Parentesco
O parentesco é o vínculo que existe entre dúas persoas por consanguinidade, afinidade, adopción, matrimonio ou outra relación estable de afectividade análoga a esta.[1]
Concepto
editarEn sentido estrito, é o vínculo que une ás persoas que descenden unhas doutras ou que teñen un ascendente común, isto é, que se achan unidas por unha comunidade de sangue. En sentido amplo, parentesco é a relación ou unión de varias persoas por virtude da natureza ou a lei. En particular, pódese sinalar que o parentesco é común en todas as familias do mundo.
(...) é o nexo xurídico que existe entre os descendentes dun proxenitor común, entre un cónxuxe e os parentes doutro consorte, ou entre o adoptante e o adoptado.Gallegos, 2006, páx. 65[2]
Formas de parentesco
editarO parentesco entre dúas persoas pódese producir de tres formas diferentes:
Parentesco de consanguinidade
editarO parentesco de consanguinidade é a relación que existe entre as persoas unidas por un vínculo de sangue, é dicir, que teñen polo menos un ascendente en común. A proximidade no parentesco por consanguinidade determínase polo número de xeracións que separan aos dous parentes, e mídese en graos, correspondendo cada grao á separación entre unha persoa e os seus pais ou fillos.
Estes vínculos de parentesco consanguíneo organízanse en liñas de parentesco, formadas por unha serie consecutiva de graos, entre as que se poden distinguir:
- Liña recta: a serie de graos existente entre persoas que descenden unha da outra.
- Liña recta ascendente: une a alguén con aqueles dos que descende de maneira directa: pais, avós, bisavós, tataravós,
- Liña recta descendente: liga ao devanceiro cos que descenden sucesivamente del de maneira directa: fillos, netos, bisnetos, tataranetos,
- Liña colateral: a serie de graos existente entre persoas que teñen un ascendente común, sen descender unha da outra: irmáns, tíos, curmáns...
Isto atópase regulado nos artigos 915 a 918 do Código civil español, no artigo 27 do Código civil chileno, nos artigos 190 a 198 do Código civil guatemalteco e nos artigos 37 a 39 do Código Civil venezolano.
Parentesco de afinidade
editarA afinidade é o vínculo que se establece entre un cónxuxe e os parentes consanguíneos do outro, ou ben, reciprocamente, entre unha persoa e os cónxuxes dos seus parentes consanguíneos. O grao e a liña da afinidade determínanse segundo o grao e a liña da consanguinidade. É dicir, unha persoa é parente por afinidade de todos os parentes consanguíneos do seu cónxuxe na mesma liña e grao que este o é deles por consanguinidade. Reciprocamente, os cónxuxes dos parentes consanguíneos dunha persoa son parentes por afinidade desta na mesma liña e grao que o parente consanguíneo do que son cónxuxes.
A relación existente entre un grupo de parentes consanguíneos e os parentes consanguíneos do cónxuxe dun deles, que podería denominarse «dobre afinidade» (por exemplo, a relación existente entre os consogros ou os concuñados, non xera parentesco no Dereito hispano. É dicir, o matrimonio non crea parentesco entre os consanguíneos dun dos cónxuxes e os do outro.
Tamén existe o termo «contraparente», que significa "parente de parentes": 'Non é curmán directo meu; é un contraparente porque é curmán do meu cuñado.'[3]
Parentesco civil
editarEntre os romanos coñecíase como agnatio ao vínculo puramente civil existente entre persoas suxeitas a unha mesma patria potestade, fosen ou non descendentes de quen a ostentaba. A natureza deste vínculo non residía no sangue, senón no poder.
A adopción tamén crea un tipo especial de parentesco, chamado «parentesco civil» ou «parentesco por adopción», entre o adoptado e o adoptante, así como entre o adoptado e a familia do adoptante. En xeral, o parentesco entre un adoptado e a súa familia adoptante considérase exactamente igual que o dun membro familiar de orixe consanguíneo.
Graos de parentesco
editarEstes son os graos de parentesco:[4]
- De primeiro grao:
- Consanguinidade: pais
- Consanguinidade: fillos
- Afinidade: cónxuxes
- Afinidade: xenro/nora
- Afinidade: sogros
- De segundo grao:
- Consanguinidade/Afinidade: avós
- Consanguinidade/Afinidade: netos
- Consanguinidade/Afinidade: irmáns
- Afinidade: cuñados
- De terceiro grao:
- Consanguinidade : Bisavós e bisnetos
- Consanguinidade/Afinidade: Tíos e sobriños
- De cuarto grao:
- Consanguinidade/Afinidade: Curmáns e Tíos avós.
Efectos de parentesco
editarServe para ampliar a esfera de dereitos entre parentes.
Dereitos que derivan do parentesco
editarOs principais dereitos que derivan do parentesco son: a pensión alimenticia, a patria potestade e a herdanza.
Obrigacións que nacen do parentesco
editarA pensión alimenticia, no seu aspecto pasivo; o respecto e a consideración que os descendentes deben aos seus ascendentes, e a tutela lexítima.
Incapacidades que derivan do parentesco
editarA incapacidade para contraer matrimonio entre parentes próximos; a prohibición que impón a lei, en determinados casos, para servir como testemuñas, en xuízo, a un parente, e a incapacidade para ocupar determinados cargos da administración pública, cando un aspirante a devanditos cargos xa ocupa outros dentro da propia administración.
A obrigación alimenticia. Entre as obrigacións derivadas do parentesco figura, de modo preeminente, a obrigación alimenticia, que é recíproca, pois o que a cumpre ten, á súa vez, o dereito de esixila (Artigo 301 do Código Civil). En virtude desta obrigación, o debedor debe procurar ao acredor todos os medios necesarios para que este non careza de alimentos, habitación, medicamentos, educación, etcétera, é dicir, o necesario para vivir decorosamente.
Bioloxía evolutiva
editarEn evolución, parentesco significa parentesco evolutivo, é dicir, dous taxons relacionados filoxeneticamente.
Notas
editar- ↑ "Parentesco". DRAE. Consultado o 17 de febreiro de 2015.
- ↑ Gallegos Pérez, Nidia del Carmen (2006). La teoría del hecho y acto jurídico aplicada al derecho familiar. Tabasco: Univ. J. Autónoma de Tabasco. p. 248. ISBN 9789685748896.
- ↑ Real Academia Española (2014). «contrapariente».
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 11 de agosto de 2016.