Lista de reis de Escocia

artigo de listas da Wikimedia

O rei de Escocia era o xefe do estado no reino de Escocia. Segundo a tradición, o primeiro rei dos escoceses (en escocés medio: King of Scottis, en escocés moderno: King o Scots, en gaélico escocés: Rìghrean Albannaich) foi Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín), que fundou o estado no ano 843. A distinción entre o reino de Escocia e o reino dos pictos é o produto dun mito medieval posterior e á confunsión no cambio de nomenclatura ex. Rex Pictorum (rei dos pictos) convértese en Rí Alban (rei de Alba) baixo Donald II cando os anais cambiaron dende o latín á lingua vernácula arredor de finais do século IX, xa que daquela a verba Alba en gaélico chegara a referirse ó reino dos pictos máis que a Gran Bretaña (o seu significado anterior).[1]

Armas reais do reino.
Estandarte real do rei dos escoceses.

Heráldica editar

Lista de reis de Escocia editar

Casa de Alpin (848–1034) editar

Artigo principal: Lista de reis dos pictos.

O reinado de Kenneth MacAlpin comeza o que se chamou a Casa de Alpin, un concepto completamente moderno. Os descendentes de Kenneth MacAlpin foron divididos en dúas pólas; a coroa alternaríase entre as dúas pólas, e a miúdo a morte do rei dunha póla (por guerra ou asasinato) era provocada polo pretendente da outra póla. Malcolm II foi o derradeiro rei da casa de Alpin; no seu reinado, esmagou con éxito toda a oposición na súa contra, e ó non ter fillos varóns, pasou a coroa ó seu neto, Duncan I, que comezou a dinastía Dunkeld.

Retrato Nome tradicional
(co equivalente en gaélico moderno)
Nome gaélico medieval Dinastía Reinado Título Epíteto
  Kenneth MacAlpin I
(Coinneach mac Ailpein)[2]
Cináed mac Ailpín
Ciniod m. Ailpin
fillo de Alpin, rei de Dal Riata 843/848 – 13 de febreiro de 858 Rex Pictorum
("rei dos pictos")
An Ferbasach
"o Conquistador"[3]
  Donald I
(Dòmhnall mac Ailpein)
Domnall mac Ailpín fillo de Alpin, rei de Dal Riata, e irmán de Kenneth I 858 – 13 de abril de 862 Rex Pictorum
("rei dos pictos")
  Constantino I
(Còiseam mac Choinnich)
Causantín mac Cináeda fillo de Kenneth I 862–877 Rex Pictorum
("rei dos pictos")
An Finn-Shoichleach,
"o Abondoso en viño"[4]
  Áed
(Aodh mac Choinnich)
Áed mac Cináeda fillo de Kenneth I 877–878 Rex Pictorum
("rei dos pictos")
  Giric
(Griogair mac Dhunghail)
Giric mac Dúngail fillo de Donald I 878–889 Mac Rath,
"Fillo da Fortuna"[5]
  Eochaid Eochaid mac Run † neto de Kenneth I *878–889?
  Donald II
(Dòmhnall mac Chòiseim)
Domnall mac Causantín fillo de Constantino I 889–900 Rí Alban
("rei de Escocia")

