Elbląg
Elbląg (ˈɛlblɔŋk Pl-Elbląg-2.ogg (axuda · info); en alemán: Elbing; en prusiano antigo: Elbings) é unha cidade do norte de Polonia, no límite oriental da rexión de Żuławy, que contaba con 119.317 habitantes (decembro 2019). É a capital do condado de Elbląg e encóntrase (desde 1999) dentro do voivodato de Warmian-Masurian. Anteriormente era a capital do voivodato de Elbląg (1975–1998) e tamén foi un condado do voivodato de Gdańsk (1945–1975).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Varmia e Masuria | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 115.220 (2021) (1.443,5 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 79,82 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1237 (Gregoriano) | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 82-300–82-315 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Compiègne Baoji (pt) Coquimbo Tainan Trowbridge (pt) Nowy Sącz (pt) Navahrudak Ternopil (pt) Druskininkai (en) Barßel Baltiysk (en) Hîncești (en) Leer Liepāja (1991–) Kaliningrado (1994–) | ||||
Páxina web | umelblag.pl |
Elbląg é unha das cidades máis antigas da provincia.[1] A súa historia remóntase a 1237, cando a Orde Teutónica construíu unha fortaleza nas marxes do río homónimo. O castelo posteriormente funcionou como sede oficial dos Mestres da Orde Teutónica.
Elbląg formou parte da Liga Hanseática, o que contribuíu moito ao progreso da cidade. Grazas ao acordo hanseático, a cidade foi vinculada a portos importantes como Gdańsk, Lübeck e Ámsterdam. Elbląg uniuse a Polonia en 1454 e despois da caída da Orde Teutónica na Guerra dos Trece Anos recoñeceuse como parte de Polonia na Segunda Paz de Thorn en 1466. Entón prosperou e tornouse nun polo comercial importante, mais o seu crecemento foi finalmente paralizado pola Segunda Guerra do Norte e o Diluvio sueco
A cidade foi transferida a Prusia tras a primeira partición de Polonia en 1772.[2] O seu papel comercial foi grandemente debilitado até a era da industrialización, que ocorreu no século XIX. Foi entón cando se proxectou o canal de Elbląg.[3]
Despois da segunda guerra mundial a cidade volveu a formar parte de Polonia. As perdas da guerra foron catastróficas, especialmente a destrución do distrito da Cidade Vella, un dos máis espléndidos da Prusia Oriental.
Hoxe, Elbląg ten sobre 120.000 habitantes e é unha "cidade vibrante cunha base turística atractiva".[1] Funciona como un centro académico e financeiro e entre os seus numerosos monumentos históricos destacan a Porta do Mercado de 1309 e a catedral de San Nicolao. Elbląg é tamén coñecida polos seus sitios arqueolóxicos, museos e a cervexaría Elbrewery, a máis grande do país.[4]
A canle de Elbląg, construída en 1825–44 baixo dominio prusiano é tamén un atractivo turístico de Elbląg. A canle é considerada unha das construcións máis importantes da historia da enxeñaría,[5] e foi nomeada como unha das Sete Marabillas de Polonia.[6] O canal foi tamén recoñecido oficialmente como Monumento Histórico (Pomnik historii) en 2011 e polo seu mantemento vela o Instituto Nacional de Patrimonio de Polonia.
Etimoloxía
editarElbląg vén do antigo alemán Elbing, que era o nome co que os Cabaleiros Teutónicos denominaron as ribeiras do río do lugar e da cidadela que estabeleceron alí en 1237. O propósito da cidadela era evitar a reocupación polos antigos prusianos de Truso, pois os cruzados alemáns estaban en guerra cos prusianos pagáns. A cidadela foi nomeada así polo río, de orixe etimolóxica incerta. Unha etimoloxía tradicional conéctaa cos helveconas, un pobo xermánico mencionado tanto en fontes gregas como latinas, mais descoñécese a lingua deste pobo e a orixe etimolóxica deste nome. A mención máis antiga que se coñece do río ou da poboación de Elbing é na forma Ylfing, dada polo viaxeiro Wulfstan a finais do século IX, en As viaxes de Ohthere e Wulfstan, escrito en anglosaxón durante o reinado de Alfredo o Grande.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "History of Elbląg". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ "History of Elblag - Castles of Poland". Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ CoolPage.pl. "Elblag Ostroda Canal Tour". Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ o.o., StayPoland Sp. z. "History of Elblag". Consultado o 5 de abril de 2017.
- ↑ "Elblag Canal - sailing over water and dry land". www.poland.travel (en inglés). Consultado o 2021-05-12.
- ↑ (en polaco) Resultado da enquisa das 'Sete Marabillas de Polonia' feita por Rzeczpospolita, en www.budowle.pl.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Elbląg |