Leeuwarden
Coordenadas: 53°12′N 5°47′L / 53.200, -5.783
Leeuwarden[1] (en frisón: Ljouwert, [ˈʎɔːw(ə)t] (AFI)); en neerlandés: Leeuwarden, [ˈleˑˌwɑrdə(n)] (AFI), escoitar) é a capital da provincia neerlandesa de Frisia. Leeuwarden está situada no norte do país.
Leeuwarden | |||
---|---|---|---|
Ljouwert | |||
![]() | |||
Vista da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Provincia | Frisia | ||
Xeografía | |||
Altitude | 3 msnm | ||
Superficie | 166,99 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 107.237 hab. (2013) | ||
Densidade | 707 hab/km² | ||
Xentilicio | Leeuwarder | ||
Outros datos | |||
Código postal | 8900–8941 | ||
Alcalde | Ferd Crone (PvdA) | ||
Páxina oficial de Leeuwarden |
HistoriaEditar
Leeuwarden obtivo o título de cidade en 1435, aínda que as súas orixes remontan polo menos ao ano 1000. En 1650 contaba cuns 16.000 moradores.
Lugares de intereseEditar
Os monumentos salientábeis de Leeuwarden son :
- a Chancelaría (Kanselarij);
- de Waag, o vello centro comercial;
- a Oldehove, unha torre aínda máis inclinada ca de Pisa;
- a igrexa de San Bonifacio (Sint Bonifatiuskerk), un dos edificios neogóticos mellores dos Países Baixos, que data de 1884.
Entre os museos da cidade cómpre indicar:
- o Museo Frisón (Het Fries Museum);
- o Museo Natural de Frisia (Natuurmuseum Fryslân);
- O Museo Literario Frison (Frysk Letterkundich Museum).
MercadosEditar
En Leeuwarden celébrase o maior mercado de équidos dos Países Baixos. No día da Ascensión acolle o maior mercado de flores do país.
Predecesor: Aarhus Paphos |
Capital Europea da cultura xunto con A Valeta 2018 |
Sucesor: Pendente |
NotasEditar
- ↑ "Leeuwarden". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1207.