Rì nan Albannaich
("rei dos escoceses")
Dásachtach,
o "Tolo" ou o "Psicópata"[6]
  Constantino II
(Còiseam mac Aoidh)
Causantín mac Áeda fillo de Áed 900–943 Rí Alban An Midhaise,
"o Mediano".[7][8]
  Malcolm I
(Maol Chaluim mac Dhòmhnaill)
Máel Coluim mac Domnaill fillo de Donald II 943–954 Rí Alban An Bodhbhdercc,
"o Vermello Perigoso"[9]
  Indulf[10] Ildulb mac Causantín fillo de Constantino II 954–962 Rí Alban An Ionsaighthigh,
"o Agresor"[11]
  Dub
(Dubh ou Duff)
(Dubh mac Mhaoil Chaluim)
Dub mac Maíl Choluim fillo de Malcolm I 962–967 Rí Alban Dén,
"o Vehemente"[12]
  Cuilén
(Cailean)
Cuilén mac Ilduilb fillo de Indulf 967–971 Rí Alban An Fionn,
"o Branco"[13]
  Amlaíb
(Amhlaigh)
Amlaíb mac Ilduilb fillo de Indulf 973–977 Rí Alban
  Kenneth II
(Coinneach mac Mhaoil Chaluim)
Cináed mac Maíl Choluim fillo de Malcolm I 971–995 Rí Alban An Fionnghalach,
"o Fratricida"[14]
  Constantine III
(Còiseam mac Chailein)
Causantín mac Cuiléin fillo de Cuilén 995–997 Rí Alban
  Kenneth III
(Coinneach mac Dhuibh)
Cináed mac Duib fillo de Dub 997 – 25 de marzo de 1005 Rí Alban An Donn,
"o Xefe"/ "o Marrón".[15]
  Malcolm II
(Maol Chaluim mac Choinnich)
Máel Coluim mac Cináeda fillo de Kenneth II 1005–1034 Rí Alban / Rex Scotiae Forranach,
"o Destrutor";[16]

* As evidencias do reinado de Eochaid non son claras: puido non ter sido nunca rei. De telo sido, sería rei xunto con Giric. Amlaíb é coñecido só pola referencia da súa morte en 977, e descríbeno como rei de Alba; xa que Kenneth II é coñecido por ser rei en 972–973, Amlaíb debeu tomar o poder entre 973 e 977.

† Eochiad era fillo de Run, rei de Strathclyde, pero a súa nai era filla de Kenneth I.

Casa de Dunkeld (1034–1286) editar

Duncan ascendeu ó trono co neto materno de Malcolm II. Tamén foi un alto xeneral de Malcolm I, xa que o seu avó paterno, Duncan de Atholl era o terceiro fillo de Malcolm I.[17] A casa de Dunkeld estaba polo tanto estreitamente relacionada coa casa de Alpin. Duncan foi asasinado en batalla por Macbeth, quen tivo un longo e relativamente exitoso reinado. Nunha serie de batallas entre 1057 e 1058, o fillo de Duncan, Malcolm III derrotou e asasinou a Macbeth e ó seu afillado Lulach, e reclamou o trono. Porén, a dinastía non rematou alí: coa morte de Malcolm en batalla, o seu irmán Donald Ban reclamou o trono, expulsando os fillos de Malcolm de Escocia; proseguiu unha guerra civil no seo da familia, con Donald Ban e o fillo de Malcolm, Edmund, opostos ós fillos de Malcolm respaldados polos ingleses, liderados primeiro por Duncan II e despois por Edgar. Edgar triunfou, enviando ó seu tío e irmán a sendos mosteiros. Despois do reinado de David I, o trono escocés pasou ó primoxénito, pasando de pai a fillo, ou de non ser posible, de irmán a irmán.

Nome común
(nome gaélico moderno)
(nome gaélico medieval)

Reinado
Reinado Título medieval Epíteto
Alcume
Dinastía
(familia do pai)
Filiación materna
(familia da nai)
Duncan I
(Donnchadh mac Crìonain)
(Donnchad mac Crínáin)

1034–1040
  Rí Alban An t-Ilgarach
"o Doente"/small>[18]
neto de Malcolm II Fillo de Bethóc, filla máis vella de Malcolm II
(Casa de Alpin)
Macbeth
(MacBheatha mac Fhionnlaigh)
(Mac Bethad mac Findláich)

1040–1057
  Rí Alban Rí Deircc
"o Rei Vermello"[19]
1) Fillo de Mormaer Findláech
2) Neto de Malcolm II
3) Marido de Gruoch, neta de Kenneth III
?,Filla ou neta descoñecida de Malcolm II
(Casa de Alpin)
Lulach
(Lughlagh mac Gille Chomghain)
(Lulach mac Gille Comgaín)

