Sari
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Sari (en mazandaraní e persa, ساری — transliterado Sâri) é a capital da provincia de Mazandarán, situada no norte de Irán, entre as ladeiras setentrionais dos montes Elburz e a costa meridional do mar Caspio. A súa poboación está calculada en 261.293 habitantes en 2006, sendo a maior cidade da provincia. Sarí é un dos principais lugares de lecer e deportes de Irán.
Sari | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
سارى | |||||||
| |||||||
Varias imaxes da cidade. | |||||||
Localización | |||||||
País | ![]() | ||||||
Provincia | Mazandaran | ||||||
Xeografía | |||||||
Altitude | 15 – 150 msnm | ||||||
Superficie | 50,89 km² | ||||||
Demografía | |||||||
Poboación | 347.402 hab. (2016)[1] | ||||||
Densidade | 6.826,5 hab./km² | ||||||
Outros datos | |||||||
Código postal | 48xxx-xxxxx | ||||||
Alcalde | Abbas Rajabi | ||||||
www.sari.ir |
A cidade foi fundada durante o período dos sasánidas. O seu nome procede de Sarouyeh, fillo de Farján, o Grande, rei de Tabaristán. O 21 de marzo de 1782, Aga Muhammad Kan proclamou Sarí como a súa capital imperial
Localización editar
Sarí limita ao norte co mar de Mazandarán; ao nordeste con Neka, ao suroeste con Qa'emshahr (anteriormente coñecida como Shahi), ao noroeste con Juybar, e con Kiyasar, Shahmirzad e Semnán ao sur.
Economía editar
A economía de Sarí está baseada na produción alimenticia, con produtos como arroz, iogur, doogh (unha bebida de iogur), carne en conserva, aceite de sementes, e a exportación de froitas, especialmente laranxas e limóns.
Algunhas industrias de Sarí, como o algodón e a industria do papel e empresas de electrónica, son famosas en Oriente Medio.
Os prezos dos inmobles varían moito, o que permite a accesibilidade á vivenda, dependendo das zonas. Os prezos do metro cadrado nas vivendas poden chegar a ser 50 veces maior no centro que nos suburbios.
Os visitantes que acoden á cidade visitan a Torre do Reloxo, na Praza do Reloxo (Meydan-e-Sa'at) situada no centro de Sarí, que se converteu no seu máis famosa referencia. Sarí contén tamén as tumbas dos líderes musulmáns Yahya e Zayn Al-Abedin, Emamzade-ye Abbas e Shazdeh Hussein do século XV.
Notas editar
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sari |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |