Abrir o menú principal

Pediculus humanus

especie de insecto

Pediculus humanus é unha especie de insecto da orde Phthiraptera (ou Psocodea), piollos, que parasita ao ser humano e comprende os piollos humanos da cabeza e do corpo (pero non o púbico ou piollo pato). A súa infestación chámase pediculose. Ao contrario da pulga, esta especie non presentou ningunha recesión, polo que a súa distribución segue sendo mundial.[1] Recoñécense dúas subespecies:[2]

CaracterísticasEditar

 
Lendia de piollo adherida a un cabelo.

Esta especie só é propia do home, como o seu nome científico indica (Pediculus humanus). Miden aproximadamente de 2 a 10 milímetros e son doadamente visibles a simple vista. Ten un corpo traslúcido cunha leve tonalidade de cor amarela ou marrón variable. Ademais pode distinguirse o sangue que leva dentro do corpo, que é sangue humano do que se alimentou. A variedade do corpo (subespecie humanus ou corporis) é considerada transmisora do tifo exantemático (causada por Rickettsia), febre das trincheiras (causadas por Bartonella) e febres recorrentes (causadas por Borrelia).[1]

 
O piollo humano (Pediculus humanus) é un ectoparasito.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Valledor de Lozoya, A. (1994). Envenenamientos por animales: animales venenosos y urticantes del mundo (en español). Madrid, España: Ediciones Díaz de Santos. p. 340. ISBN 84-7978-169-6. 
  2. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Pediculus humanus (TSN 186074)" (en inglés). 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

BibliografíaEditar

  • Savill, R.A. 1990: Early records of the human head louse Pediculus humanus capitis (Phthiraptera: Pediculidae) in New Zealand. Records of the Canterbury Museum, 10(6): 69-72. [data de publicación: 'maio de 1990', fontes da primeira páxina do artigo]

Ligazóns externasEditar