1057–1058
  Rí Alban Tairbith
"o Desafortunado"[19]
-
Fatuus
"o Necio"[20]
1) Fillo de Gille Coemgáin, Mormaer de Moray
2) Neto de Kenneth III
(Casa de Alpin)
Fillo de Gruoch, neta de Kenneth III
Malcolm III
(Maol Chaluim mac Dhonnchaidh)
(Máel Coluim mac Donnchada)

1058–1093
  Rí Alban / Scottorum basileus ? Cenn Mór ("Canmore")
"Gran Xefe"
[21]
fillo de Duncan I fillo de Suthen
Donald III
(Dòmhnall mac Dhonnchaidh)
(Domnall mac Donnchada)

1093–1097
 
Rí Alban Bán,
"o Xusto".
fillo de Duncan I
Duncan II
(Donnchadh mac Mhaoil Chaluim)
(Donnchad mac Maíl Choluim)

1094
  Rí Alban / Rex Scottorum fillo de Malcolm III
Edgar
(Eagar mac Mhaoil Chaluim)
(Étgar mac Maíl Choluim)

1097–1107
  Rí Alban/ Rex Scottorum Probus,
"o Valente"[22]
fillo de Malcolm III
Alexandre I
(Alasdair mac Mhaoil Chaluim)
(Alaxandair mac Maíl Choluim)

1107–1124
  Rí Alban/ Rex Scottorum "o Fero" fillo de Malcolm III
David I
(Dàibhidh mac Mhaoil Chaluim)
(Dabíd mac Maíl Choluim)

1124–1153
  Rí Alban/ Rex Scottorum "o Santo"[23] fillo de Malcolm III
Malcolm IV
(Maol Chaluim mac Eanraig)
(Máel Coluim mac Eanric)

1153–1165
  Rí Alban/ Rex Scottorum Virgo
"a Doncela"
-
Cenn Mór,
"Gran Xefe"[21]
neto de David I
Guillerme I
"o León"
(Uilleam mac Eanraig)
(Uilliam mac Eanric)

1165–1214
  Rí Alban / Rex Scottorum "o León"
-
Garbh,
"o Áspero"[24]
neto de David I
Alexandre II
(Alasdair mac Uilleim)
(Alaxandair mac Uilliam)

1214–1249
  Rí Alban / Rex Scottorum fillo de Guillerme I
Alexandre III
(Alasdair mac Alasdair)
(Alaxandair mac Alaxandair)

1249–1286
  Rí Alban / Rex Scottorum fillo de Alexandre II

Casa de Sverre (1286–1290) editar

Artigo principal: Casa de Sverre.

O derradeiro rei da casa de Dunkeld foi Alexandre III. A súa muller deulle dous fillos e unha filla, pero en 1286, os seus fillos morreron, e a súa filla, Margarida, só tivo unha filla tamén chamada Margarida co seu marido Eric II de Noruega antes de que ela mesma morrera. Alexandre volveu casar, pero en 1286 morreu nun accidente cando viaxaba a casa. A súa muller, Iolanda de Dreux, estaba embarazada, pero en novembro de 1286, as esperanzas de dar a luz un fillo vivo desapareceron. Por todo isto, no Tratado de Salisbury os Gardiáns de Escocia recoñeceron á neta de tres anos de Alexandre, Margarida de Noruega, como Raíña dos escoceses. Margarida permaneceu no Reino de Noruega do seu pai até o outono de 1290, cando marchou cara a Escocia. Porén, morreu nas Orcadas durante a viaxe, sen chegar a poñer un pé en chan escocés, e sen ser coroada en Scone. Por este motivo, ás veces non é considerada Raíña.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Margarida
a Doncela de Noruega
1286–1290
  c. abril de 1283
Tønsberg, Noruega
filla de Eric II de Noruega e Margarida
sen casar setembro/outubro de 1290
St Margaret's Hope, Orcadas
7 anos
neta de Alexandre III

Primeiro interregno (1290–1292) editar

Artigo principal: Gardián de Escocia.

Casa de Balliol (1292–1296) editar

A morte de Margarida de Noruega comezou un interregno de dous anos en Escocia por mor da crise de sucesión. Coa súa morte, os descendentes de Guillerme I desapareceron; e non había un herdeiro claro por norma de primoxénito. Presentáronse trece candidatos; os máis prominentes eran Xoán de Balliol, bisneto do irmán máis novo de Guillerme I, David de Huntingdon, e Robert de Brus, señor de Annandale, neto de David de Huntingdon. Os gobernantes escoceses convidaron a Eduardo I de Inglaterra para arbitrar a reclamación; el aceptou pero forzou ós escoceses a xurarlle lealdade como o seu señor. Posteriormente, decidiuse que Xoán de Balliol sería o novo rei; mais probou ser feble e incapaz, e en 1296 Eduardo I obrigouno a abdicar, xa que tentaba anexionar Escocia ó reino de Inglaterra.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Xoán I
Toom Tabard ("Capa baleira")
(Iain Balliol)
1292–1296
  c. 1249 Isabella de Warenne
9 de febreiro de 1281
cando menos un fillo[25]

c. 25 de novembro de 1314
Picardía, Francia

bisneto de David de Huntingdon (irmán de Guillerme I)

Segundo interregno (1296–1306) editar

Artigo principal: Gardián de Escocia.

Casa de Bruce (1306–1371) editar

Durante dez anos, Escocia non tivo o seu propio rei. Porén, os escoceses rexeitaron o goberno inglés; primeiro William Wallace e despois da súa execución, Roberto o Bruce (o neto do competidor de 1292, Robert de Brus) loitando contra os ingleses. Bruce e os seus aliados asasinaron ó rival no trono, John III Comyn, señor de Badenoch o 10 de febreiro de 1306 na igrexa de Greyfriars, en Dumfries. Pouco despois de 1306, Roberto foi coroado rei dos escoceses en Scone. A súa enerxía, e a substitución do vigoroso Eduardo I polo seu feble fillo Eduardo II, permitiu a Escocia ceibarse do goberno inglés; na batalla de Bannockburn en 1314, os escoceses derrotaron ós ingleses, e en 1328 os ingleses aceptaron por tratado a independencia de Escocia. O fillo de Roberto, David, ascendeu ó trono sendo neno. Os ingleses anovaron a guerra contra Escocia, e David foi forzado a abandonar o reino por Eduardo Balliol, fillo de Xoán, que argallou para proclamarse rei dos escoceses (1332–1336) e agasallar os condados do sur de Escocia a Inglaterra antes de ser expulsado de novo. David pasou gran parte da súa vida no exilio, primeiro en liberdade na terra do seu aliado, Francia, e despois en prisión en Inglaterra; só puido regresar a Escocia no ano 1357. Coa súa morte, e sen fillos, en 1371 a casa de Bruce desapareceu.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Roberto I
o Bruce
(Raibeart a Briuis)
1306–1329
  11 de xullo de 1274
castelo Turnberry, Ayrshire
fillo de Robert de Brus e Marjorie, condesa de Carrick[26]
Isabella de Mar
1295
unha filla

Sabela de Burgh
Writtle, Essex, Inglaterra
1302
catro fillos
7 de xuño de 1329
Manor of Cardross, Dunbartonshire
con 54 anos
tataraneto de David de Huntingdon (irmán de Guillerme I)
(elección)
David II
(Dàibhidh Bruis)
1329–1371
  5 de marzo de 1324
Dunfermline Palace, Fife
fillo de Roberto I e Sabela de Burgh
Xoana de Inglaterra
Berwick-upon-Tweed
17 de xullo de 1328
sen fillos

Margarida Drummond
Inchmurdach, Fife
20 de febreiro de 1364
sen fillos
22 de febreiro de 1371
Castelo de Edimburgo
46 anos
fillo de Roberto I (primoxénito)

Reclamante disputado

Eduardo Balliol era fillo do rei Xoán, e el mesmo gobernou durante catro anos despois da súa elección na Gran Causa. Despois da súa abdicación, Xoán Balliol viviu o resto da súa vida en Picardía, Francia. Durante a minoría de idade de David II, Eduardo Balliol aproveitou a oportunidade para afirmar o seu reclamo ó trono, e apoiado polos ingleses, derrotou as forzas da rexencia de David e coroouse a si mesmo en Scone en 1332. Axiña foi derrotado polas forzas leais a David II e foi enviado de novo a Inglaterra. Co apoio inglés, argallaría dous intentos máis de facerse de novo co trono, en 1333 e 1335. En cada un deles, o control real do trono foi breve antes de ser enviado de novo a Inglaterra, por última vez en 1336. Cando David regresou do exilio en 1341 para gobernar por dereito propio, Eduardo perdeu a maioría dos seus apoios. Cando David II foi capturado en batalla en 1346, Eduardo fixo un derradeiro intento de facerse co trono, pero tivo pouco apoio e a campaña fracasou. En 1356, renunciou ás súas reclamacións ó trono.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Reclamación
Eduardo Balliol
1332–1336
En oposición a David II
  1283
fillo de Xoán I e Isabella de Warenne
Ningún 1367
Doncaster, Yorkshire, Inglaterra
Fillo dun antigo rei, candidato dos ingleses para substituír o exiliado David II

Casa de Estuardo editar

Artigo principal: Casa de Estuardo.

Estuardo (1371–1567) editar

Roberto o Estuardo era o neto de Roberto I pola filla deste, Marjorie. Nacendo en 1316, era máis vello que o seu tío, David II; por iso, cando ascendeu ó trono era un home de mediana idade, roldando os 55, e non foi quen de gobernar con forza, un problema que tamén padeceu o seu fillo Roberto III, que tamén ascendeu ó trono con 53 anos en 1390, e sufriu danos duradeiros por mor dun accidente de equitación. Estes dous reis foron seguidos por unha serie de rexencias, causadas pola xuventude dos seguintes cinco nenos reis. Por este motivo, a era dos Estuardo está considerado como un período de inercia real, durante o cal os nobres usurparon o poder da coroa, seguido de períodos de goberno persoal polo monarca, que trataría de abordar os problemas creados pola súa minoría de idade e os efectos a longo prazo dos reinados anteriores. Gobernar Escocia converteuse nunha tarefa cada vez máis difícil, xa que a poderosa nobreza era cada vez máis intratable; o intento de Xacobe I de poñer orde no seu reino acabou no seu asasinato; Xacobe III foi asasinado nunha guerra civil entre el e a nobreza, liderada polo seu propio fillo; cando Xacobe IV, que gobernara con severidade e reprimira ós aristócratas, morreu na batalla de Flodden, a súa muller Margarida Tudor foi derrocada pola nobreza, e a propia muller de Xacobe V, María de Guise, ascendeu ó goberno de Escocia durante a rexencia pola súa filla María I, na que dividiu e conquistou ás facións nobres, e distribuíndo subornos franceses con man liberal. Finalmente, María I, a filla de Xacobe V, viuse incapaz de gobernar Escocia enfrontándose coa hostilidade da aristocracia e a intransixencia da poboación, o cal favoreceu o calvinismo e a desaprovación do seu catolicismo; foi forzada a abdicar e viaxou até Inglaterra, onde foi encarcerada en varios castelos e casas durante dezaoito anos e finalmente executada por traizón contra a raíña inglesa Isabel I. Coa súa abdicación, o seu fillo, enxendrado por un membro menor da familia Estuardo, converteuse en rei.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Roberto II
o Estuardo
(Raibeart II Stiùbhairt)
1371–1390
  2 de marzo de 1316
Paisley, Renfrewshire
fillo de Walter Estuardo e Marjorie Bruce
Sabela Mure
1336
1349 (con dispensación papal)
dez fillos

