Roupa

cada unha das prendas usadas para vestirse
(Redirección desde «Vestimenta»)

A roupa, vestimenta ou indumentaria é o conxunto de pezas xeralmente téxtiles fabricadas con diversos materiais e usadas para vestir as persoas, mobles e fogares.[1] O uso de roupa está restrinxido principalmente aos seres humanos e é unha característica de todas as sociedades humanas. A cantidade e o tipo de roupa usada depende do sexo, o tipo de corpo, os factores sociais e as consideracións xeográficas. Xurdiu para protexer o corpo do clima e os obxectos da sucidade, pero os seus usos fóronse multiplicando.[2] Os materiais son variados, desde peles ata algodón ou fibras sintéticas.[3] A moda dita o estilo predominante en cada época e o tipo de roupa indica a clase social e parte da forma de pensar da persoa que a pon. Hai roupa específica para unha actividade, como o equipamento deportivo, os uniformes profesionais ou os vestidos relixiosos, entre outros. Evita ensinar unha parte do corpo ou outra, especialmente o da muller, aínda que depende das normas de pudor da sociedade concreta. Algúns tipos de roupa poden ser específicas de xénero, aínda que iso non se aplica os travestís xa que estes adoitan usar roupa do xénero oposto.

Bebé con diversas pezas de roupa.

No seu sentido máis amplo, inclúe tamén as luvas para cubrir as mans, o calzado (zapatos, zapatillas e botas) para cubrir os pés e gorros, gorras e chapeus para cubrir a cabeza. Os obxectos coma bolsos e paraugas considéranse complementos ou accesorios máis ca pezas de vestir propiamente ditas.

A roupa no marco da indumentaria editar

 
Pezas de roupa de home e muller.

A roupa é un tipo de indumento, é dicir, é un subconxunto da indumentaria, palabra que designa xenericamente todo tipo de pezas de vestir (incluíndo, por exemplo, o calzado , os complementos e adornos etc.). Tamén se denomina indumentaria a disciplina que estuda os indumentos. Hai tres grandes tipos de indumentaria, e, consiguientemente, tres ramas especializadas de estudos indumentarios: a indumentaria civil (incluíndo a popular-tradicional ou folclórica); a indumentaria militar (estudada pola uniformoloxía); e a indumentaria eclesiástica.

Etimoloxía editar

A palabra roupa deriva etimoloxicamente da expresión xermánica antiga «raupjan» (roubar, saquear) que derivaría posteriormente o noso verbo roubar e tamén por asimilación en 'roupa', debido a que as pezas de vestir eran obxecto cobizado de pillaxe. A roupa, xa que logo, eran deses obxectos susceptibles de ser roubados, quedando posteriormente reducida ás pezas persoais de vestir. En italiano, tamén se atopa hoxe en día a palabra rouba cun significado moito máis amplo que a nosa galega roupa, xa que inclúe ademais outros obxectos, xeralmente bens consumibles e mobles.

Utilidades da roupa editar

Intemperie editar

 
Neno cun impermeable e botas de auga

A roupa serve para protexerse do clima frío ou cálido e cumpre unha función estética ou de adorno:

  • Frío: A roupa facilita a circulación do aire ao redor da pel e evita xa que logo o contacto do aire frío coa pel. Por outra banda, as fibras dos tecidos capturan aire e inmobilízano; este aire capturado ten unha mala condutividade térmica (este feito tamén se explota nas fiestras de dobre cristal).
  • Sol intenso: Os tecidos claros evitan a radiación ultravioleta e as queimaduras na pel, e xa que logo protexen da calor.
  • Precipitación (choiva, neve) etc: Algúns tecidos, chamados impermeables, impiden o contacto da auga coa pel. A auga de choiva ou similar (e por suposto a neve) ao ter unha temperatura máis baixa que a do corpo humano, quítanlle calor cando entran en contacto con el, o que provoca na persoa un enfriamento importante que, nos casos extremos ou prolongados (hipotermia) pode facer perigar a vida.

Pudor editar

 
tenda de roupa

A roupa protexe o pudor. O pudor é un sentimento inculcado de forma cultural de tal xeito que toma formas moi diferentes en cada sociedade. Habitualmente, o que é ou non aceptable adoita ser diferente para homes e mulleres. Nalgúns casos, requírese que a muller vaia tapada de xeito total, mentres que noutros a nudez total ou parcial é aceptada, polo menos nalgúns casos.

En numerosas sociedades, esta mal visto descubrir o corpo e, na maioría, os órganos sexuais deben ser escondidos. O vestido, escondendo o corpo, disimula igualmente as reaccións primarias e instintivas (como a pel de galiña, a erección no home) e, permitindo pois discorrer o diálogo, a reflexión, antes dos instintos. Doutra banda, a vista das zonas sexuais primarias e secundarias (órganos xenitales, nádegas, peito feminino) provoca a miúdo un desexo, unha atracción; enmascarar estes órganos permite ver no outro un individuo antes de ver un compañeiro sexual potencial e, polo que de novo, poder dar protagonismo ao diálogo antes do instinto.

É por este motivo polo que nos podemos preguntarse se o pudor precedeu o vestido - como fai pensar os taparrabos dos pobos que viven case espidos, por exemplo os estoxos do pene en Oceanía ou os taparrabos-, ou ben se o pudor resulta do enmascaramento do corpo, non permitindo a visión do que é impropio incluso cando o tempo o permitia descubrilo - ver por exemplo os decretos municipais prohibindo o torso espido fóra da praia, ou ben os testemuños de practicantes do nudismo (a emoción sería creada pola falta).

Noutras culturas hai ou existiron outras formas de pudor, como mostrar os pés femininos na cultura chinesa, a exposición da cara (homes tuaregs, mulleres árabes), que outros observen a inxestión de alimentos, a erección pública ou que observen os xenitais en tribos que viven basicamente en nudez, entre outros. Ata hai culturas que senten pudor para desprenderse dos aneis labiais. Tamén hai culturas que non senten ningún pudor pola exposición do corpo ou para mostrar actividades sexuais en público.

Xénero editar

Na maioría de culturas a roupa (e a indumentaria en xeral) diverxe segundo o xénero, masculino ou feminino, mediante estilos, cores e materiais.

Nas sociedades euròpides, particularmente, pezas de roupa como as saias e os vestidos considéranse privativamente femininas, mentres que as gravatas tenden a ser privativamente masculinas. Considérase socialmente aceptable que as mulleres usen roupa típicamente masculina, ata o punto de que hai bastantes pezas tradicionalmente masculinas que se converteron de uso unisex, por exemplo os pantalóns; en cambio, o inverso é infrecuente, ata o punto que indica travestismo, e non opción estilística. A miúdo a roupa de home é máis práctica (é dicir, é utilizable nunha ampla gama de situacións); en cambio, as mulleres dispoñen dunha gama máis ampla de estilos de roupa, os cales tenden a ser máis atractivos e rechamantes. Os homes poden ir co peito espido nunha variedade de lugares públicos maior que as mulleres.

Sedución editar

Certa roupa pode ter un papel mecánico sendo concibidos para modelar o corpo, sobre todo co obxectivo de corresponder a algúns cánons estéticos.

Así, na Antigüidade, as mulleres vendabanse os peitos cun tecido para responder aos criterios estéticos da época.

Esta función desvía o papel vinculado ao pudor. Por exemplo, certa roupa é concibida para guiar a mirada cara aos organos sexuais ou para deixalos transparentar e suxerilos.

Clases e significacións sociais editar

 
A roupa de Alim Khan é unha mensaxe social

A roupa é visible. Os vestidos son a miúdo utilizados para valorar o que os leva, son ás veces o signo da clase social, da función (uniforme de policía, de bombeiro, do exército ...).

Son a miúdo un factor de integración nun grupo (fenómenos de moda, sobre todo de marca entre os adolescentes).

  • Certos traxes profesionais que se denominan de alta visibilidade (cor amarelo ou laranxa fluorescente, ambos reflectantes) para que os condutores poidan ver mellor e, entón, evitar os accidentes.
  • Pola contra, outra roupa ten o papel de camuflaxe, de volver dificilmente visible á persoa na contorna; por exemplo, o uniforme de campaña da infantaría.

A forma e a cor da roupa son frecuentemente portadoras dun símbolo forte. Así en Europa, as mulleres levaron durante moito tempo exclusivamente saias, é dicir da roupa que deixa simbolicamente o «libre acceso» no seu sexo. En Europa, o negro é a cor do loito e, o branco é a cor da pureza, da virxindade, pois é a cor do matrimonio. Pola contra, en Asia, o branco é a cor do loito.

Na cultura musulmá, non hai diferenza entre a vestimenta litúrxica e a vestimenta da vida cotiá. No islam, a vida relixiosa e a vida profana están moito máis imbricadas a unha na outra, un pasa constantemente dunha á outra sen transición diferente das ablucións. En efecto, a función esencial do vestido da vida cotiá, é permitir e facilitar o cumprimento da oración.

Necesidade, viabilidade e/ou identificación editar

As persoas tamén usan roupas por necesidade. Os médicos e enfermeiros usan roupas como unha medida de protección leve contra os microorganismos, por exemplo. Persoas que traballan con materiais radioactivos usan roupas con proteccións especiais, que cobren todo o corpo, para protexer a persoa de perigosos raios electromagnéticos. Os soldados usan roupas que buscan protexer o usuario, a través da camuflaxe. Os nadadores usan pouca roupa, porque a roupa posúe pouca práctica dentro da auga.

A roupa usada en certos ambientes da sociedade son estandarizados, para facilitar a identificación dos seus usuarios e a súa ocupación. Por exemplo, os nenos en moitas escolas usan uniformes para a identificación da escola onde elas estudan. Persoas traballando como tripulantes dunha aeroliña usan uniformes fornecidos por tales compañías. Os xogadores dun equipo deportivo (por exemplo, un equipo de fútbol) usan un uniforme estándar que identifica os xogadores e os diferencian dos xogadores doutros equipos. Outros exemplos son os movementos e grupos sociais.

O tipo de roupa que se usa varía segundo o clima da rexión, especialmente con respecto á temperatura. As temperaturas moi baixas requiren roupas pesadas que axudan a illar ou reter a calor dunha persoa, mentres que en rexións quentes son amplamente usadas roupas finas como camisas, tops e bermudas. Outras actividades que elevan a temperatura do corpo humano, como os deportes, requiren roupas lixeiras por cuestións prácticas xa que axudan a suor a evaporarse. A roupa protexe igualmente, de xeito global, contra as suciedades, e participa na hixiene contribuíndo á limpeza do corpo (evacuación da transpiración).

Status social editar

Desde os inicios da historia as persoas usaron a roupa para indicar o seu status social, riqueza e relacións. AS persoas de clase alta constantemente usaban, e seguen a empregar, roupas elaboradas e complexas, así como outros complementos como xoias, para indicar riqueza. Persoas casadas, moitas veces, usan aneis de matrimonio como símbolos de fidelidade. Moitas mulleres musulmáns fan uso do hijab, indica status de mulleres respectables.

Materiais de confección de roupa editar

Hai moitos materiais cos cales se poden confeccionar pezas de roupa. Distínguese entre eses materiais os de orixe natural e os materiais sintéticos. Entre os naturais distínguense os de orixe animal, como a seda, a la ou o coiro, e os de orixe vexetal, como o algodón e o liño. Entre os de materiais sintéticos destacan o poliéster é o alastano.

Orixes e historia editar

 
Vestidos de distintas épocas.
 
Tear primitivo feito con canas.

A historia da roupa está vinculada á historia do vestido ao principio, despois a historia da moda. Ao principio concibida para protexer, a roupa pasa dun papel de habitáculo (simples peles de animais) a un papel de ferramenta cando evoluciona, a fin de facilitar os movementos despois a un papel de adorno cando se adorna de adornos.

Desde o principio dos tempos ata os nosos días, a vestimenta sufriu numerosas transformacións que na maioría dos casos foron debidas ao descubrimento de novos tecidos e materiais e, indudablemente, ás tendencias que ditan os deseñadores.

Primeiro uso rexistrado editar

De acordo cos arqueólogos e antropólogos, os signos de vestimenta máis antigos probablemente consistiron en peles, coiros, follas ou pasto, envoltos ou atados ao redor do corpo como protección dos elementos da natureza. Nalgunhas culturas humanas, tales como os diversos pobos do Círculo polar ártico, tradicionalmente facían a súa roupa enteiramente de peles e coiros preparados e decorados. O coñecemento sobre estas roupas é unha dedución, xa que os materiais mencionados deterióranse rapidamente comparados con pedras, ósos, caparazóns e artefactos metálicos. Os científicos nunca se puxeron de acordo sobre o momento en que os humanos empezaron a vestirse e as estimacións suxeridas por diversos expertos variaron enormemente, desde fai 40.000 ata fai nada menos que 3 millóns de anos.

Estudos recentes de Ralf Kittler, Manfred Kayser e Mark Stoneking -antropólogos do Instituto Max Planck de Antropoloxía Evolutiva- tentaron limitar a data máis recente da introdución da roupa cun método indirecto baseado en piollos. A xustificación deste método de datación baséase no feito de que o piollo do corpo humano non pode vivir fóra da roupa, morrendo tras só unhas horas sen acubillo. Isto implica firmemente a data de especiación do piollo do corpo a partir do seu proxenitor, Pediculus humanus, non pode ter lugar antes da primeira adopción humana da roupa. Esta data, na que o piollo do corpo (P. humanus corporis) separouse tanto da súa especie parental como da súa subespecie irmá, o piollo da cabeza (P. humanus capitis), pode determinarse polo número de mutacións que cada unha desenvolveu durante o tempo transcorrido. Estas mutacións prodúcense a un ritmo coñecido, polo que a data do último antepasado común de dúas especies pode estimarse a partir da súa frecuencia. Estes estudos lanzaron datas de fai entre 40.000 e 170.000 anos, cunha maior probabilidade de especiación fai uns 107.000 anos.[4]

Kittler, Kayser e Stoneking suxiren que a invención da roupa puido coincidir coa migración cara ao norte do Homo sapiens moderno, lonxe do clima cálido de África, que se cre que comezou fai entre 100.000 e 50.000 anos. Un segundo grupo de investigadores, baseándose tamén no reloxo xenético, estima que a indumentaria se orixinou fai entre 30.000 e 114.000 anos.[5]

A datación con probas arqueolóxicas directas produce datas coherentes coas insinuadas polos piollos. En setembro de 2021, os científicos informaron da existencia de probas da confección de roupa hai 120.000 anos baseadas en achados en xacementos de Marrocos.[6][7] Con todo, a pesar destas indicacións, non existe unha estimación única que goce de aceptación xeral.[8][9][10][11]

Segundo os antropólogos e arqueólogos, as primeiras pezas de vestir consistían probablemente en peles, coiro, follas ou herba que se cubrían, envolvían ou ataban ao redor do corpo. O coñecemento deste tipo de vestimenta segue sendo inferencial, xa que os materiais da roupa deterióranse rapidamente en comparación cos artefactos de pedra, óso, cuncha e metal. Os arqueólogos identificaron agullas de costura moi precoces de óso e marfil de aproximadamente 30 000 a. C, atopados preto Kostenki, en Rusia, en 1988.[12] e en 2016 unha agulla de polo menos 50.000 anos de antigüidade da cova Denisova en Siberia[13] feitas por denisovanos. Nunha cova prehistórica de República de Xeorxia atopáronse fibras de liño tinguidas que poderían utilizarse na confección de pezas de vestir e que datan do 34.000 a.C..[14][15]

Elaboración de roupa editar

Véxase tamén: Tecemento.
 
Dama hindú con sari, unha das pezas de vestir máis antigas e populares do subcontinente indio, pintura de Raja Ravi Varma

Varias culturas humanas distintas, incluídas as que residen no Círculo Polar Ártico, confeccionaron historicamente as súas pezas exclusivamente con peles de animais tratadas e adornadas. En cambio, outras moitas sociedades complementaron ou substituíron o coiro e as peles por tecidos, tricotados ou retortos a partir dunha gran variedade de fibras animais e vexetais, como a la, o liño, o algodón, a seda, o cáñamo e o ramio.

Aínda que os consumidores modernos dean por sentada a produción de pezas de vestir, a fabricación de tecidos a man é un proceso tedioso e laborioso que implica a fabricación de fibras, o fiado e o tecido. A industria téxtil foi a primeira en mecanizarse - co tear mecánico - durante a revolución Industrial.

As distintas culturas desenvolveron diversas formas de confeccionar pezas de tea. Unha delas consiste en drapear a tea. Moitas persoas usaban, e aínda usan, pezas que consisten en rectángulos de tea envolvidos a medida, por exemplo, o dhoti para os homes e o sari para as mulleres no subcontinente indio, o kilt escocés e o sarong xavanés. A roupa pode ir atada (dhoti e sari) ou levar alfinetes ou cintos para suxeitala (kilt e sarong). A tea permanece sen cortar, e persoas de diversas talles poden levar a peza.

Outro método consiste en medir, cortar e coser a tea a man ou cunha máquina de coser. A roupa pode cortarse a partir dun patrón de costura e ser axustada por un xastre ás medidas do usuario. Utilízase un manequín de costura axustable ou un molde de vestido para crear pezas axustadas. Se a tea é cara, o xastre tenta utilizar cada anaco do rectángulo de tea na construción da peza; talvez cortando pezas triangulares dunha esquina da tea e engadíndoas noutro lugar como retallos. Os patróns europeos tradicionais para camisas e camisolas adoptan este enfoque. Estes retallos tamén poden reutilizarse para confeccionar petos, chapeus, chalecos e saias.

A moda europea moderna trata a tea de forma moito menos conservadora, e adoita cortala de maneira que queden restos de tea con formas estrañas. Os costureiros industriais véndenos como retallos; os costureiros domésticos poden convertelos en colchas.

Nos miles de anos que o ser humano leva confeccionando roupa, creou unha asombrosa variedade de estilos, moitos dos cales se reconstruíron a partir de pezas sobreviventes, fotografías, pinturas, mosaicos etc., así como de descricións escritas. A historia do vestiario pode inspirar aos deseñadores de moda actuais, así como aos figurinistas de obras de teatro, películas, televisión e recreacións históricas.

O seguinte paso foi o descubrimento dos colorantes, que se obtiñán por un proceso de maceración en auga da cortiza de certas árbores que conteñen taninos, sobre todo do carballo e o salgueiro. Fibras de liño tinguidas que poderían ser utilizadas en pezas de vestir atopáronse nunha cova prehistórica na República de Xeorxia que se remontan a 36 000 a. C.[16][17] O primeiro tear data do neolítico, 7nbsp;000 a. C.[18]

A roupa como elemento de confort editar

 
Unha moza con camiseta e pantalóns curtos no caloroso verán de Åland

O confort está relacionado con diversas percepcións e necesidades fisiolóxicas, sociais e psicolóxicas, e despois da comida, é a roupa a que satisfai estas necesidades de confort. A roupa proporciona confort estético, táctil, térmico, de humidade e de presión.[19]

Comodidade estética
Na percepción visual inflúen o cor, a construción do tecido, o estilo, o axuste da peza, a compatibilidade coa moda e o acabado do material da roupa. O confort estético é necesario para o confort psicolóxico e social.[20][21][22]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para roupa.
  2. "Definición de ropa" (en castelán). Consultado o 17 de xuño 2020. 
  3. "Ropa" (en castelán). Consultado o 17 de xuño 2020. 
  4. Priest, Tyler (2018-01-26). "How shall we save the planet?
    The Wizard and the Prophet Charles C. Mann Alfred A. Knopf, 2018. 629 pp."
    . Science 359 (6374). p. 399. ISSN 0036-8075. doi:10.1126/science.aar2447.
     
  5. Reed; et al. (2004). "Genetic Analysis of Lice Supports Direct Contact between Modern and Archaic Humans". PLOS Biology 2 (11). p. e340. PMC 521174. PMID 15502871. doi:10.1371/journal.pbio.0020340. 
  6. Hallett, Emily Y.; et al. (16 de setembro de 2021). "A worked bone assemblage from 120,000–90,000 year old deposits at Contrebandiers Cave, Atlantic Coast,Morocco". iScience 24 (9). p. 102988. Bibcode:2021iSci...24j2988H. PMC 8478944. PMID 34622180. doi:10.1016/j.isci.2021.102988. 
  7. Davis, Nicola (16 de setembro de 2021). "Scientists find evidence of humans making clothes 120,000 years ago – Tools and bones in Moroccan cave could be some of earliest evidence of the hallmark human behaviour". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 28 December 2021. Consultado o 29 de outubro do 2023. 
  8. Ralf Kittler, Manfred Kayser & Mark Stoneking (2003). "Molecular evolution of Pediculus humanus and the origin of clothing". Current Biology 13 (16). pp. 1414–1417. PMID 12932325. doi:10.1016/S0960-9822(03)00507-4. 
  9. Kittler, Ralf; Kayser, Manfred; Stoneking, Mark (2004). "Molecular Evolution of Pediculus humanus and the Origin of Clothing". Current Biology 14 (24). pp. 1414–7. PMID 12932325. doi:10.1016/j.cub.2004.12.024. 
  10. Toups, Melissa A.; et al. (xaneiro de 2011). "Origin of Clothing Lice Indicates Early Clothing Use by Anatomically Modern Humans in Africa". Molecular Biology and Evolution 28 (1). pp. 29–32. PMC 3002236. PMID 20823373. doi:10.1093/molbev/msq234. 
  11. Reed, David; et al. (2007). "Pair of lice lost or parasites regained: The evolutionary history of Anthropoid primate lice". BMC Biology 5 (7). p. 7. PMC 1828715. PMID 17343749. doi:10.1186/1741-7007-5-7. 
  12. Hoffecker, J., Scott, J., Excavations In Eastern Europe Reveal Ancient Human Lifestyles, Arquivo de noticias da Universidade de Colorado en Boulder, 21 de marzo de 2002, colorado.edu Arquivado 2011-07-19 en Wayback Machine.
  13. "World's oldest needle found in Siberian cave that stitches together human history". Arquivado dende o orixinal o 2023-03-11. Consultado o 29 de outubro do 2023. 
  14. Balter M (2009). "Clothes Make the (Hu) Man". Science 325 (5946). p. 1329. doi:10.1126/science.325_1329a. 
  15. Kvavadze E, Bar-Yosef O, Belfer-Cohen A, Boaretto E, Jakeli N, Matskevich Z, Meshveliani T (2009). "30,000-Year-Old Wild Flax Fibers". Science 325 (5946). p. 1359. Bibcode:2009Sci...325.1359K. doi:10.1126/science.1175404. Arquivado dende o orixinal o 2020-03-04. Consultado o 29 de outubro do 2023.  Supporting Online Material
  16. Balter M. (2009). Clothes Make the (Hu) Man. Science,325(5946):1329.doi 10.1126/science.325_1329a PMID 19745126
  17. Kvavadze E, Bar-Yosef O, Belfer-Cohen A, Boaretto E,Jakeli N, Matskevich Z, Meshveliani T. (2009).30,000-Year-Old Wild Flax Fibers. Science, 325(5946):1359. doi 10.1126/science.1175404 PMID 19745144 Supporting Online Material
  18. "Grandes inventos: Prehistoria" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2018. Consultado o 24 de decembro do 2015. 
  19. Song, Guowen (2011). Improving Comfort in Clothing. Oxford Philadelphia, Pennsylvania: Woodhead Publishing. p. 22. ISBN 978-0-85709-064-5. Arquivado dende o orixinal o 2023-03-26. Consultado o 3 de novembro do 2023. 
  20. Song, Guowen (2011). Improving Comfort in Clothing. Woodhead Publishing. p. 440. ISBN 978-0-85709-064-5. Arquivado dende o orixinal o 2023-03-26. Consultado o 3 de novembro do 2023. 
  21. "Aesthetic Comfort – an overview". ScienceDirect Topics. Arquivado dende o orixinal o 2021-06-02. Consultado o 3 de novembro do 2023. 
  22. Lyle, Dorothy Siegert (1982). Modern textiles. Internet Archive. New York: John Wiley & Sons. p. 29. ISBN 978-0-471-07805-0. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar