O pantalón (Gl-pantalóns.ogg pronunciación ) é unha peza de vestir utilizada na parte baixa do corpo e a cal cobre ambas pernas por separado (a diferenza das saias).

Un pantalón

Desde o 2002, no Metro de Nova York celébrase o 12 de xaneiro o Día sen Pantalóns [1]. O acto, sen outra intención que facer rir, foi irganizado por un grupo de actores. Co paso dos anos, a iniciativa foi estendéndose a outras cidades de todo o mundo.

Características

editar

Esta confección de tea de distintos materiais (algodón, vaqueiro, poliéster, pana etc.) ten 3 aberturas; unha dela axústase á cintura, e as outras dúas en cada unha das pernas. Os pantalóns poden ser longos, nese caso as bocas das pernas chegan á altura dos nocellos ou ata máis abaixo, ou pode ser curtos en distintas graduacións que van desde a canela (piratas) ata o xeonllo ou a ingua (mini-curtos). Cando o longo chega a media canela denomínanse pantalóns Capri.

Esta vestimenta é usada tanto por homes como por mulleres, e adoitan ter tamén accesorios tales como petos para gardar elementos persoais, cremalleira, para poder vestir máis facilmente aqueles de materiais menos flexibles, e pasacintos, para poder soster aqueles que sexan frouxos de cintura.

Historia

editar

O pantalón tal como se coñece actualmente apareceu en 1930. O seu nome deriva de Pantalone, un personaxe da Commedia dell’arte de Venecia. Nos seus inicios o pantalón estaba destinado ao uso exclusivo dos homes, máis tarde e especialmente durante épocas bélicas, as mulleres adoptaron esta peza como parte da súa indumentaria. Hoxe é unha peza común, sen dúbidas protagonista do gardarroupa.

Hai máis de catro mil anos os nómades de Centroeuropa levaban bombachos atados á cintura. Pouco antes da segunda guerra mundial o pantalón era utilizado só por homes, as primeiras mulleres que utilizaron esta peza eran moi mal vistas pola sociedade. Os movementos feministas reclamaron o dereito da muller a vestir pantalóns na súa loita pola igualdade co home, co paso do tempo a sociedade foise afacendo e na década dos 60 era normal ver mulleres utilizando pantalóns, agora é máis común velas levando pantalóns que saias.

Longos, curtos, a media perna, os pantalóns teñen infinidade de formas e están elaborados en diferentes texturas, unha das máis aproveitadas é o *dénim, peza que levaron desde as grandes estrelas de Hollywood ata o máis sinxelo dos terrícolas.

A aparición desta lendaria peza ocorreu grazas a un vendedor de 23 anos que se atopaba vendendo teas recias para a confección de carpas e toldos para as carretas nas zonas mineiras dos Estados Unidos. A moza vendedora determinou que aqueles traballadores necesitaban pantalóns suficientemente fortes para aguantar o rigor do seu extremo labor, así naceron os vaqueiros.

O nome provén da palabra Génova, de alí traían a tea, unha dura loneta marrón coa que se fabricaron os primeiros pantalóns. A loneta foi substituída por un tecido de sarga en algodón, hoxe coñecida como dénim. Para os anos sesenta e setenta a peza convértese nunha arma máis no proceso de igualdade.

Na década dos oitenta o jean sufriu un traspé pois ensaiábase con novas teas e os jeans foron eliminados de moitos armarios, logo saíron ao mercado numerosas formas de acabado como o nevado que lle deu un novo estilo a esta xa famosa peza. De aí en diante os pantalóns, especialmente os de jean renováronse constantemente, permanecendo como favoritos do armario.