Eufemia de Ross
2 de maio de 1355
catro fillos
19 de abril de 1390
Castelo Dundonald, Ayrshire
74 anos
neto de Roberto I (primoxénito)
Roberto III (nado como Xoán Estuardo)
o Rei Coxo
(Raibeart III Stiùbhairt, An Righ Bhacaigh)
1390–1406
  c. 1337
fillo de Roberto II e Sabela Mure
Anabella Drummond
1367
sete fillos
4 de abril de 1406
Castelo Rothesay
69 anos
fillo de Robert II (primoxénito)
Xacobe I
(Seumas I Stiùbhairt)
1406–1437
  finais de xullo de 1394
Dunfermline Palace, Fife
fillo de Roberto III e Anabella Drummond
Xoana Beaufort
Southwark Cathedral
2 de febreiro de 1424
oito fillos
21 de febreiro de 1437
Blackfriars, Perth
42 anos
fillo de Robert III (primoxénito)
Xacobe II
Fiery Face
(Seumas II Stiùbhairt)
1437–1460
  16 de outubro de 1430
Abadía de Holyrood, Edimburgo
fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort
María de Guelders
Abadía de Holyrood
3 de xullo de 1449
sete fillos
3 de agosto de 1460
Castelo Roxburgh
29 anos
fillo de Xacobe I (primoxénito)
Xacobe III
(Seumas III Stiùbhairt)
1460–1488
  10 de xullo de 1451
Castelo de Stirling ou Castelo de St Andrews
fillo de Xacobe II e María de Guelders
Margarida de Dinamarca
Abadía de Holyrood
13 de xullo de 1469
tres fillos
11 de xuño de 1488
Sauchie Burn
36 anos
fillo de Xacobe II (primoxénito)
Xacobe IV
(Seumas IV Stiùbhairt)
1488–1513
  17 de marzo de 1473
Castelo de Stirling
fillo de Xacobe III e Margarida de Dinamarca
Margarida Tudor
Abadía de Holyrood
8 de agosto de 1503
seis fillos
9 de setembro de 1513
Flodden Field, Northumberland, Inglaterra
40 anos
fillo de Xacobe III (primoxénito)
Xacobe V
(Seumas V Stiùbhairt)
1513–1542
  15 de abril de 1512
Linlithgow Palace, West Lothian
fillo de Xacobe IV e Margarida Tudor
Madeleine de Valois
Catedral de Notre Dame, París, Francia
1 de xaneiro de 1537
sen fillos

María de Guise
Catedral de Notre Dame, París, Francia
18 de maio de 1538
tres fillos
14 de decembro de 1542
Falkland Palace, Fife
30 anos
fillo de Xacobe IV (primoxénito)
María I
(Màiri Stiùbhairt)
1542–1567
  8 de decembro de 1542
Linlithgow Palace
filla de Xacobe V e María de Guise
Francisco II de Francia
24 de abril de 1558
sen fillos

Henrique Estuardo, Lord Darnley
Holyrood Palace, Edimburgo
9 de xullo de 1565
un fillo

James Hepburn
Holyrood Palace
15 de maio de 1567
sen fillos
8 de febreiro de 1587
Fotheringhay Castle, Northamptonshire, Inglaterra
44 anos (executada)
filla de Xacobe V (primoxenitura cognática)

Estuardo (1567–1651) editar

Os Estuardo de Lennox eran unha póla inferior da familia Estuardo; porén, non descendían directamente por liña masculina de Roberto II, o primeiro Estuardo que se converteu en rei dos escoceses, senón do seu devanceiro Alexandre Estuardo. No pasado, a través dos medios da Alianza Auld con Francia, adaptaron o seu apelido á forma francesa, Stuart. Por iso, cando o fillo do conde Lennox, Henrique, Lord Darnley, casou coa raíña dos escoceses, María I, o seu fillo, como primeiro rei da póla Lennox branch da familia Estuardo, gobernou como Stuart.

Xacobe VI tamén se converteu en rei de Inglaterra e Irlanda como Xacobe I en 1603, cando morreu a súa curmá Isabel I; ademais, malia que as coroas de Inglaterra e Escocia permaneceron separadas, a monarquía tivo a súa base principal en Inglaterra.

