Roberto I de Artois
Roberto I de Artois o Bo, nado en 1216 e finado en El-Mansura, Exipto, en 1250, foi príncipe de Francia e conde de Artois (1237 - 1250), condado que o seu pai lle entregou e do que foi o primeiro conde.
Roberto I de Artois | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 17 de setembro de 1216 |
Francia | |
Falecemento | 9 de febreiro de 1250 e 8 de febreiro de 1250 |
Almançora | |
Causa | Morto en combate |
Nacionalidade | Francia |
Ocupación | aristócrata |
Pai | Luís VIII de Francia |
Nai | Branca de Castela |
Cónxuxe | Matilda of Brabant, Countess of Artois |
Fillos | Branca de Artois e Roberto II de Artois |
Irmáns | Isabel de França, Luís IX de Francia, Carlos de Anjou, John Tristan, Count of Anjou and Maine e Afonso III de Poitiers |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Orixes familiaresEditar
Foi o terceiro fillo do rei Luís VIII de Francia e da súa muller Branca de Castela. Era neto por liña paterna de Filipe II de Francia e Isabel de Hainault, e por liña materna de Afonso VIII de Castela e Leonor de Inglaterra. Era irmán dos reis Luís IX de Francia e Carlos I de Nápoles.
Matrimonio e descendentesEditar
Casou o 14 de xuño de 1237 en Compiègne con Matilde de Artois, filla de Henrique II de Brabante e María de Suabia. Deste matrimonio naceron:
- A princesa Branca de Artois (1248 - 1302 ), casada en 1269 con Henrique I de Navarra.
- O príncipe Roberto II de Artois (1250 - 1302), conde de Artois.
A Sétima CruzadaEditar
Participou na Sétima Cruzada, dirixida polo seu irmán Luís IX de Francia. Despois de tomar Damieta, o emir Fakhr al-Dihn puido atrasar o avance cruzado en Mansura ata febreiro de 1250. Roberto I de Artois e os templarios conseguen derrotar e matar a Fakhr al-Dihn, pero logo invaden a cidade desordenadamente, e o xefe mameluco, Baibars al-Bunduqdarí, envía un contraataque letal para os cruzados no que o irmán do rei atopa a morte.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto I de Artois |