORT) • Manuel Martínez Rodríguez (BN-PG) • Santiago Gilsanz de la Aldea (UCD) • Gonzalo Ordóñez Pérez (CD).[1]
|
- Alcalde: José Manuel Barros González — CP
- Candidaturas: Gonzalo José Ordóñez Puime (CIP) • Francisco Manuel Quintas Fortes (BNG) • Antonio L. Baladrón Carpintero (PCG) • José Manuel Barros González (AP-PDP-UL) • Raúl Francés Valverde (PSdeG-PSOE).[2]
|
- Alcalde: José Manuel Barros González — AP
- Candidaturas: José Teijeira Rodríguez (PSdeG-PSOE) • José Martín Rey Núñez (CDS) • José Manuel Barros González (AP) • Manuel Besada Morais (BNG).[3]
|
- Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG
- Candidaturas: José Manuel Barros González (PP) • José Teijeira Rodríguez (PSdeG-PSOE) • Francisco Novás Barros (CNG) • Francisco Manuel Quintas Fortes (BNG).[4]
|
- Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG
- Candidaturas: Celso Fernández Maceira (PSdeG-PSOE) • Xosé Ramón Paz Antón (BNG) • José Manuel Barros González (PP).[5]
|
- Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG
- Candidaturas: José Manuel Barros González (PP) • Raúl Francés Rodríguez (BNG) • Celso Fernández Maceira (PSdeG-PSOE).[6]
|
- Alcalde: Raúl Francés Rodríguez — BNG
- Candidaturas: Jose Manuel Barros González (PP) • Gonzalo José Ordóñez Puime (Independientes de Porriño) • Raúl Francés Rodríguez (BNG) • Nicolás Iván Vaqueiro Gradín (PSdeG-PSOE)[7].
- En febreiro do 2003, o que fora tenente de alcalde, Gonzalo José Ordóñez Puime, xunto con outro concelleiro, deixan o grupo municipal do PP e pasan a formar parte do Grupo Mixto. Esta escisión consúmase nas eleccións locais, nas que se presentan baixo as siglas de Independientes de Porriño[8]. O candidato do Partido Popular, pola súa banda, mantén a José Manuel Barros como candidato á alcaldía.
- Resultados: José Manuel Barros perde a maioría absoluta con que viña gobernando dende 1981, xa que o PP obtén 8 concelleiros dos 17 da corporación. Gonzalo Ordóñez consegue 5 edís, mentres que o BNG baixa ata os 3 concelleiros e o PSdeG queda con 2.
- Investidura: Aínda que os partidos de centro-dereita (PP e IDP) suman maioría absoluta, as diferenzas entre os cabezas de lista levan a que no pleno de investidura sexa o candidato do BNG, Raúl Francés, quen consiga a alcaldía ao conseguir o apoio dos concelleiros do BNG (3), PSdeG (2) e IDP (5). O goberno quedará conformado, porén, só cos concelleiros do BNG e do PSdeG[9].
|
- Alcalde: Raúl Francés Rodríguez — BNG. Substituído en 2010 mediante moción de censura por Nelson Santos Argibay (CxP).
- Candidaturas: Raúl Francés Rodríguez (BNG) • Manuel Carrera Punzón (PP) • José Nelson Cándido Santos Argibay (Ciudadanos por Porriño) • Nicolás Iván Vaqueiro Gradín (PSdeG-PSOE) • Gonzalo José Ordóñez Puime (Independientes de Porriño) • Ana González Pérez (Os Verdes) • Jesús Carlos López Préstamo (Sociedade Política Local)[10].
- Nas eleccións municipais de 2007 presentáronse sete formacións, o que supón o maior número de candidatos ata o momento nunhas eleccións locais[11]. Nestes comicios non se presenta quen fora alcalde do Porriño durante 22 anos José Manuel Barros. Isto non significa a reunificación do centro-dereita local, que presenta tres listas trala creación de Ciudadanos de Porriño por Nelson Santos Argibay[12] (en 2003, formaba parte da lista de Independientes de Porriño[7]). Por parte do Bloque Nacionalista Galego, repite como candidato o que foi alcalde durante os últimos catro anos, Raúl Francés Rodríguez. Tamén repite o candidato do PSdeG, Iván Vaqueiro Gradín.
- Resultados: O BNG, co 27,99% dos votos e 5 concelleiros, é a forza máis votada, que se beneficia da fragmentación do voto de centro-dereita: PPdG obtén o 22,87% dos votos (4 concelleiros); CxP, o 17,86% (3 concelleiros) e IDP o 11,72% (2 concelleiros). O PSdeG é a cuarta forza en votos co 15,63% e 3 concelleiros. Tanto Os Verdes como SPL non conseguen ningún concelleiro.
- Elección do alcalde e moción de censura: As diferenzas entre as forzas de centro-dereita favorece que Raúl Francés Rodríguez saia elixido alcalde do Porriño o 16 de xuño de 2007 cos votos a favor dos concelleiros do BNG (5) e PSdeG (3). Os concelleiros do Partido Popular (4) e de Independientes de Porriño (2) votaron polo candidato do PPdeG, Manuel Carrera Punzón, mentres que os concelleiros de Ciudadanos por Porriño (3) votaron polo candidato da mesma formación, Nelson Santos Argibay; tal e como dixeron en campaña que farían[13]. En 2010, trala recuperación da Xunta por parte do PPdG o ano anterior[14], os tres partidos de centro-dereita chegan a un acordo para presentar unha moción de censura trala cal Raúl Francés (BNG) será substituído por Nelson Santos Argibay (CxP). A moción de censura foi aprobada cos votos a favor dos concelleiros do Partido Popular (4), Ciudadanos por Porriño (3) e Independientes de Porriño (2). Votaron en contra os concelleiros do Bloque Nacionalista Galego (5) e do Partido dos Socialistas de Galicia (3).[15]
|
- Alcalde: Nelson Santos Argibay — PPdeG
- Candidaturas: José Nelson Cándido Santos Argibay (PP) • Raúl Francés Rodríguez (BNG) • Nicolás Iván Vaqueiro Gradín (PSdeG-PSOE) • Roberto Alonso Vázquez (EU) • David Pichel Freiría (PODES)[16].
- Despois da moción de censura do ano 2010, as tres formacións de centro-dereita (PP, CxP e IDP) intégranse nunha única lista encabezada polo líder de CxP, Nelson Santos. Pola súa banda, repiten como cabeza de lista o exalcalde Raúl Francés polo BNG e Iván Vaqueiro polo PSdeG.
- Resultados: O PP obtén maioría absoluta (10 dos 17 concelleiros da corporación, e o 57,13% dos votos). O BNG mantén os mesmos edís (5) que no 2015, aínda que baixa un pouco en porcentaxe de votos (26,31%). O PSdeG baixa case 5 puntos (10,91% dos votos) e só consegue 2 concelleiros.
- Investidura: Nelson Santos é elixido alcalde cos votos do PP[17].
|
- Alcalde: Eva García de la Torre — PSdeG-PSOE
- Candidaturas: José Nelson Cándido Santos Argibay (PP) • Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE) • Manuel Carrera Punzón (Unión Democrática da Louriña) • Pedro Pereira Fernández (BNG) • Ricardo José Canosa Bastos (EU-SON) • Abrahán Castro Cabaleiro (Agrupación de Electores de Porriño) • Javier Hermida Porto (CxG-CCTT).[18]
- Nas eleccións do 2015 volven a presentarse dúas formación de centro-dereita. Unha investigación xudicial sobre a posible adxudicación fraudulenta de varias obras municipais[19] provocou unha división do grupo municipal do PP en 2014. Os edís encabezados por Manuel Carrera, que fora presidente local do PP e candidato a alcaldía no 2007, preséntanse baixo unha nova formación, Unión Democrática da Louriña (UDDL)[20].
- Pola súa banda, o PSdeG presenta unha nova candidata á alcaldía, Eva García de la Torre. Ademais incorpora como número 2 ó exalcalde do BNG, Raúl Francés[21], logo de que este abandonase a formación nacionalista no 2012[22]. O BNG presenta como candidato á alcaldía a Pedro Pereira, concelleiro dende 1997.
- Ao igual que noutros concellos de Galicia, tamén se presentan no Porriño a coalición entre Esquerda Unida, Os Verdes, Anova e outros movementos ligados ao 15-M: EU-SON, liderada por Ricardo José Canos Bastos[23].
- Resultados: O PP é a forza máis votada (8 edís, e 39,61% dos votos), pero non acada a maioría absoluta. Os socialistas soben ata os 4 concelleiros (20,78% dos votos) e quedan como segunda forza. A formación de Manuel Carrera consegue 2 edís (12,76% dos votos), ao igual que o BNG (11,99% dos votos). Tamén consegue un concelleiro EU-SON (6,79%).
- Investidura: A candidata do PSdeG, Eva García de la Torre sae escollida alcaldesa cos votos favorables dos grupos do PSdeG (4), UDDL (2), BNG (2) e EU-SON (1)[24]. O BNG rechaza entrar no mesmo goberno que UDDL, aínda que finalmente apoia a Eva como alcaldesa.
|
- Alcalde: Eva García de la Torre — PSdeG-PSOE
- Candidaturas: Manuel Alejandro Lorenzo (PP) • Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE) • Pedro Alfonso Ocampo Cardalda (SON EN COMÚN) • Pedro Pereira Fernández (BNG) • Manuel Carrera Punzón (Unión Democrática da Louriña) • Benjamín Blanco Durán (Ciudadanos) • Avelina Tato Machado (Vox)[25]
- Nestas eleccións o PP presenta un novo candidato, Manuel Alejandro Lorenzo, logo de que Nelson Santos dimitise como concelleiro no 2017. Manuel Alejandro é presidente da Entidade Local Menor de Chenlo dende 2007, e dende 2017 é o presidente do PP do Porriño.[26] BNG, PSdeG e UDDL manteñen os mesmos candidatos. EU-SON tamén renova o candidato: Pedro Alfonso Ocampo Cardalda.
- Resultados: Os resultados son moi similares ás eleccións do 2015. O PP volta a ser a forza máis votada (41,56%), pero sen conseguir a maioría absoluta (8 dos 17 concelleiros). O PSdeG e o BNG manteñen os mesmos edís: 4 e 2 respectivamente, co 24,7% e o 10,31% dos votos. Unión Democrática da Louriña queda cun só concelleiro (7,28%) e EU-SON convértese na terceira forza máis votada (2 edís, 10,68% dos votos).
- Investidura e moción de censura: Ó igual que sucedera no ano 2015, os votos de PSdeG, EU-SON, BNG e UDDL permiten manter na alcaldía a Eva García de la Torre.[27] Nesta ocasión, o BNG entra no goberno, pero non UDDL (que xa fora expulsado do goberno na lexislatura anterior)[28] nin EU-SON. Porén, a finais de 2021 a situación política do concello do Porriño estaba moi deteriorada. A perda de confianza dos seus socios de EU-Son e os ruxerruxes dunha moción de censura de esquerdistas e conservadores levaron a García de la Torre a presentar a súa dimisión no mes de novembro.[29] Posteriormente, o 23 de decembro do 2021, no pleno de investidura, tralo fracaso das forzas de esquerda en chegar a un acordo e a abstención do único edil de UDDL, Alejandro Lorenzo Alonso, do PPdeG, foi elixido novo alcalde do Porriño.[30][31]
|
- Alcalde: Manuel Alejandro Lorenzo Alonso — PP[32]
- Candidaturas: Manuel Alejandro Lorenzo Alonso (PP) • María Lourdes Moure Varela (ALdP) • Pedro Pereira Fernández (BNG) • David Alonso Bargiela (PSdeG-PSOE) • Patricia Sío Bacelo (EU) • Avelina Tato Machado (SOMOSPORRIÑO) • Carlos Luís González Armada (XUNTOS+PORRIÑO).[33]
|
Notas
editar- ↑ Junta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 52 do 3 de marzo de 1979.
- ↑ Junta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 83 do 13 de abril de 1983.
- ↑ Junta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 107 do 12 de maio de 1987.
- ↑ Junta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 99 do 30 de abril de 1991.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 83 do 2 de maio de 1995.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Tui. Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 92 do 18 de maio de 1999
- ↑ 7,0 7,1 "Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 77 do 23 de abril de 2003." (PDF). Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra (en castelán). Consultado o 29/05/21.
- ↑ Ledo, Roberto (2003-02-19). "Gonzalo Ordóñez deja el PP y forma el partido Independientes de Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Rivas, Gustavo (2003-07-19). "BNG y PSOE llegan finalmente a un acuerdo para gobernar O Porriño". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ "Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 80, do 25 de abril de 2007" (PDF). Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra (en castelán). Consultado o 29/05/2021.
- ↑ "O Porriño afrenta los comicios con un récord de candidatos". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-04-21. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Ciudadanos por Porriño hizo pública la lista con la que acudirá a las municipales". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-04-02. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Raúl Francés gobernará catro anos máis no Porriño (video e imaxes)". A Peneira da Louriña. 2007-06-16. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ PLAZA, ANA MARTÍN (2009-03-01). "El Partido Popular reconquista la Xunta con una amplia mayoría mientras el bipartito naufraga". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Triunfa la moción de censura en O Porriño contra el nacionalista Raúl Francés". La Voz de Galicia (en castelán). 2010-02-01. Consultado o 2021-05-30.
- ↑ "Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra, nº 77, do 26 de abril de 2011." (PDF). Boletín Oficial de la Provincia de Pontevedra (en castelán). Consultado o 29/05/2021.
- ↑ L.Míguez (2011-06-12). "O Porriño y Mos: las mociones dan paso a mayorías". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Tui. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2015 Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine. Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, 22/04/2015.
- ↑ Huete, Cristina (2014-04-19). "La imputación del alcalde de Porriño arrastra a su gobierno municipal". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Porriño (2015-03-22). "Manuel Carrera abandona el PP para encabezar la lista de Unión da Louriña". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Porriño (2015-04-19). "El exalcalde del BNG de Porriño, Raúl Francés, número 2 en la lista del PSOE". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Porriño, G. Porto- (2012-04-19). "El exalcalde Raúl Francés y otros dos ediles del BNG de Porriño renuncian a sus actas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ "“Eu Son Porriño” es el lema de los candidatos de Esquerda Unida para las municipales 2015". PorriñoDigital.es - Magazine Digital de Actualidad (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-05.
- ↑ "Eva García de la Torre se convierte en alcaldesa de Porriño con el apoyo de UDDL, BNG y EU". Faro de Vigo (en castelán). 2015-06-13. Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Tui. Candidaturas presentadas para as eleccións municipais do ano 2019 Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, 24/04/2019.
- ↑ "M. Alejandro Lorenzo elegido presidente del PP de O Porriño". PorriñoDigital.es - Magazine Digital de Actualidad (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-05.
- ↑ E.P. (2019-06-14). "A socialista Eva García repetirá como alcaldesa do Porriño, co apoio de Son en Común, BNG e o ex popular Manuel Carrera". Xornal de Vigo. Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Redacción (2019-02-06). "La alcaldesa de O Porriño cesa a sus socios y gobernará con 4 de 17 concejales". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-06-05.
- ↑ Bernárdez, Judit (2021-11-23). "La ya exalcaldesa de O Porriño: "Me han machacado por ser mujer, por mi peso, apariencia y orientación sexual"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-11-23.
- ↑ Fuente, Maria J. (2021-12-23). "El PP arrebata la alcaldía de O Porriño al PSOE al abstenerse un edil que es asesor socialista". La voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-12-23.
- ↑ "Porriño, O". fegamp.gal. 10 de xaneiro de 2023. Consultado o 19 de xuño de 2023.
- ↑ Gago, Xosé; Placer, Laura (18 de xuño de 2023). "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2023.
- ↑ Xunta Electoral de Zona de Tui. Proclamación candidaturas eleccións locais 2023. Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, 02/05/2023.
- ↑ 34,0 34,1 "BOE-A-2023-21146 Resolución de 5 de julio de 2023, de la Presidencia de la Junta Electoral Central, por la que se publica el resumen de los resultados de las elecciones locales convocadas por Real Decreto 207/2023, de 3 de abril, y celebradas el 28 de mayo de 2023, según los datos que figuran en las actas de proclamación remitidas por cada una de las Juntas Electorales de Zona. Provincias: Navarra, Ourense, Palencia, Las Palmas, Pontevedra, La Rioja y Salamanca.". boe.es. Consultado o 2023-11-12.