CG-2.1
A CG-2.1 ou Corredor Monforte de Lemos-Lalín[1][2] (na provincia de Lugo), é un corredor galego de altas prestacións da Xunta de Galicia que une as localidades de Monforte de Lemos e Alto do Faro; atravesa os concellos de Monforte de Lemos, Pantón, O Saviñao e Chantada. Ten unha lonxitude de 30,14 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-120 en Monforte de Lemos e finaliza nun cruzamento coa PO-533 en Alto do Faro co límite provincial de Lugo e Pontevedra.
CG-2.1 Corredor Monforte de Lemos-Lalín | |
---|---|
ID antigo | |
Identificador | |
Tipoloxía | Vía de altas prestacións |
Rede | Rede de estradas de Galicia |
Titular da vía | |
Dimensións | |
Lonxitude | 30,14 km |
Formato | 1 carril por sentido |
Localización | |
Inicio | N-120 Monforte de Lemos |
Fin | PO-533 Alto do Faro |
Circulación | |
Tránsito | Rodado, non peonil |
Velocidade máxima | |
Restricións viarias | |
Concellos que atravesa
|
Percorrido
editarInicia na ligazón de forma tormenta da estrada nacional N-120, polo suroeste de Monforte de Lemos, no lugar do Boieiro (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada nacional N-120a, no lugar da Estrada (concello de Pantón) coa dirección, ao oeste cara ao lugar de Ferreira de Pantón e ao leste cara a Monforte de Lemos. Seguindo á ligazón da vía para automóbiles VG-2.1 con dirección ao corredor de Lugo-Monforte de Lemos, CG-2.2 e a estrada LU-617 no lugar da Folgueira (concello de Monforte de Lemos), seguindo á ligazón da estrada LU-P-4106, coa dirección, ao sur cara ao lugar de Goián e ao norte cara ao lugar do Castro de Moreda no lugar da Lama do Franco (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-615 con dirección norte cara a Escairón no lugar de Licín (concello do Saviñao) e seguindo á ligazón da estrada LU-616 con dirección nordeste cara a Escairón no lugar de Montes (mesmo concello). Chegando ao momento final da metade do corredor coa conexión á estrada LU-533 con dirección a Chantada.
No percorrido da estrada LU-533 non conta como corredor, a outra metade do corredor inicia na rotonda coa ligazón de forma tormenta, no norte de Chantada, seguindo á ligazón da estrada LU-213 coa dirección, ao leste cara a Chantada e ao oeste cara ao lugar de Sobreira de Arriba (mesmo concello), no lugar de San Xurxo (mesmo concello), seguindo á ligazón da estrada LU-P-6001 coa dirección, ao sur cara ao lugar de Mundín e ao norte cara ao lugar de Adá, no lugar de Mundín (mesmo concello) e remata coa conexión á estrada PO-533 co límite provincial de Lugo e Pontevedra en Alto do Faro, con dirección a Rodeiro e Lalín (o mesmo da estrada PO-533 que non conta como corredor).
Historia
editarA principios da década dos anos 90 iniciouse as obras da mellora, acondicionamento e firme do treito entre Lalín e Escairón da antiga estrada comarcal C-533, as primeiras obras do tramo entre Chantada e Alto do Faro iniciaron en novembro de 1992[3]. Este sería o primeiro corredor máis antigo de Galicia coa primeira inauguración de decembro de 1993,[4] no treito entre Alto do Faro e Chantada. Antes desta primeira inauguración, acabaron as obras do acondicionamento da antiga C-533, nos treitos:
- Treito Maceira-Alto do Faro (PO-533): xuño de 1992[5] con distancia de 18 quilómetros.
- Treito Chantada (leste)-Santo Estevo de Ribas de Miño (LU-533): xullo de 1991[6] con distancia de 4,7 quilómetros incluíndo a nova ponte sobre o río Miño.
