Provincia de Groninga

Groninga[1] (en neerlandés, Groningen, e en baixo saxón, Grunnen) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é a cidade de Groninga. Limita coas provincias de Drenthe e Frisia, o Estado federado alemán de Baixa Saxonia e o mar de Wadden.

Groninga
Groningen
Grunnen
Bandeira de Groninga
Escudo de Groninga
BandeiraEscudo
Groningen in the Netherlands.svg
Himno: Grönnens Laid
EstadoPaíses Baixos Países Baixos
CapitalGroninga
 • Poboación184 675 (2008)
Lingua oficialNeerlandés
Forma de gobernoProvincie
Comisario da Raíña
René Paas (CDA)
SuperficiePosto 7º
 • Total2.960,03 km²
 • % auga21,2
PoboaciónPosto 9º
 • Total574.481 hab.
 • Densidade246 hab./km²
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.nl
Código ISONL-GR

As fontes de ingresos predominantes son a agricultura e a extracción de gas natural, principalmente na vila de Slochteren. A extracción ás veces causa pequenos tremores de terra. E tamén coñecida como Stad en Ommelanden, que siginifica "cidade e terras circundantes". Algúns groningueses falan dialectos do baixo saxón.

NotasEditar

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 130. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 

Véxase taménEditar