Ana de Gran Bretaña
Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.
Ana de Gran Bretaña | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1665 e 6 de febreiro de 1665 |
Lugar de nacemento | Palácio de St. James e Londres |
Falecemento | 1 de agosto de 1714 e 1 de agosto de 1714 |
Lugar de falecemento | Palácio de Kensington e Londres |
Causa | Ictus |
Soterrada | Abadía de Westminster |
Nacionalidade | Reino de Gran Bretaña |
Etnia | Pobo inglés |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Ocupación | aristócrata, política, raíña rexente, gobernante, estadista e monarca |
Pai | Xacobe II de Inglaterra |
Nai | Ana Hyde |
Cónxuxe | Xurxo de Dinamarca |
Fillos | Guilherme, Duque de Gloucester, Mary Anne of Great Britain, first stillborn daughter of Anne of Great Britain, first stillborn son of Anne of Great Britain, Mary Oldenburg, Anne Sophia Oldenburg, second stillborn daughter of Anne of Great Britain, George Oldenburg, fifth stillborn son of Anne of Great Britain, third stillborn daughter of Anne of Great Britain, third stillborn son of Anne of Great Britain, sixth stillborn son of Anne of Great Britain, fourth stillborn daughter of Anne of Great Britain, first miscarried child of Anne of Great Britain, fourth stillborn son of Anne of Great Britain, Joseph of Great Britain e second miscarried child of Anne of Great Britain |
Irmáns | Luísa Maria Stuart, Henrietta FitzJames, Isabel Stuart (1676-1681), María II de Inglaterra, James Fitzjames, Duque de Berwick, Henry FitzJames, James Francis Edward Stuart, Prince James, Duke of Cambridge, Charles Stuart, Duke of Cambridge, Charles Stuart, Duke of Cambridge, Edgar, Duque de Cambridge e Charles Stuart, Duke of Kendal |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.
Traxectoria editar
Por mor dunha infección ocular, a princesa foi a Francia, onde viviu coa súa avoa ata 1670. Coa conversión do seu pai ao catolicismo, María e Ana foron forzadas a abrazar o anglicanismo.
Ao pouco de se converter Ana en raíña, comezou a Guerra de Sucesión Española, con moitos dos Estados de Europa en guerra intentando restar poder a dinastía Borbón. Inglaterra entrará na guerra a fin de estabilizar o poder francés en Europa, xa que se o candidato francés fose rei de España e Francia, esta última sería a maior nación do continente. Unha das súas primeiras accións foi organizar a frota e as accións bélicas nas que actuaría, nomeando ao seu marido Gran Lord Almirante da Mariña Real.
Reinado editar
Como o sistema vixente en Inglaterra era a monarquía parlamentaria, Ana tivo que facer amizades co máximo de parlamentarios influentes que podía, como forma diso a Raíña promovía ceas maxestosas e regalos caros. Unha gran xogada para facer máis activa na participación política. Sempre estaba presente nas reunións parlamentarios, mesmo os que non tiñan a debida importancia.
O seu marido, o príncipe Xurxo morreu en 1708, posiblemente dunha pneumonía, quedando a raíña Ana moi aflixida.
Foi un tema que a Raíña máis se ocupou durante o seu reinado. No século XVI, expandiu o territorio das Trece Colonias (na América do Norte), e decretou a explotación dalgúns produtos en Xeorxia e Virxinia. E conquistou o Suriname en 1710. Foi un gran paso para a economía inglesa, xa que moitos produtos tropicais foron exportados.
Pegada na numismática galega editar
Entre o botín logrado polas tropas inglesas na Batalla de Rande, na ría de Vigo, en 1702, figuraban importantes cantidades de ouro e prata. Parte dese metal fundiuse e destinouse á emisión de moedas pola casa da moeda de Londres (daquela dirixida por Isaac Newton), de prata con valores de 1 penique, 6 peniques, 1 xilin, media coroa e unha coroa, e de ouro con valores de media guinea, unha guinea e cinco guineas.[1]
Co gallo de conmemorar esa importante vitoria, nos anversos destas moedas amósase, baixo o busto da raíña, a inscrición "VIGO".
Ademais destas moedas, batéronse tamén medallas en ouro, prata e bronce, conmemorativas do suceso. En todos os casos amosan, entre outros motivos, imaxes da ría e do porto de Vigo, e da destrución da frota defensora hispano-francesa.[2]
Notas editar
- ↑ “Dos monedas de ´Vigo´, adjudicadas por más de un millón de euros en Londres”. En Faro de Vigo. 16 de xaneiro de 2019.
- ↑ "Emisións da Raíña Ana de Inglaterra". En Pita Fernández, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda. Santiago de Compostela. ISBN 84-605-9958-2. Páxinas 173-176.