Carlos I, fillo de Xacobe, tivo que enfrontarse a unha guerra civil; o conflito resultante durou oito anos e rematou coa súa execución. O parlamento inglés decretou que a monarquía escocesa rematase; o parlamento escocés, despois de certa deliberación, rompeu as súas relacións con Inglaterra e declarou que Carlos II, fillo e herdeiro de Carlos I, sería o rei. Gobernou até 1651, cando os exércitos de Oliver Cromwell ocuparon Escocia e o forzaron ó exilio.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Xacobe VI
(Seumas VI Stiùbhairt)
1567–1625
  19 de xuño de 1566
Castelo de Edimburgo
fillo de Henrique Estuardo, Lord Darnley e María I
Ana de Dinamarca
Old Bishop's Palace, Oslo, Noruega
23 de novembro de 1589
sete fillos
27 de marzo de 1625
Theobalds House, Hertfordshire, Inglaterra
58 anos
fillo de María I (primoxénito)
Carlos I
(Teàrlach I Stiùbhairt)
1625–1649
  19 de novembro de 1600
Dunfermline Palace, Dunfermline
fillo de Xacobe VI e Ana de Dinamarca
Henriqueta María de Francia
Abadía de San Agostiño, Canterbury, Inglaterra
13 de xuño de 1625
nove fillos
30 de xaneiro de 1649
Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra
48 anos (executado)
fillo de Xacobe VI (primoxénito)
Carlos II
(Teàrlach II Stiùbhairt)
1649–1651
  29 de maio de 1630
St James's Palace, Westminster, Inglaterra
fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia
Catarina de Braganza
Portsmouth, Inglaterra
14 de maio de 1662
sen fillos
6 de febreiro de 1685
Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra
54 anos
fillo de Carlos I (primoxénito)

Casa de Estuardo (restaurada) (1660–1707) editar

Coa Restauración, os Estuardo convertéronse en reis de Escocia unha vez máis. Mais os dereitos de Escocia non foron respectados: o Parlamento de Escocia foi disolto durante o reinado de Carlos II, e o seu irmán Xacobe II foi designado gobernador de Escocia. O propio Xacobe converteuse en Xacobe VII en 1685; o seu catolicismo non foi tolerado e foi expulsado de Inglaterra despois de tres anos. No seu canto reinaron a súa filla María e o seu marido Guillerme de Orange, gobernador da República Neerlandesa; foron aceptados como monarcas de Escocia despois dun período de deliberación do parlamento escocés, e gobernaron xuntos como Guillerme II e María II.

Un intento de estabelecer un imperio colonial escocés a través do proxecto Darién, en rivalidade con Inglaterra, fallou, deixando ós nobres escoceses que financiaran este proxecto na bancarrota. Isto coincidiu co ascenso da raíña Ana, filla de Xacobe VII. Ana tivo varios fillos, pero ningún deles a sobreviviu, deixando como herdeiro ó seu medio irmán her Xacobe, que daquela vivía no exilio en Francia. Os ingleses favoreceron á protestante Sofía de Hanover (unha neta de Xacobe VI) como herdeira; moitos escoceses preferiron ó príncipe Xacobe, que como Estuardo tiña ascendencia escocesa, e ameazaron con crebar a Unión de Coroas entre Inglaterra e Escocia escollendo por eles mesmos. Para preservar a unión, os ingleses elaboraron un plan no que os dous reinos quedaban fusionados nun único reino, o reino de Gran Bretaña, gobernado por un monarca común e cun único parlamento. Ámbolos parlamentos aceptaron (os escoceses aínda que a regañadentes, estaban motivados principalmente polas finanzas nacionais), e precisaron algún subterfuxio como maioría total dos signatarios para ratificar o consentimento do parlamento escocés. A partir de entón, aínda que os monarcas continuaron gobernando sobre a nación de Escocia, fixérono como monarcas de Gran Bretaña, e dende 1801 do Reino Unido.

