Xoán I de Francia
Xoán I de Francia e Navarra o Póstumo, nado no Palacio do Louvre (París) o 15 de novembro de 1316 e finado no mesmo lugar o 19 de novembro dese mesmo ano, foi rei de Francia e Navarra (1316).
Nome orixinal | (fr) Jean Ier de France |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de novembro de 1316 París, Francia |
Morte | 20 de novembro de 1316 (< 1 ano) París, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis (cripta) |
Rei de Francia | |
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316 ← Lois X de Francia – Filipe V de Francia → | |
Rei de Navarra | |
14 de novembro de 1316 – 19 de novembro de 1316 ← Lois X de Francia – Filipe V de Francia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Rei de Francia Rei de Navarra |
Familia | Dinastía dos Capetos |
Pais | Lois X de Francia e Clemência da Hungria |
Irmáns | Xoana II de Navarra |
Cronoloxía | |
nacemento póstumo | |
morte infantil | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Traxectoria
editarOrixes familiares
editarNaceu no Palacio do Louvre de París o 15 de novembro de 1316, sendo o único fillo masculino do rei Lois X de Francia e da súa segunda esposa Clemencia de Hungría. Era neto pola liña paterna de Filipe IV de Francia e da raíña Xoana I de Navarra e por liña materna de Carlos I de Hungría. Era irmán, por parte do pai, da raíña Xoana II de Navarra.
Fillo póstumo
editarXoán I naceu en novembro, cinco meses despois da morte do seu pai. Á morte do seu pai, estableceuse a rexencia do seu tío Filipe de Francia, á espera de ver o sexo do recentemente nado e cederlle os dereitos reais, sempre que fose un fillo varón, ou de escoller un novo monarca, no caso de que se tratase dunha muller, que non podía reinar en Francia con cargo á Lei sálica.
Desde o momento en que naceu foi nomeado rei de Francia, pero morreu o 19 de novembro no palacio do Louvre, despois de cinco días do seu nacemento. Sucedeuno o rexente e tío de Xoán I, Filipe V de Francia.
Pretensións ao trono
editarA súa irmá máis vella, Xoana de Navarra, disputoulle o trono ao seu tío. Segundo a lei sálica, non podía reinar en Francia, pero si no Reino de Navarra, polo que invocou os seus dereitos sobre Navarra. Tamén invocou a Lei feudal, pola que si que podían reinar as mulleres.
Malia as súas reclamacións sobre Navarra, tivo que esperar á morte dos seus tíos Filipe V e Carlos IV de Francia para acceder ao trono navarro.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán I de Francia |
Bibliografía
editar- di Carpegna Falconieri, Tommaso (2005). L'uomo che si credeva re di Francia. Una storia medievale. I Robinson. Letture (en italiano). Roma-Bari: Laterza. pp. VII–286. ISBN 88-420-7619-8.. Tradución ao inglés: di Carpegna Falconieri, Tommaso (2008). The Man Who Believed He was King of France (en inglés). University of Chicago Press. p. 224. ISBN 978-0-2261-4525-9.. Tradución ao francés: di Carpegna Falconieri, Tommaso (2018). L'homme qui se prenait pour le roi de France (en francés). Tallandier. p. 288. ISBN 9791021031258. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2018. Consultado o 03 de setembro de 2019. Arquivado 19 de marzo de 2018 en Wayback Machine.
- Langlois, Charles-Victor (1901). Saint Louis, Philippe le Bel, les derniers Capétiens directs (1226-1338). Histoire de France depuis les origines jusqu'à la Révolution. III, 2e partie. París: Librairie Hachette. p. 434. Reedición: Langlois, Charles-Victor (1978). Saint Louis, Philippe le Bel, les derniers Capétiens directs (1226-1338). Collection Monumenta historiae 2. París: Jules Tallandier. p. 448. ISBN 2-235-00497-0.
- Lecuppre, Gilles (2005). L'imposture politique au Moyen Âge. La seconde vie des rois. Le nœud gordien. París: Presses universitaires de France. p. 405.
- Le Nabour, Éric (2005). Les Rois maudits, l'enquête historique. Perrin. p. 296. ISBN 2-262-02396-4.
- Louis Monmerqué (1844). Dissertation historique sur Jean Ier, roi de France et de Navarre; suivie d'une Charte par laquelle Nicolas de Rienzi reconnaît Giannino, fils supposé de Guccius, comme roi de France, et d'autres documents relatifs à ce fait singulier (in-4°). París: Tabary, bouquiniste editorial. pp. 97–32. (nº na Bibliothèque National de France: 39363807).
- Menant, François; Martin, Hervé; Merdrignac, Bernard; Chauvin, Monique (1999). Les Capétiens. Histoire et dictionnaire, 987-1328. Bouquins. París: Robert Laffont. pp. LXXIX–1220. ISBN 2-221-05687-6. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 03 de setembro de 2019.