Roberto II de Dreux

Roberto II de Dreux[1], nado arredor de 1154 e finado o 28 de decembro de 1218, foi conde de Dreux, de Brie e de Braine, fillo de Roberto I, conde de Dreux e de Inés de Baudement, señora de Braine.

Roberto II de Dreux
Robert II of Dreux.gif
Nacementoc. 1154
Falecemento28 de decembro de 1218
SoterradoSaint-Yved de Braine
NacionalidadeFrancia
OcupaciónCrusader
PaiRoberto I de Dreux
NaiInês de Baudement
CónxuxeMatilde de Borgonya e Iolanda de Coucy
FillosRoberto III de Dreux, Pedro I, Duque da Bretanha, Philippa of Dreux, Henri de Dreux, Jehan de Braine, Eleanor de Dreux, Alix de Dreux, Philippa of Dreux, Yolande de Dreux, Isabelle of Dreux e Agnes of Dreux
IrmánsPhilippe de Dreux, Alix II de Dreux, Adèle de Dreux e Henrique de Dreux
editar datos en Wikidata ]
Roberto II de Dreux

TraxectoriaEditar

Participou na Terceira Cruzada e destaca pola batalla de Arsuf e o asedio de Acre (1191). De regreso a Francia, loitou contra os ingleses (1195 - 1198), despois dirixiu as tropas na cruzada albixense en 1210 e participou no asedio de Termes. Axudou ao seu irmán Filipe de Dreux, bispo de Beauvais, na loita contra o conde de Boulogne e mandou a á esquerda do exército do rei Filipe Augusto na batalla de Bouvines (1214).

Roberto II de Dreux e Iolanda de Coucy, a súa muller, foron enterrados na necrópole familiar da igrexa abacial de Saint-Yved de Braine.

Matrimonios e descendenciaEditar

Casou en primeiras nupcias en 1177 (separado en 1181) con Matilde de Borgoña (1150 - 1192), filla de Ramón de Borgoña, conde de Grignon, e de Inés de Montpensier; matrimonio sen posteridade. Volveu casar en 1184 con Iolanda de Coucy (c. 1164 - 1222), filla de Raúl I, señor de Coucy e de Inés de Hainaut, con quen tivo a:

  • Roberto III Gasteblé (1185 - 1234), conde de Dreux.
  • Leonor (1186 - despois de 1248), casada con Hugo III de Châteauneuf-en-Thymerais (m. 1229), e máis tarde con Roberto de Saint-Clair.
  • Pedro Mauclerc (c. 1187 - 1250), duque de Bretaña.
  • Isabel (1188 - despois de 1242), casada con Xoán II de Pierrepont (1205 - 1251), conde de Roucy.
  • Alix (1189 - 1258), casada cara 1200 con Gaucher IV de Mâcon (m. 1219), señor de Salins (fillo de Xeraldo I de Mâcon), e máis tarde, en 1221, con Renaldo III de Choiseul (1195 - 1239).
  • Filipa (1192 - 1242), casada en 1219 con Henrique II de Bar (1190 - 1239).
  • Henrique de Dreux, arcebispo de Reims (1193 - 1240).
  • Inés (1195-1258), casada con Estevo II de Borgoña, conde de Auxonne (m. 1241)
  • Iolanda (1196-1239), casada con Raúl II de Lusignan, conde de Eu (m. 1250).
  • Xoán (1198 - 1239), conde de Mâcon e Viena.
  • Xoana (1199 - 1272) relixiosa.
  • Godofredo (1200-1219).

NotasEditar