Comarca da Terra de Caldelas

A comarca da Terra de Caldelas é unha comarca galega situada no norte da provincia de Ourense. Pertencen a ela os concellos de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil e A Teixeira.

Modelo:Xeografía políticaComarca da Terra de Caldelas
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°24′N 7°30′O / 42.4, -7.5
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalCastro Caldelas Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.764 (2020) Editar o valor en Wikidata (8,82 hab./km²)
XentilicioCaldelao Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie313,25 km² Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar

A comarca de Terra de Caldelas contaba en 2020 cunha poboación de 2.764 habitantes. A poboación menor de 15 anos era o 4,09% do total, o que representa uns niveis moi baixos en relación á media de Galicia (12,55%[1]), mentres que pola outra banda o 45,22% contaba con máis de 65 anos, o que deixa unha poboación en idade de traballar dun 50,69%.[2]

A idade media da poboación en 2020 era de 59,54 anos,[2] que supera amplamente a media galega (47,48 anos[3]).

Padrón municipal 2020 2.764 habitantes[2]
Menores de 15 anos 113 (4,09 %)
Entre 16 e 64 anos 1.401 (50,69 %)
Maiores de 65 anos 1.250 (45,22 %)

En relación ao movemento natural da poboación, no ano 2019 houbo 6 nacementos en toda a comarca e 66 defuncións, o que deixou un saldo vexetativo negativo de -60.[2]

Galería de imaxes

editar
Vexa o artigo principal na Galería de imaxes da comarca da Terra de Caldelas
  1. "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-06. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-06. 
  3. "IGE - Principais resultados". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-06.