Reflexión (física)

En física o fenómeno da reflexión consiste na mudanza da dirección de propagación da enerxía . Consiste no retorno da enerxía incidente en dirección á rexión de onde procede, despois de entrar en contacto cunha superficie reflectora.

Diagrama simple ilustrando o fenómeno da reflexión.

A enerxía pode tanto estar manifestada na forma de ondas como transmitida a través de partículas. Por iso, a reflexión é un fenómeno que se pode dar por un carácter electromagnético, óptico ou sonoro.

A reflexión difire da refracción porque nesta segunda hai desvío da enerxía para un medio distinto do medio de onde se orixinou.

Leis da reflexión

editar

A reflexión pode explicarse totalmente con base a dúas leis, de cuño xeral.

Para enuncialas, é preciso antes definir algúns conceptos.

  • A normal é a semi-recta que se orixina a partir da superficie reflectora, situándose perpendicularmente a esta
  • Ángulo de incidencia é o ángulo que a dirección de movemento da enerxía fai coa normal
  • Ángulo de reflexión é o ángulo que a dirección que a enerxía que é reflectida fai coa normal

Así, as dúas leis da reflexión poden ser expresas da seguinte maneira:

  1. A dirección da enerxía incidente, a normal e a dirección da enerxía emerxente pertencen a un único plano.
  2. O ángulo de incidencia ten valor igual ao valor do ángulo de reflexión.

Explicación teórica

editar

Sendo un fenómeno que atopa exemplos tanto en física ondulatoria como na física de corpos materiais, é natural desconfiar que teña unha explicación común aos dous tipos de comportamento.

Historicamente, o primeiro en formular unha explicación para a reflexión (especificamente, a da luz) foi Herón de Alexandría. Utilizándo o principio aristotélico que di que a natureza nada fai de modo máis difícil, argumentou que a luz percorre o menor camiño entre dous puntos calquera. Ora, se se obrigase á luz a desviarse durante o percorrido, aínda así percorre o menor camiño entre a fonte e o branco. A ese principio de óptica xeométrica damos o nome de principio de Heron.

Moito máis tarde Fermat enunciou outro principio semellante. Porén asinalaba que o tempo era mínimo e non a distancia percorrida. Ese principio coñécese como principio de Fermat.

Aínda máis tarde, Maupertuis formulou pola primeira vez o principio da menor acción, onde entón xorde a noción de acción. Entre tanto, dentro do punto de vista do cálculo das variacións, mellor sería chamar ese principio de principio da acción estacionaria, xa que na verdade a condición é de se achar un extremante para a funcional acción.

Máis tarde, sir Hamilton enunciou a forma moderna do principio variacional.

Utilización

editar

A reflexión luminosa é a base da construción e utilización dos espellos.

Os espellos, tanto planos canto os esféricos, son a base dos telescopios reflectores, que sofren de menos restricións que os telescopios refratores.


 
 Este artigo sobre física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.