Raja Ravi Varma

pintor indio

Raja Ravi Varma (en malayalam രാജാ രവി വര്മ്മ), nado en Kilimanoor o 29 de abril de 1848 e finado en Attingal o 2 de outubro de 1906 foi un pintor indio do estado principesco de Thiruvithamkur, na actual Kerala, no extremo suroeste da India.[1] Está considerado un dos máis grandes pintores da historia da arte india.

Raja Ravi Varma
Ravivarma1b.jpg
Nacemento29 de abril de 1848
 Kilimanoor
Falecemento2 de outubro de 1906
 Attingal
NacionalidadeTravancore
EtniaPobo malaiali
Ocupaciónpintor e artista
IrmánsC. Raja Raja Varma
Coñecido porShakuntala
Raja Ravi Varma signature.png
editar datos en Wikidata ]

Alcanzou o recoñecemento pola súa representación de escenas das míticas epopeas do Mahabharata e o Rāmāyaṇa, dous textos épico-relixiosos do século III a. C.

Os seus cadros están considerados entre os mellores exemplos da fusión das tradicións indíxenas coa técnicas da arte académica europeo.

Durante a súa vida, Varma foi recoñecido polas súas pinturas de fermosas mulleres vestidas con sari, que eran presentadas como proporcionadas e elegantes. As pinturas de Varma convertéronse nun motivo importante no kitsch e as súas reproducións atópanse en case todos os fogares de clase media da India.[2]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Raja Ravi Varma naceu co nome de Ravi Varma Koil Thampuran do palacio Kilimanoor, no antigo estado principesco de Thiruvithankur (Travancore) en Kerala. A súa nai, Uma-Iamba Thampuratti (falecida en 1886) foi unha poeta e escritora cuxa obra Párvati suaiam-varam ("O casamento de [a deusa] Uma") foi publicada polo seu fillo Raja Ravi Varma despois da súa morte. Os seus irmáns foron C. Goda Varma (nado en 1854), C. Raja Raja Varma (1860-1933) e Mangala Bayi Thampuratti, que tamén era pintora.

A temperá idade conseguiu o patrocinio económico do seu parente maharaja Ayilyam Thirunal (de Travancore), e a partir de entón iniciouse na capacitación formal.[3] Formouse en acuarela con Suami Rama Naidu e máis tarde en pintura ao óleo co retratista neerlandés Theodor Jenson.

Carreira de arteEditar

 
Galaxia de músicas, óleo.

O seu descubrimento en Occidente chegou cando gañou o primeiro premio da Exposición de Arte de Viena, en 1873. As pinturas de Raja Ravi Varma tamén foron enviadas á Exposición Colombiana Mundial, celebrada en Chicago en 1893, onde foi galardoado con dúas medallas de ouro.[4]

Varma viaxou pola India en busca de modelos e temas. A miúdo o seu modelo para as deusas hindús eran mulleres do sur da India, a quen consideraba as máis fermosas. Ravi Varma é particularmente recoñecido polas súas pinturas que representan episodios das lendas de Dushyanta e Shakuntala, e de Nala e Damayanti, do texto épico relixioso Mahabharata.

A representación que fixo Ravi Varma das personaxes mitolóxicas converteuse nunha parte integral da imaxinación hindú. A miúdo foi criticado por un estilo demasiado vistoso e sentimental, mais o seu traballo segue a ser moi popular na India. Moitas das súas pinturas están dispoñibles no palacio Laksmi Vilas, en Vadodara.

Raja Ravi Varma morreu en 1906 á idade de 58 anos.

Vida persoalEditar

 
A cabana que Varma utilizou como estudio durante a súa estadía no palacio Laksmi Vilas.
 
Aquí vén papá (1893). A muller retratada é Mahaprabha Thampuratti de Mavelikara, filla do artista e nai de Sethu Lakshmi Bayi.

Raja Ravi Varma estivo casado con Pururuttathi Nal Bhagirathi Amma Thampuran (Kochu Pangi), da casa real de Mavelikara, con quen tivo dous fillos e tres fillas:

  • O seu fillo máis vello, Kerala Varma, nado en 1876, desapareceu en 1912 e nunca máis se soubo del.
  • O seu segundo fillo foi Rama Varma (nado en 1879), un artista que estudou na Escola de Artes JJ, Mumbai, casado con Srimathi Gowri Kunjamma, irmá de Dewan PGN Unnithan.
  • A filla máis vella de Raja Ravi Varma Ayilyam Nal Mahaprabha Thampuran, apareceu en dous dos seus cadros prominentes e foi a nai de Maharani Pooradam Thirunal Sethu Laksmi Bayi de Travancore.
  • Tivo unha segunda filla, Thiruvadira Nal Kochukunji Thampuran, avoa de Chithira Thirunal Balarama Varma Maharás.
  • A súa terceira filla, nacida en 1882, foi Ayilyam Nal Cheria Kochamma Thampuran.

