Frisia, Países Baixos

provincia dos Países Baixos

Frisia[1] (en neerlandés, Friesland e en frisón e oficialmente, Fryslân) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal presidida por un comisario designado polo goberno. As linguas oficiais son o neerlandés e o frisón. Con todo, algúns frisóns falan dialectos do baixo saxón. A capital é Leeuwarden (en frisón, Ljouwert). Limita coas provincias de Groninga, Drenthe e Flevoland e co mar de Wadden. Forman parte desta provincia as illas de Vlieland, Terschelling, Ameland e Schiermonnikoog, que limitan así mesmo co mar do Norte.

Frisia
Fryslân
Friesland
Bandeira de Frisia
Escudo de Frisia
BandeiraEscudo
Friesland in the Netherlands.svg
Himno: De âlde Friezen
EstadoPaíses Baixos Países Baixos
CapitalLeeuwarden
 • Poboación93.601 (2008)
Lingua oficialFrisón e neerlandés
Forma de gobernoProvincias
Comisario da Raíña
Arno Brok (VVD)
SuperficiePosto 1º
 • Total5.748,74 km²
 • % auga42
PoboaciónPosto 8º
 • Total645.101 hab.
 • Densidade192 hab./km²
Xentiliciofrisón
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.nl
Código ISONL-FY
Para a rexión histórica homónima véxase: Frisia

NotasEditar

  1. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1289. ISBN 9788482887524. 

Véxase taménEditar