Rianxo en Común é un partido político local de Rianxo que desenvolve a súa actividade dende 2015.

Rianxo en Común
Plataforma política municipal
Dirixentes e organización
LíderJulián Bustelo
Historia
Fundación2015
Posicións políticas
IdeoloxíaMunicipalismo
Esquerda política
Galeguismo
Representación
Concelleiros en Rianxo
5 / 17

Historia editar

Xurdeu a comezos de 2015 dun proceso de confluencia para constituír unha plataforma política para concorrer ás eleccións municipais de maio dese ano en Rianxo[1]. Neste contexto vinculáronse á coalición de Son promovida a nivel galego por Anova e Esquerda Unida, pasando a estar adscritos ás coñecidas entón coma "mareas". O seu candidato á alcaldía foi o mestre Antón Castro, ata entón integrante do BNG local ó igual que o entón concelleiro nacionalista Constantino Castaño e outros exintegrantes da formación nacionalista, así como outros veciños que ata entón non habían estado involucrados en política. En ditos comicios lograron 695 votos (11,04%) e 2 concelleiros, sendo a cuarta forza política do concello por detrás do BNG (que mantivo a alcaldía), o PPdeG e o PSdeG. Desta forma o grupo situouse na oposición, absténdose na investidura, ao goberno nacionalista de Adolfo Muíños. Trala constitución de En Marea participaron activamente nesta coalición e pediron o apoio para esta nos comicios xerais e autonómicos tidos lugar en 2015 e 2016.

En 2019, trala retirada de Antón Castro, a formación pasou a estar liderada polo arqueólogo Julián Bustelo[2]. Neste contexto, trala desintegración de En Marea, a formación desligouse tanto desta coalición coma da nova plataforma Galicia en Común e quedou coma un partido independente de carácter local. Nos comicios municipais dese ano a formación ascendeu ata os 896 votos (14,07%) e mantivo os 2 concelleiros. Situouse de novo na oposición ao goberno do BNG, nesta ocasión en coalición co PSdeG.

Nas eleccións municipais de 2023, encabezada novamente por Julián Bustelo, ascendeu ata os 1810 votos (28,98%) e 5 concelleiros, sendo a formación política máis votada con tan só 20 votos de vantaxe sobre o PSdeG. Desta forma, Bustelo asumiu a alcaldía como forza política máis votada e pasou a gobernar en minoría[3].

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar