Rowan Hamilton

(Redirixido desde "William Rowan Hamilton")

William Rowan Hamilton, nado o 4 de agosto de 1805 e finado o 2 de setembro de 1865, foi un matemático, físico, e astrónomo irlandés que fixo importantes contribucións ao desenvolvemento da óptica, a dinámica, e mais a álxebra.

Rowan Hamilton
William Rowan Hamilton painting.jpg
Nacemento4 de agosto de 1805
 Dublín
Falecemento2 de setembro de 1865
 Dublín
SoterradoMount Jerome Cemetery
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
EtniaPobo irlandés
RelixiónIgrexa Anglicana
Alma máterTrinity College Dublín, Westminster School e Universidade de Dublin
Ocupaciónmatemático, físico, astrónomo, académico, profesor universitario e físico teórico
PaiArchibald Rowan-Hamilton
CónxuxeHelen Maria Bayly
FillosWilliam Edwin Hamilton
PremiosMedalla Real, AAAS Fellow, Cunningham Medal e AAAS Fellow
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

O seu achado do cuaternión é se cadra a súa pescuda máis coñecida. O traballo de Hamilton en dinámica foi despois decisivo no desenvolvemento da mecánica cuántica, onde un concepto fundamental chamado hamiltoniano leva o seu nome. Hamilton demostrou o seu inmenso talento a unha idade moi temperá, o que levou a John Brinkley, astrónomo e bispo de Cloyne, en 1823, a dicir del con só 18 anos:

Este mozo, non digo que será, senón que é, o primeiro matemático do seu tempo.

Ao final da súa vida Hamilton tivo graves problemas de alcoholismo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.