Os seus descendentes forman parte da casa real de Mavelikara, mentres dúas das súas netas, incluída a mencionada Sethu Laksmi Bayi, foron adoptadas pola familia real de Travancore, primo da familia da casa Mavelikara. Ben coñecidos entre os seus descendentes son, entre outros:

  • o escritor ShriKumar Varma (príncipe Punardam Thirunal),
  • a artista Rukmini Varma (princesa Bharani Thirunal),
  • o artista Jay Varma,
  • o músico clásico Aswathi Thirunal Rama Varma.

PremiosEditar

En 1904, o vicerrei George Curzon (1859-1925), en nome do emperador británico, outorgoulle baixo a medalla de ouro Kaiser-i-Hind. Nese momento o seu nome foi mencionado por primeira vez como "Raja Ravi Varma", sendo nomeado de acordo coa tradición marumakkathayam, co nome do seu tío materno (Raja Raja Varma). A partir de entón sempre se fixo chamar Raja Ravi Varma.

En 1993, o crítico de arte Rupika Chawla e o artista A. Ramachandran realizaron conxuntamente unha grande exposición das obras de Raja Ravi Varma no Museo Nacional de Nova Deli.

Premio Raja Ravi VarmaEditar

 
Murugan

Tendo en conta a enorme contribución de Varma á arte da India, o Goberno de Kerala instituíu un premio chamado Rajaravivarma Puraskaram, que se outorga cada ano a persoas que demostran excelencia no campo da arte e a cultura.

O renovado interese por Raia Ravi Varma pódese apreciar no ámbito da cultura popular, en filmes e vídeos musicais, onde comezaron a usar as súas imaxes.

En Mavelikara (estado de Kerala) creouse unha universidade dedicada ás artes plásticas que tamén leva o seu nome. A escola secundaria Raia Ravi Varma en Kilimanoor foi nomeada na súa honra e hai moitas organizacións culturais en todo o estado de Kerala co seu nome.

O seu palacio atópase a seis quilómetros de Ponganadu, a 7 km de Pazhayachanda e 36 km de Trivandrum (capital de Kerala).

Na cultura popularEditar

 
A dama de Maharastra.

En 2008, o cineasta Ketan Mehta dirixiu o filme Rang rasiya sobre a vida de Raja Ravi Varma na que o actor Randip Hooda interpretou o papel do artista.

En 2010, o cineasta indio Lenin Rajendran realizou un filme malayalam chamado Makara-manju ("A néboa de Capricornio"), que narra unha parte da vida de Raja Ravi Varma. Sivan Santhosh desempeñou o papel principal.

A pesar de non ser moi coñecido no resto do mundo, os indios lémbrano como o seu gran pintor.

NotasEditar

  1. Om Prakash Joshi: Sociology of indian art (pág. 40). Rawat Publications, 1985.
  2. Partha Mitter: Art and nationalism in colonial India, 1850-1922: occidental orientations, capítulo 5: «Raja Ravi Varma: the artist as charismatic individual» (páxs. 179–215). Nova York: Cambridge University Press, 1994. ISBN 978-0-521-44354-8. Consultado o 12 de decembro de 2011.
  3. Erwin Neumayer e Christine Schelberger (editores): The diary of C. Rajaraja Varma (biografía do irmán máis novo do pintor). Londres: [Oxford University Press].
  4. Kilimanoor Chandran: Ravi Varmayum chitrakalayum (en malayalam). Kerala: Department of Culture, 1998.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Raja Ravi Varma: Painter of Colonial Indian, Rupika Chawla, Pub: Mapin Publishing, Ahmedabad, marzo de 2010.
  • Raja Ravi Varma – Oleographs Catalogue, D.Jegat Ishwari, Pub: ShriParasuraman, Chennai, 2010, ISBN 9788191002614
  • The Painter: A life of Ravi Varma, Deepanjana Pal Random House India, 2011 ISBN 9788184002614
  • Raja Ravi Varma – The Most Celebrated Painter of India: 1848–1906, Parsram Mangharam, Bangalore, 2007
  • Raja Ravi Varma – The Painter Prince: 1848–1906, Parsram Mangharam, Bangalore, 2003
  • Raja Ravi Varma and the Printed Gods of India, Erwin Neumayer & Christine Schelberger, Nova Deli, Oxford University Press, 2003
  • Raja Ravi Varma: The Most Celebrated Painter of India : 1848 – 1906, Classic Collection, Vol I & II. Bangalore, Parsram Mangharam, 2005
  • Raja Ravi Varma: Portrait of an Artist, The Diary of C. Raja Raja Varma, edited by Erwin Neumayer and Christine Schelberger. Nova Deli, Oxford University Press, 2005
  • Photos of the Gods: The Printed Image and Political Struggle in India, Christopher Pinney. Londres, Reaktion Book, 2004
  • Raja Ravi Varma:Raja Ravi Varma, E.M Joseph Venniyur, former director of AIR
  • Raja Ravi Varma: A Novel, Ranjit Desai, Pub: Harper Perennial (2013), ISBN 9789350296615

Ligazóns externasEditar