Xoana I de Navarra

Xoana I de Navarra, nada en Bar-sur-Seine, Champaña, Francia o 17 de abril de 1271,[1] e finada en Vincennes, Illa de Francia, Francia o 4 de abril de 1305,[2] foi raíña de Navarra e condesa de Champaña e de Brie entre 1274 e 1305.

Modelo:BiografíaXoana I de Navarra

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(fr) Jeanne I de Navarre Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1273 Editar o valor en Wikidata
Bar-sur-Seine, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte2 de abril de 1305 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
Vincennes, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBasílica de Saint-Denis Editar o valor en Wikidata
Rei de Navarra
1284 – 2 de abril de 1305 – Lois X de Francia → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo e catolicismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloCondesa
Rei de Navarra Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Blois Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFilipe IV de Francia (1284 (Gregoriano), 1284 (Gregoriano)–1305 (Gregoriano)) Editar o valor en Wikidata
FillosLois X de Francia, Filipe V de Francia, Carlos IV de Francia, Sabela de Francia, Robert of France Editar o valor en Wikidata
PaisHenrique I de Navarra Editar o valor en Wikidata  e Branca de Artois Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas Plantageneta, 2.º Conde de Lancaster
Henrique, 3.º Conde de Lencastre
Joanes Enríquez Lacarra
Tebaldo di Navarra Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Dictionary of Women Worldwide
A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Navarre-49 Find a Grave: 64956255 Editar o valor en Wikidata
Selo da raíña Xoana I.
Funeral de Xoana I.
O Colexio de Navarra, fundado por Xoana I, nun debuxo de 1440.

Foi, ademais, raíña consorte de Francia entre 1285 e 1305, debido á súa voda co entón futuro Filipe IV "o Fermoso" de Francia.

Filla de Henrique I de Navarra e de Branca de Artois, foi a última raíña de Navarra da casa de Champaña.

Traxectoria

editar

Orixes familiares

editar

Xoana foi a filla segundoxénita de Henrique de Navarra, rei de Navarra co nome de Henrique I, e conde de Champaña e Brie co nome de Henrique III (último fillo varón de Teobaldo o Tobador, rei de Navarra (Teobaldo I) e conde de Champaña (Teobaldo IV), e da súa terceira esposa Margarida de Borbón-Dampierre (falecida en 1256).[3][4][5]

Raíña de Navarra

editar

En 1273 o primoxénito Tebaldo morreu, a causa dunha caída que tivo lugar no castelo de Estella. Deste xeito Xoana, que tiña 3 anos de idade, quedou como herdeira do seu pai Henrique I do reino de Navarra e máis do condado de Champaña e de Brie.[2]

Xusto despois Xoana foi comprometida con Henrique de Windsor (1267-1274), o fillo máis vello do rei de Inglaterra Eduardo I. Un documento, de data de 1 de setembro de 1273, refírese ao acordo entre Eduardo I (Edbbardus... rex Anglie) e Henrique I (Henricus... Navarra rex, Campanie et Brie, viene el palatinus) para a unión entre Xoana (Henricus rex... Johannam filiam nostrum et heredem) e Henrique de Windsor (Henrico filio et primogénito heredi... Edbbardi Regis Anglie).[3]

Henrique I de Navarra morreu en 1274, seica a causa da súa obesidade, á idade de trinta anos, e Xoana sucedeuno no reino de Navarra e no condado de Champaña e de Brie, como Xoana I; a súa nai, Branca de Artois, convértese en titora e despois como rexente no nome da súa filla. Segundo a Crónica de Guillaume de Nangis,[6] Xoana (unicam filiam Johannam) sucede ao seu pai Henrique (Henricus rex Navarræ comesque Campaniæ)[3] en 1274.

Esta situación supuxo un aumento das presións dos reinos de Castela, Aragón e Francia por casar a un membro da familia coa herdeira e incorporar así o reino aos seus dominios. Branca, a nai de Xoana, e rexente, era francesa, sobriña do falecido rei Lois IX (san Lois), como filla do seu irmán Roberto I de Artois, polo que pediu axuda ao seu primo irmán Filipe III de Francia. Este levou con el a Xoana á Corte de Francia, en París onde, cancelado o compromiso inglés pola morte de Henrique de Windsor en maio de 1275, en Orleáns, Xoana foie prometida ao herdeiro ao trono de Francia, Filipe o Fermoso[7]

O monarca decidiu casala co seu fillo Filipe, cando ela tiña 11 anos e el 16, anticipándose a Afonso X o Sabio, que desexaba casala co seu fillo. A voda celebrouse o 16 de agosto de 1284 na Catedral de Notre-Dame de París. A Crónica de Guillaume de Nangis[6] fai un relato do matrimonio (festo Assumptionis beatæ virginis matris Domini...crastino...apud Parisius) entre Filipe (Philippus regis Franciæ Philippi filius major natu) e Xoana (Johannam filiam defuncti regis Navarræ comitisque Campaniæ Henrici).[3]

Como consecuencia deste enlace, tropas francesas ocuparon o renio de Navarra, que foi gobernado por funcionarios franceses, aínda que nominalmente o reino era rexido por Branca. Deste xeito, Filipe o Fermoso converteuse no rei Filipe I de Navarra, conde de Champaña e de Brie.[8]

A historia do reino de Navarra quedou pois, desde ese momento, unida á historia do reino de Francia.

Porén, os condados de Champaña e de Brie continuaron gobernados pola rexente, Branca que, en 1276, casou en segundas nupcias con Edmundo Plantagenet, primeiro conde de Lancaster, chamado Crouchback (o da "Cruz nas costas"), irmán do rei de Inglaterra, Eduardo I. Branca continuou gobernando os condados, xunto co seu marido, incluso despois de que Xoana alcanzara a maioría de idade.[9] Estes condados foron anexionados ao reino de Francia en 1316

Subida ao trono de Francia

editar

Ao ano seguinte, en 1285, faleceu Filipe III, e o seu fillo subiu ao trono como Filipe IV.[3]

Este defendía un estado centralizado e omnipotente, e a necesidade de diñeiro para manter este tipo de goberno influíu na política que se aplicou en Francia e en Navarra:

  • depreciación da moeda, baixando o seu peso de ouro e de prata;
  • imposición de fortes impostos aos xudeus, detentadores do diñeiro, xa que a Igrexa prohibía aos cristiáns dedicarse á banca (estaba prohibido que prestaran diñeiro con interese);
  • venda de títulos nobiliarios aos burgueses ricos;
  • exención de obrigas aos servos a cambio de diñeiro;
  • imposición de décimos ao clero.

Conflitos coa Igrexa romana

editar

Ante estas medidas, o papa Bonifacio VIII respondeu prohibíndolle ao clero subministrar subsidios aos laicos. O rei prohibiu a saída de ouro e prata do reino, coa protesta do papa. Finalmente Bonifacio VIII cedeu, pero en 1301 o rei detivo ao bispo de Pamiers, e Bonifacio reaccionou acusando ao rei de violar as prerrogativas da igrexa, dispoñéndose a excomungar ao rei, cando foi detido por homes deste. O papa morreu ao mes deste suceso, despois de ser liberado pola poboación da cidade de Roma. (Na actualidade Bonifacio VIII é recordado en boa medida polas súas loitas con Dante, que na Divina Comedia colocouno nun círculo do inferno xunto co rei Filipe IV).

Os sucesores de Bonifacio VIII, Benedito XI e, sobre todo, Clemente V (elixido por intervención de Filipe), recuaron: Clemente V nomeou cardeais franceses, derrogou todas as decisións de Bonifacio VIII contra Filipe IV e instalouse en Aviñón. O estado francés vencera a Roma.

  • Por último, como os templarios, debido ao seu prestixio, exerceran como banqueiros, decidiu facerse coas súas riquezas, o que logrou acusando á Orde até conseguir a súa disolución. Os xefes, incluído o Gran Mestre Jacques de Molay, foron detidos en 1307 acusados de herexía. En 1309, un primeiro grupo de templarios foi queimado na fogueira. En 1312, a Santa Sé suprimiu a Orde, pero en 1314 Filipe mandou queimar aos dignatarios do Temple como relapsos. Así puido apoderarse dos bens mobiliarios da Orde; os inmobiliarios foron outorgados aos Orde dos hospitalarios.
  • En Navarra, o réxime francés acentuou o antisemitismo, os reis Filipe e Xoana limitaron a acción dos hebreos ao establecer que nos seus préstamos só recibiran o prestado, sen ningún tipo de interese.
  • Outorgaron á Orde de Grandmont a igrexa de Corella con todas as súas rendas, valoradas en 125 libras anuais, a cambio dos bens do mosteiro de Tudela, que reverteron á coroa, agás o terreo en que estaba edificado, a horta, o acueduto e o aproveitamento do monte da Bardena.

Porén, Filipe non puido derrogar o Foro Xeral de Navarra, ou Foro Antigo, posto por escrito en 1250 pola nobreza para evitar os abusos reais.

Ao falecer Xoana o 4 de abril de 1305 no castelo de Vincennes (Francia). No seu testamento deixou un legado para fundar o Collège de Navarre (Colexio de Navarra) en París.[10]

Os naturais do reino navarro acordaron gardar o reino para o seu fillo Lois, pois non querían seguir mantendo a Filipe o Fermoso como rei en Navarra.[8] Finalmente Lois xurou os foros en outubro de 1307.[11]

Matrimonio e descendencia

editar

O 14 de agosto de 1284 Xoana casou na Catedral de Notre-Dame de París co futuro rei Filipe IV de Francia, e asociou ao trono ao seu cónxuxe como Filipe I de Navarra, rei de Navarra e conde de Champaña e de Brie.

Deste matrimonio naceron 7 fillos:

Antepasados de Xoana I de Navarra

editar
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Henrique I de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
8. Teobaldo III de Champaña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Capeto
 
 
 
 
 
 
 
4. Teobaldo I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Sancho VI de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
9. Branca de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Sancha de Castela
 
 
 
 
 
 
 
2. Henrique I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Guido II de Dampierre
 
 
 
 
 
 
 
10. Archibaldo VIII de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Matilde de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
5. Margarida de Borbón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Alicia de Forez
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Xoana I de Navarra
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Filipe II de Francia
 
 
 
 
 
 
 
12. Lois VIII de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Isabel de Hainaut
 
 
 
 
 
 
 
6. Roberto I de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Afonso VIII de Castela
 
 
 
 
 
 
 
13. Branca de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Leonor de Plantagenet
 
 
 
 
 
 
 
3. Branca de Artois
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Henrique I de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
14. Henrique II de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Matilde de Boulogne
 
 
 
 
 
 
 
7. Matilde de Brabante
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Filipe de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
15. María de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Irene Ángelo
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Henrique I
 
Raíña de Navarra
(Xunto ao seu esposo Filipe I)

1274-1305
Sucesor:
Lois I
Predecesor:
María de Brabante
 
Raíña consorte de Francia

1285-1305
Sucesor:
Margarida de Borgoña
  1. Woodacre 2013, p. 39.
  2. 2,0 2,1 Herreros 1993.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Dinastías reais de Navarra en Medieval Lands (en inglés).
  4. Henrique I de Navarra Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en genealogie mittelalter (en alemán).
  5. Casa de Chmapaña-Blois-genealogy Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).
  6. 6,0 6,1 O título da Crónica de Guillaume de Nangis é Chronique des rois de France et de Vies de Saint Louis et de ses frères, Philippe le Hardi et Robert.
  7. Nobreza do Norte de Francia en Medieval Lands (en inglés).
  8. 8,0 8,1 Woodacre 2013, p. 29.
  9. Woodacre 2013, p. 21.
  10. LE COMTÉ DE CHAMPAGNE ET DE BRIE AU MOYEN ÂGE Arquivado 17 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés), (en inglés).
  11. Lacarra, José María (1972). El Juramento de los reyes de Navarra (1234-1329). Madrid: Real Academia de la Historia. pp. 50–52. 
  12. Agnes Strickland (c. 1894): Queens of England Boston: Estes & Lauriat.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Bouyer, Christian (1992): Dictionnaire des Reines de France, Librairie Académique Perrin. ISBN 2-262-00789-6, pp. 189–191
  • Brown, Elizabeth A. R. (2010): "La mort, les testaments et les fondations de Jeanne de Navarre, reine de France (1273-1305)", en Une histoire pour un royaume (XIIe-XVe siècle. Actes du colloque Corpus Regni organisé en hommage à Colette Beaune Perrin. ISBN 978-2-2620-2946-3, pp. 124–141.
  • Hélary, Xavier (2009): "Philippe III et la Navarre, 1274-1284", en Philippe Contamine (dir.) Hommes et terres du Sud. Structures politiques et évolution des sociétés, XIe-XVIIIe siècle. Actes du 126e Congrès des sociétés historiques et scientifiques, Toulouse. París: Éditions du Comité des travaux historiques et scientifiques (CTHS). ISBN 978-2-7355-0702-3, pp. 195–215.
  • Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa", en Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5.
  • Lalou, Élisabeth (1986): "Le gouvernement de la reine Jeanne (1285-1305)". Cahiers Haut-Marnais, 167: 16-30.
  • Lalou, Élisabeth (2000): "Le souvenir du service de la reine: l'hôtel de la reine Jeanne de Navarre, reine de France, en juin 1294", en Jacques Paviot e Jacques Verger, éds. Guerre, pouvoir et noblesse au Moyen Âge. Mélanges en l'honneur de Philippe Contamine. París: Presses de l'Université de Paris-Sorbonne. ISBN 978-2-8405-0179-4, pp. 411–426.
  • Provost, Alain (2010): Domus diaboli. Un évêque en procès au temps de Philippe le Bel. París: Belin. ISBN 978-2-7011-4895-3.
  • Woodacre, Elena (2013): The Queens Regnant of Navarre: Succession, Politics, and Partnership, 1274-1512. Londres: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-137-33914-0.

Outros artigos

editar