Luis Fernández Guitián

mestre, músico e político galego

Luis Fernández Guitián, nado en Sober o 29 de novembro de 1962,[1] é un músico, escritor e político galego do PPdeG.

Modelo:BiografíaLuis Fernández Guitián
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1962 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Sober, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Sober
2011 –
← José Gómez Vázquez Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Sober Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónmúsico, mestre, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Está diplomado en Educación Infantil. Foi mestre do Conservatorio de Música de Ribadavia e creou e dirixiu a banda xuvenil de música. Logo foi mestre no Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra, onde tamén dirixiu a banda do centro. Pasou despois ao Conservatorio Profesional de Música de Ourense, onde foi mestre de clarinete e clarinetista da Banda Municipal de Ourense. Foi director da Banda e da Escola de Música de Sober[1] dende 1997 e tamén creou a Banda Xuvenil de música. Foi correspondente en Sober do xornal El Progreso e da Axencia EFE

Foi concelleiro de Cultura e tenente de alcalde do concello de Sober. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía de Sober, obtivo a maioría absoluta e foi elixido alcalde.[2] Repetiu como alcalde con maiorías absolutas en 2015, de 2019 e 2023.[3]

En 2022, foi elixido presidente do PP de Sober por aclamación co 100% dos votos.[4]

  1. 1,0 1,1 Redacción (4 de febreiro de 2015). "El alcalde Luis Fernández Guitián repetirá como candidato del PP". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  2. Redacción (12 de xuño de 2011). "Guitián se estrena en Sober rodeado de cámaras en un pleno a medianoche". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  3. Cortés, Carlos (17 de xuño de 2023). "Sober elige alcalde a medianoche por cuarta vez". lavozdegalicia.es/ (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2024. 
  4. Redacción (29 de xaneiro de 2022). "LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN, ELIXIDO PRESIDENTE DO PP DE SOBER". xornaldelugo.com. Consultado o 6 de xullo de 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
José Gómez Vázquez
  
Alcalde de Sober
 
2011 - actualidade
Sucesor:
no cargo