Casa de Borbón

casa real de orixe francesa, actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo
(Redirección desde «Borbón»)

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Casa de Borbón
caption
Casa maternaDinastía dos Capetos
Títulos
FundadorRoberto de Clermont
Último gobernante
Xefe actual
Fundación1272
Destitución
Ramas menores

Orixes

editar

A Casa de Borbón é unha rama da Dinastía dos Capetos, a máis antiga dinastía real de Europa, que inclúe a todos os descendentes de Hugo Capeto. A rama de Borbón procede do sexto fillo do rei Lois IX de Francia: o señor de Clermont, Roberto de Francia, que se casaría con Beatriz de Borgoña, señora de Borbón. O primeiro duque de Borbón en 1319 foi o fillo de ambos, Lois I de Borbón.

Esta casa real gobernou a Baixa Navarra (desde 1555), e Francia (desde 1589) de xeito conxunto ata 1789 (estalido da Revolución francesa), cando o Reino de Navarra (Baixa Navarra) foi abolido e o seu territorio integrado ao reino francés. A monarquía (constitucional desde 1791) francesa quedou abolida en 1792, e o rei Lois XVI de Francia (e V de Navarra) foi executado en xaneiro de 1793. Posteriormente houbo unha restauración, trala caída do Primeiro Imperio Francés en 1815; pero a Revolución de Xullo depúxoos outra vez e a rama Borbón-Orleáns tomou o poder entre 1830 e 1848, cando a monarquía foi abolida definitivamente.

O primeiro membro da casa de Borbón en España foi Filipe de Anjou, neto de Lois XIV de Francia, que reinou durante 45 anos co nome de Filipe V, quen sucedeu aos Austrias. É neste período onde se substitúe o orixinal francés Bourbon pola súa castelanización, Borbón. En España, os gobernos sucedéronse desde 1700 a 1808 (Guerra da Independencia), 1813 a 1868 (Sexenio Democrático, incluíndo a Primeira República), desde 1875 a 1931, incluíndo a ditadura de Primo de Rivera), (Segunda República), (Ditadura de Francisco Franco) e desde 1975 ata a actualidade.

É da liña española desde onde se desprende, por exemplo, a liña dos gobernantes das Dúas Sicilias (Borbón-Dúas Sicilias), de Parma e Albacete. Os emperadores pretendentes do Brasil, do mesmo xeito que os pretendentes orleanistas do reino de Francia, que descenden dos Borbóns franceses.

Xunto á liña francesa atópanse outras extintas, como a dos Príncipes de Condé (Borbón-Condé) e a dos Príncipes de Conti (Borbón-Conti), e tamén liñas ilexítimas que viven ata hoxe como Bourbon-Busset.

 
As relacións de parentesco.

Lista de nobres borbónicos

editar

Condes de La Marche

editar

Condes e Duques de Vendôme

editar

Condes e Duques de Montpensier

editar

Monarcas borbónicos

editar

Reis de Francia e de Navarra

editar
 
Versión simplificada do escudo de armas combinado de Francia e Navarra.

O primeiro rei Borbón de Francia foi o rei navarro Henrique III, que asumiu o trono de Francia como Henrique IV. Era fillo de Antón de Borbón e de Xoana III de Navarra. Foi bautizado católico pero profesou a relixión protestante e foi o líder dos hugonotes en Francia trala morte do seu tío Lois I de Borbón, príncipe de Condé. A súa ascensión ao trono francés estivo chea de problemas, debido á súa relixión.

Pretendentes

editar
 
Versión simplificada das armas de Francia durante a Restauración, máis tarde usada polos pretendentes lexitimistas ao trono de Francia.

Pretendentes (lexitimistas Blancs d'Eu e orleanistas)

editar

Pretendentes (lexitimistas Blancs d'Espagne)

editar
 
Escusón da dinastía de Borbón-Anjou, presente no escudo de España desde o reinado de Carlos III.

Ramas bastardas de Francia

editar

Á casa francesa de Borbón están vinculadas tres ramas bastardas: a rama de Vendôme, vén de César de Borbón, maior dos fillos naturais de Henrique IV e de Gabrielle de Estrées; a rama de Maine, vén de Lois Augusto de Borbón, maior dos fillos naturais de Lois XIV e de Mme de Montespan; a rama de Penthièvre, vén de Lois Alexandre, conde de Tolosa e duque de Penthièvre, irmán máis novo do precedente.

Reis de España

editar

Nacida de Philippe, duque de Anjou (Filipe de Anxou, en galego [Cómpre referencia]), primeiro Borbón de España baixo o título de Filipe V, neto de Lois XIV e de María Tareixa. Herdou do seu tio-avó Carlos II en 1700, o trono español, dando lugar á casa de Borbón española que segue reinando despois de máis de tres séculos dende o ano 1700, onde foron sucedéndose, aínda que de forma interrompida, 10 monarcas:

Pretendentes carlistas

editar
 
Pavillón español desde o século XVI ao XVIII e bandeira militar do Imperio español, usada máis tarde como insignia representativa do carlismo.

Duques de Parma

editar
 
Bandeira do Ducado de Parma.

Pretendientes

editar
 
Escudo do Reino das Dúas Sicilias.

Reis das Dúas Sicilias

editar
 
Escudo de armas do Imperio do Brasil.

Liña de Castro

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Casa de Austria
Casa reinante en España
(I vez)

1700-1808
Sucesor:
Casa de Bonaparte
Predecesor:
Casa de Bonaparte
Casa reinante en España
(II vez)

1813-1868
Sucesor:
Sexenio Democrático
Predecesor:
Primeira República
Casa reinante en España
(III vez)

1875-1931
Sucesor:
Segunda República
Predecesor:
Segunda República
Casa reinante en España
(IV vez)

1975 - actualidade
Sucesor:
-