Guillerme II de Orange-Nassau

Non confundir con Guillerme II dos Países Baixos.

Guillerme II de Orange-Nassau, príncipe de Orange, nado na Haia o 27 de maio de 1626 e finado na mesma cidade surholandesa o 6 de novembro de 1650, foi estatúder das Provincias Unidas (Holanda, Zelandia, Utrecht, Güeldres, Overijssel, Groninga e Drenthe) do 14 de marzo de 1647 ata a súa morte.[1][2]

Modelo:BiografíaGuillerme II de Orange-Nassau

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de maio de 1626 Editar o valor en Wikidata
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte6 de novembro de 1650 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
A Haia, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Causa da morteVaríola Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIgrexa nova de Delft Editar o valor en Wikidata
Príncipe de Orange
14 de maio de 1647 – 6 de novembro de 1650
← Frederico Henrique de Orange-NassauGuillerme III de Inglaterra →
Estatúder
14 de marzo de 1647 – 6 de novembro de 1650
← Frederico Henrique de Orange-NassauDe facto → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCalvinismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Haia (1647–1650) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, aristócrata Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJan Jansz de Jonge Stampioen (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPríncipe de Orange Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMaria Henrietta Stuart (1641–1650), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
FillosGuillerme III de Inglaterra Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico Henrique de Orange-Nassau Editar o valor en Wikidata  e Amália de Solms-Braunfels Editar o valor en Wikidata
IrmánsIsabella Charlotte de Nassau
Henriëtte Amalia de Nassau
Henriqueta Catarina de Orange-Nassau
Luísa Henriqueta de Orange-Nassau
Alexandra de Orange-Nassau
Albertina Inês de Orange-Nassau
Maria de Orange-Nassau
Frederick Nassau de Zuylestein
Hendrik Lodewijk de Nassau Editar o valor en Wikidata
ParentesFrederico Guilherme I de Brandemburgo, cuñado Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Oranje-Nassau-19 Find a Grave: 10293 Editar o valor en Wikidata

Familia

editar

Fillo do estatúder Frederico Henrique de Orange-Nassau e de Amalia von Solms-Braundels, tivo como preceptores os matemáticos Jan Stampionen e Christian Huygens.

O 2 de maio de 1641, na capela real do pazo de Whitehall, en Londres, Guillerme casou con María Henriqueta Estuardo, princesa real, a filla máis vella do rei Carlos I de Inglaterra e de Henriqueta María de Francia.

Dese matrimonio naceu Guillerme, futuro rei de Inglaterra, oito días despois da morte do seu pai.

Traxectoria

editar

En 1648, Guillerme II de Orange-Nassau opúxose ao tratado de Münster, malia o recoñecemento que este facía da independencia das Provincias Unidas. Secretamente, Guillerme abriu negociacións con Francia co obxectivo de compartir con ese país os Países Baixos católicos, aínda que non puido chegar a levar isto á práctica. Ademais, Guillerme traballou para a restauración do seu sogro Carlos I no trono de Inglaterra.

En 1650, viuse involucrado nunha disputa entre a provincia de Holanda e os poderosos comerciantes.

Guillerme II de Orange-Nassau opúxose á redución do seu exército que diminuíu o seu poder, seguida dun gran número de encarceraientos de membros da asemblea provincial, que foron recluídos no castelo de Loevestein. Enviou o seu curmán Guillerme Frederico de Nassau-Dietz ao mando dun exército de dez mil homes para se apoderar de Ámsterdam pola forza, aínda que o mal tempo frustrou o éxito desta campaña.[3]

Durante o seu período viviu a independencia das Provincias Unidas, recoñecida por Europa en 1648 polos tratados de Westfalia. Logo de tres anos de goberno, Guillerme morreu de varíola o 6 de novembro de 1650. Á súa morte, o cargo de estatúder quedou vacante e confióuselle ao gran pensionario Johan de Witt.

Guillerme II de Orange-Nassau, pertenceu á segunda rama da Casa de Nassau, procedente da liñaxe Nassau-Dillenbourg, pertencente á liña otoniana da que saíron varios estatúders e un rei de Inglaterra e de Escocia. Esta rama de Orange-Nassau extinguiuse en 1702.[4]

Títulos

editar

Imaxes

editar
  1. Muller, Pieter Lodewijk. "Wilhelm II. (Generalstatthalter der Niederlande)". En: Allgemeine Deutsche Biographie (ADB). Nº 43. Duncker & Humblot. Leipzig 1898. Páxinas 155–159. (en alemán)
  2. "William II Prince of Orange". En Encyclopaedia Britannica (en inglés)
  3. Russel Shorto. The Island at the Centre of the World. ISBN 0-552-99982-2 (en inglés)
  4. Bouillet, Marie-Nicolas; Chassang, Alexis (dir.), "Guillaume II d'Orange-Nassau". En Dictionaire Universel d'Histoire et de Géographie. 1878 (en francés)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Herbert H. Rowen. The Princes of Orange: The Stadholders in the Dutch Republic. Cambridge, Cambridge University Press, 1988. [ISBN 978-0-52134-525-5] (en inglés)
  • Israel, Jonathan I. The Dutch Republic: Its Rise, Greatness, and Fall 1477-1806, 1998. [ISBN 978-0-19820-734-4] (en inglés)