Anllo, Sober
Santo Estevo de Anllo é unha parroquia do concello de Sober, na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2007 tiña unha poboación de 227 habitantes, 104 eran homes e 123 eran mulleres.
Santo Estevo de Anllo | |
---|---|
Ermida da Barca no lugar homónimo. | |
Concello | Sober[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°26′28″N 7°37′19″O / 42.4412, -7.6219 |
Poboación | 187 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Limita coas parroquias de Acedre e Rosende ao norte, Frontón ao oeste, San Martiño de Anllo ao leste, e Vilar de Cerreda e Santo Estevo de Ribas de Sil ao sur, as dúas na provincia de Ourense e separadas polo río Sil. A localidade de A Barca, Anllo, Sober antigamente pertencía á parroquia de Frontón, Pantón.
Lugares e parroquias
editarLugares de Anllo
editarLugares da parroquia de Anllo no concello de Sober (Lugo) | |
---|---|
O Arroxó | A Barca | Bouzas | A Burdalla | O Cabarco | O Campo de Anllo | Castinande | A Cegoñeira | Cuñas de Abaixo | Cuñas de Arriba | Hortás | A Mogueira | Nogueira | Pacios de Anllo | Portizó | A Pousa | Regueiro | Souto Novo | O Xuncal |