Frío
O termo frío, como adxectivo, refírese ao que está falto de calor, que ten unha temperatura máis baixa do que é normal e, como substantivo, ao estado da atmosfera caracterizado polas baixas temperaturas.[1]
O frío, propiamente, é unha temperatura baixa (ou a ausencia dunha temperatura elevada), tratándose polo tanto dunha consecuencia da calor, e non dun fenómeno independente.
Etimoloxía
editarSensación de frío
editarO frío non é só un fenómeno que fai referencia á temperatura baixa, senón tamén unha cuestión relacionada coa percepción dun individuo, e por iso subxectiva. Para o ser humano, a percepción da temperatura baséase principalmente na facilidade que ten un determinado obxecto para subtraer calor do individuo, é dicir, que para dous obxectos a unha mesma temperatura, unha persoa percibirá máis frío aquel obxecto que teña máis facilidade para extraerlle enerxía en forma de calor.
As rexións da Terra con menores temperaturas son os polos, debido a que nesas áreas chegan menos raios solares. A temperatura máis baixa que se rexistrou na Terra foi de -93 °C na base xaponesa de Domo Fuji, situada a 3 786 msnm, que é a base situada a maior altura na Antártida.[3]
As temperaturas en planetas máis afastados do Sol que a Terra son moito menores. En Neptuno, por exemplo, pódense chegar a alcanzar temperaturas de 55º K, uns -218 °C.[4]
A nebulosa Boomerang, na constelación de Centaurus, é o sitio máis frío que se coñece no Universo, cunha temperatura estimada de 1 K, que equivale aproximadamente a -272 °C.[5]
Sensación de frío no ser humano
editarA sensación de frío varía en cada persoa segundo o costume que teña de estar a baixas temperaturas, a rexión onde viva, a estación e, tamén ás veces, do pechado que sexa o ambiente onde estea (por exemplo, o estar nun cuarto pequeno co aire acondicionado a 18 °C nun ambiente caloroso dá sensación de frío).
Xeralmente considérase frío no ambiente (na maioría dos países de clima temperado) a temperaturas menores de 10 °C, e fresco ao redor dos 15 °C. A sensación de frío increméntase se hai vento. Se hai bastante humidade respecto á temperatura, pódese ver o vapor de auga cando exhalamos o aire na respiración.
Arrefriamento
editar- Artigo principal: Refrixeración.
A refrixeración é o proceso polo que se logra un descenso da temperatura. Para iso elimínase calor dun sistema, ou expoñendo un sistema a un contorno cunha temperatura menor.
Os fluídos que se utilizan para refrixerar outros corpos denomínanse refrixerantes.
A conxelación e a crioxenia son procesos relacionados, co obxectivo de alcanzar temperaturas máis baixas.
A aplicación máis importante e cotiá do frío é a conservación de alimentos a baixas temperaturas grazas ás condicións de latencia nas que entran os microorganismos culpábeis da destrución dos alimentos.[2]
Notas
editar- ↑ frío no Dicionario da RAG.
- ↑ 2,0 2,1 Definición de frío.
- ↑ "Coldest Temperature On Earth". Archived from the original on 10 de setembro de 2007. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ Temperature of Neptune.
- ↑ "Boomerang Nebula boasts the coolest spot in the Universe". NASA's Jet Propulsion Laboratory. 20 de xuño de 1997. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2009. Consultado o 19 de novembro de 2021..
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Frío |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Frío |