Calcetín

artigo de roupa para o pé

Un calcetín[1] ou peúgo[2] é unha cuberta para o , deseñada co fin de quentalo, absorber a suor, protexelo do lixo e rabuñaduras ou aliviar o frotamento co calzado.

Calcetines de diferentes cores.

Características

editar

Os calcetíns están deseñados para ser levados co calzado que cobre o pé enteiro, como calzado deportivo, botas ou zapatos de vestir. En ocasións, lévanse con sandalias e zapatillas de casa. Os calcetíns tamén se poden levar sos, xeralmente dentro de casa.

Normalmente, os calcetíns están feitos de algodón, la (cando é groso e de la denomínase carpín ou escarpín), ou nailon. Fabrícanse en cores varias, pero tipicamente son escuros para traxe formal e brancos para traxe deportivo ou ocasional.

A lonxitude dos calcetíns varía, desde cubrir soamente o pé, ata o nivel do xeonllo. Nos Estados Unidos, calcetíns curtos fixéronse populares para o uso con calzado deportivo, especialmente entre os adolescentes e os adultos novos.

Aínda que os calcetíns tipicamente se venden en pares, xeralmente os dous son idénticos, a diferenza dos zapatos. Uns calcetíns que non coinciden denotan alguén distraído ou que busca un toque de orixinalidade ou incorformismo. Con traxe formal ou semiformal, a cor do calcetín debe corresponder coa cor dos zapatos ou os pantalóns. Levar calcetíns brancos cun traxe escuro esta, habitualmente, mal visto, nas sociedades occidentalizadas.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calcetín.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para peúgo.