VG-2.1

vía para automóbiles de Monforte de Lemos (LU-617 a CG-2.1)

A VG-2.1 ou Vía de Alta Capacidade Monforte (CG-2.2 a CG-2.1)[1][2] (na provincia de Lugo), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades da Trincheira e A Folgueira; ambas no concello de Monforte de Lemos. Ten unha lonxitude de 2,71 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa CG-2.2 na Trincheira (Monforte de Lemos) e finaliza nun cruzamento coa CG-2.1 na Folgueira (Monforte de Lemos).

VG-2.1
Vía de Alta Capacidade Monforte
(CG-2.2 a CG-2.1)
Mapa
Vía para automóbiles VG-2.1
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude2,71 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio CG-2.2  A Trincheira
Fin CG-2.1  A Folgueira
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

Percorrido

editar

Inicia na rotonda cos accesos ao Corredor de Lugo-Monforte de Lemos (CG-2.2) e á estrada LU-617, unha en dirección noroeste cara a Escairón e outra en dirección sueste a Monforte de Lemos, situada no lugar da Trincheira (parroquia de Seoane do concello de Monforte de Lemos). Seguindo na vía ata a ligazón do corredor CG-2.1 (Corredor Monforte de Lemos-Lalín) no lugar da Folgueira (parroquia da Vide do mesmo concello). Na metade do percorrido cruza sobre o río Cinsa.

Historia

editar

As primeiras obras iniciaron en xuño de 1997[3] e este treito era o antigo corredor e Monforte de Lemos-Lalín (CG-2.1) que inaugurara en maio de 1999.[4][5] Formaba parte de ultímaa fase de completar o corredor, no treito entre Escairón e Monforte de Lemos sen a prolongación cara a sur coa estrada N-120 e a conexión coa CG-2.2.

Treitos

editar
Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-2.1   CG-2.2  A Trincheira -  CG-2.1  A Folgueira 2,7 1999[4][5]
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Cuiña afirma que el tramo de Bacelares a Monforte estará listo en diciembre del 98". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 1997. 
  4. 4,0 4,1 "Manuel Fraga inauguró en Monforte catorce obras, una cada media hora". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 30 de maio de 1999. 
  5. 5,0 5,1 "A Xunta completou o Corredor Monforte-Lalín". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de xuño de 1999.