Compiègne
Compiègne é unha cidade francesa de tamaño medio situada no departamento do Oise, na rexión de Hauts-de-France.
Compiègne | ||
---|---|---|
![]() | ||
Vista xeral do centro de Compiègne | ||
Localización | ||
País | Francia | |
Rexión | Hauts-de-France | |
División | Oise | |
Xeografía | ||
Superficie | 53,1 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 40.542 hab.(2018) | |
Outros datos | ||
Sitio web oficial |
XeografíaEditar
Compiègne está situada na confluencia dos ríos Oise e Aisne. Está a 65 quilómetros ao norte de París e, polo tanto, dentro da súa área de influencia. Limita ao oeste polo Oise, ao leste polo bosque comunal de Compiègne, ao norte polo Aisne e ao sur limita con Croix-Saint-Ouen. A estación de tren está situada na beira dereita do Oise.
No ano 2018 tiña unha poboación de 40.542 persoas, se ben toda a área urbana que conforma ten máis de 100 mil habitantes.
HistoriaEditar
Na época galo-romana, Compiègne era un lugar de vao do Oise, onde cruzaban unha rede de vías secundarias na fronteira dos territorios de (Beauvais) e de (Soissons). A ponte atopábase nun lugar chamado o cercado das rosas. O nome de Compiègne vén do latín compendium, que quere dicir 'atallo'.
Co nome de vila real, Compiègne pertenceu á coroa de Francia dende a época dos merovinxios. Pola súa importancia estratéxica e a súa proximidade a París, Compiègne foi sede da sinatura de diversos acordos, tratados e treguas dende antigo tempo, así como doutros importantes acontecementos da historia de Francia. Por exemplo, Xoana de Arco foi apreixada nas súas proximidades, ao tentar cruzar o Oise, e o pazo e o castelo foron utilizados durante un tempo como residencia dos reis de Francia.
O 22 de xuño de 1940, no mesmo vagón en que se asinara o armisticio de 1918, foi asinado o armisticio entre Francia e Alemaña, coa asistencia de Hitler.
Cidades irmásEditar
- Landshut, Alemaña, dende 1962
- Huy, Bélxica, dende 1959
- Raleigh, Carolina do Norte, Estados Unidos, dende 1989
- Kiryat Tivon, Israel, dende 1988
- Arona, Italia, dende 1962
- Vianden, Luxemburgo, dende 1964
- Shirakawa, Xapón, dende 1988
- Elbląg, Polonia, dende 2002
- Bury St Edmunds, Inglaterra, Reino Unido, dende 1967