Nome Retrato Nacemento Casamento(s) Morte Dinastía
Carlos II
(Teàrlach II Stiùbhairt)
1660–1685
  29 de maio de 1630
St James's Palace, Westminster, Inglaterra
fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia
Catarina de Braganza
Portsmouth, Inglaterra
14 de maio de 1662
sen fillos
6 de febreiro de 1685
Palace of Whitehall, Westminster, Inglaterra
54 anos
fillo de Carlos I (primoxénito)
Xacobe VII
(Seumas VII Stiùbhairt)
1685–1688
  14 de outubro de 1633
St James's Palace, Westminster, Inglaterra
fillo de Carlos I e Henriqueta María de Francia
Anne Hyde
The Strand, Londres, Inglaterra
3 de setembro de 1660
oito fillos

María de Módena
Dover, Inglaterra
21 de novembro de 1673
sete fillos
16 de setembro de 1701
Château de Saint-Germain-en-Laye, Francia
67 anos
fillo de Carlos I (primoxénito)
María II
(Màiri II Stiùbhairt)
1689–1694
  30 de abril de 1662
St James's Palace, Inglaterra
filla de Xacobe VII (II de Inglaterra) e Anne Hyde
St James's Palace
4 de novembro de 1677
tres fillos (ningún superou a infancia)
28 de decembro de 1694
Kensington Palace, Inglaterra
32 anos
neto de Carlos I (coroa ofrecida polo Parlamento)
Guillerme II
(Uilleam Orains, "Guillerme de Orange")
1689–1702
  4 de novembro de 1650
A Haia, Provincias Unidas
fillo de Guillerme II, príncipe de Orange e María Henriqueta Estuardo
8 de marzo de 1702
Kensington Palace
51 anos
Ana
(Anna Stiùbhairt)
1702–1707
Raíña de Gran Bretaña e Irlanda
1707–1714
  6 de febreiro de 1665
St James's Palace
filla de Xacobe VII e Anne Hyde
Xurxo de Dinamarca
St James's Palace
28 de xullo de 1683
17 fillos
1 de agosto de 1714
Kensington Palace
49 anos
filla de Xacobe VII (primoxénita; Declaración de Dereitos de 1689)

Para os monarcas británicos véxase a lista en Monarquía británica.

Notas editar

  1. Broun (2007); pp. 71–97
  2. Falando correctamente, Coinneach debería ser Cionaodh, xa que Coinneach é historicamente un nome separado. Porén, na lingua moderna, ámbolos dous nomes converxeron.
  3. Skene (1867), p. 83.
  4. Skene (1867); p. 85.
  5. Skene (1867); p. 87.
  6. Hudson (1994); p. 58.
  7. Skene (1867); p. 91
  8. Hudson (1994); p. 65.
  9. Skene, Chronicles, p. 93.
  10. O seu nome é a versión gaélica do nome nórdico Hildufr (ou quizais do inglés Eadulf); é común en varias formas gaélicas actuais, como Iondolbh, atopado en Duan Albanach; Hudson, Celtic Kings, p, 89.
  11. Skene, Chronicles, p. 94.
  12. Duan Albanach, 23 aquí; Dub quere dicir "Negro", "Dub o Negro" é tautolóxico.
  13. Skene, Chronicles, p. 95.
  14. Skene, Chronicles, p. 96.
  15. O primeiro é o máis probable xa que en irlandés antigo, donn é semellante a greimm, que quere dicir "poder" ou "autoridade"; véxase Skene, Chronicles, p. 98; Hudson, Celtic Kings, p. 105.
  16. Skene, Chronicles, pp. 99–100.
  17. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2011. Consultado o 23 de outubro de 2017. 
  18. Skene, Chronicles, p. 101.
  19. 19,0 19,1 Skene, Chronicles, p. 102.
  20. Anderson, Early Sources, vol. i, p. 603.
  21. 21,0 21,1 Kingship of the Scots, pp. 51–52, 74–75; Oram, David I, p. 17, note 1. Cenn Mór.
  22. Anderson, Early Sources, vol. ii, p. 141.
  23. Alcume posterior. O latín Sanctus tamén quere dicir "Sagrado". David nunca foi canonizado.
  24. Anais de Ulster, s.a. 1214.6; Annals of Loch Cé, s.a. 1213.10.
  25. "English Earls 1067-1122". agosto de 2012. Consultado o agosto de 2012. 
  26. Robert The Bruce. Publisher: Heinemann. ISBN 0-431-05883-0.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar