Estación da Pobra do Brollón
A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia. Ten servizos de media distancia.
A Pobra do Brollón | |
---|---|
Situación | A Pobra do Brollón |
Liñas | |
Media distancia | Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarEstá situada no punto quilométrico 350,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 416 metros de altitude,[1] entre as estacións de Monforte de Lemos e O Freixeiro. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia
editarA estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
En 2011 Adif realizou obras de mellora das instalacións, como o recrecemento das plataformas, a substitución dos pasos peonís e melloras na cuberta, as portas e as fiestras do edificio de viaxeiros.[3]
En xaneiro de 2021 Adif adxudicou o contrato para a redacción do proxecto de ampliación dunha das vías da estación ata os 750 metros de lonxitude para que os trens de mercadorías poidan quedar apartados nela, así como a supresión do paso a nivel próximo.[4]
Servizos ferroviarios
editarMedia Distancia
editarOs servizos de Media Distancia de Renfe que teñen parada na estación enlazan A Pobra do Brollón coa cidade de Ponferrada. Non obstante, non existe parada de ningún tren en sentido contrario.
Actualizado a 16 de xullo de 2021.
Liña | Trens | Orixe | > | Destino |
---|---|---|---|---|
6 | Rexional Exprés | Vigo-Guixar | > | Ponferrada |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
- ↑ "Adif mejora la estación de A Pobra do Brollón". El Progreso. 24 de febreiro de 2010. Consultado o 16 de xullo de 2021.
- ↑ "Adjudicado el contrato para ampliar la vía y eliminar un paso a nivel en A Pobra do Brollón". El Progreso. 21 de xaneiro de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Información da estación na web de Adif Arquivado 28 de decembro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)