- Treito Santo Estevo de Ribas de Miño-Escairón (LU-533): xaneiro de 1993[7][8] con distancia de 7,7 quilómetros.
En febreiro de 1995[9] iniciaron as obras da variante de Escairón e puxeron en servizo en marzo de 1997[10][11] e uns sete meses despois[12] prolongaron o treito ata Bacelares e finalmente en maio de 1999[13][14] chegado a Monforte de Lemos polo norte, un treito de 3,6 quilómetros é da CG-2.1 e outro de 2,1 quilómetros é da VG-2.1. O último treito polo oeste de Monforte de Lemos coa conexión da estrada nacional N-120 foi inaugurado en febreiro de 2005.[15][16][17]
Treitos
editarDenominación | Treito | Kms | Ano servizo |
---|---|---|---|
CG-2.1 | N-120 Monforte de Lemos (suroeste) - VG-2.1 A Folgueira | 5 | 2005[15][16][17] |
CG-2.1 | VG-2.1 A Folgueira - Bacelares | 3,6 | 1999[13][14] |
CG-2.1 | Bacelares - LU-615 Escairón (sur) | 4 | 1997[12] |
CG-2.1 | Variante de Escairón Tramo: LU-615 Escairón (sur) - LU-533 Escairón (suroeste) |
2 |
1997[10][11] |
LU-533 | CG-2.1 Escairón (suroeste) - LU-617 Santo Estevo de Ribas de Miño Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor |
7,7 |
1993[7][8] |
LU-533 | LU-617 Santo Estevo de Ribas de Miño - N-540 Chantada (leste) Acondicionamento do tramo e nova ponte sobre o río Miño |
4,7 |
1991[6][18] |
CG-2.1 | N-540 Chantada (norte) - PO-533 Alto do Faro | 13,6 | 1993[4][19] |
PO-533 | CG-2.1 Alto do Faro - Maceira Acondicionamento do tramo e reconversión ao corredor |
18 |
1992[5] |
Notas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "La obra del último tramo de la carretera de Lalín empezó ayer". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 1992.
- ↑ 4,0 4,1 "Abierto al tráfico el tramo Alto do Faro-Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 1993.
- ↑ 5,0 5,1 "El PP reunió en la romería del Alto do Faro a millares de seguidores". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 1992.
- ↑ 6,0 6,1 "El tramo entre el puente sobre el Miño y Chantada estará rematado a finales de julio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 1991.
- ↑ 7,0 7,1 "Abierto al tráfico el tramo entre Escairón y el puente". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 1993.
- ↑ 8,0 8,1 "Abierto al tráfico un nuevo tramo de la C-533". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xaneiro de 1993.
- ↑ "Acuerdo sobre las expropiaciones de la carretera C-533 en Escairón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 31 de xaneiro de 1995.
- ↑ 10,0 10,1 "El presidente de la Xunta inauguró la variante de Escairón". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 1997.
- ↑ 11,0 11,1 "Fraga anuncia en O Saviñao la próxima licitación del cierre del corredor central". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de marzo de 1997.
- ↑ 12,0 12,1 "Las obras entre Monforte y Bacelares permanecen aún en fase de replanteo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 17 de outubro de 1997.
- ↑ 13,0 13,1 "Manuel Fraga inauguró en Monforte catorce obras, una cada media hora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de maio de 1999.
- ↑ 14,0 14,1 "A Xunta completou o Corredor Monforte-Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 1999.
- ↑ 15,0 15,1 "Fraga insta a Fomento a construir la autovía Monforte-Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2005.
- ↑ 16,0 16,1 "Fraga exige a Fomento que cumpla los plazos de la autovía de Chantada". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2005.
- ↑ 17,0 17,1 "La Xunta adjudicará antes de junio otra fase de la variante de Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de febreiro de 2005.
- ↑ "Cuiña Crespo visita hoy obras en los municipios sarriano, monfortino y el de O Saviñao". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 1991.
- ↑ "Abierto al tráfico un nuevo tramo del corredor Monforte-Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 1993.