Moreda, Pantón
parroquia civil do concello de Pantón
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Moreda.
San Romao de Moreda é unha parroquia do concello de Pantón na comarca de Terra de Lemos, na provincia de Lugo. Pertence á diocese de Lugo e ó arciprestado de Monforte de Lemos. No ano 2007 tiña 80 habitantes, deles 41 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Moreda | |
---|---|
Igrexa parroquial de Moreda | |
Concello | Pantón[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°31′43″N 7°36′25″O / 42.528519444444, -7.6069111111111 |
Área | 3,2 km² |
Poboación | 65 hab. (2017) |
Densidade | 20,31 hab./km² |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita coas parroquias pantonesas de San Vicente de Castillón ó norte; Toldaos e Pantón ó sur e Ferreira de Pantón e Castillón ó oeste. E limita coas parroquias de Monforte de Lemos de Moreda polo norte e A Vide polo leste.[2]
Lugares e parroquias
editarLugares de Moreda
editarLugares da parroquia de Moreda no concello de Pantón (Lugo) | |
---|---|
O Barrete | Cabo de Vila | Outeiro | Paderne | Palmelle | Salcedo | San Romao | Viñas |