Abrir o menú principal

Xoana de Albret

raíña de Navarra

Jeanne d'Albret, en galego Xoana de Albret, nada en Saint-Germain-en-Laye o 7 de xaneiro de 1528 e finada en París o 9 de xuño de 1572 foi pretendente ao reino de Navarra co nome de Xoana III, que se autodenominou raíña de Navarra na Baixa Navarra,[1] condesa de Foix e Bigorra, vizcondesa de Bearne, Marsan, Tartás, e duquesa de Albret. O seu fillo foi o rei Henrique IV o Grande, primeiro rei Borbón de Francia.

Xoana de Albret
Jeanne-albret-navarre.jpg
Nacemento7 de xaneiro de 1528
 Saint-Germain-en-Laye
Falecemento9 de xuño de 1572
 París
Causatuberculose
Soterradacollégiale Saint-Georges de Vendôme
NacionalidadeReino de Navarra e Baixa Navarra - Nafarroa Beherea
RelixiónCalvinismo
Ocupaciónpolítica, poeta e escritora
PaiHenrique II de Navarra
NaiMargarida de Angulema
CónxuxeGuilherme de Jülich-Cleves-Berg e Antón de Borbón
FillosHenrique IV de Francia e Catarina de Borbón
IrmánsJohn of Navarre
editar datos en Wikidata ]

Orixes familiaresEditar

Xoana naceu en 1528 en Saint-Germain-en-Laye. Era a filla única de Henrique II de Navarra e de Margarida de Francia.[2] Criouse en París, na corte do rei Francisco I de Francia, o seu tío.

Matrimonios e descendenciaEditar

O seu tío Francisco casouna en 1541 co duque Guillerme V de Cléveris, cando apenas tiña trece anos. Desa unión non houbo descendencia. En 1546 o matrimonio foi anulado.

Trala morte de Francisco e o ascenso ao trono de Henrique II, o seu matrimonio foi de novo concertado. Así, o 20 de outubro de 1548 casou en Moulins con Antón de Borbón (1518-1562), fillo de Carlos de Borbón (1489-1537), duque de Vendôme, e de Francisca de Alençon, o cal se convertería en herdeiro ao trono de Francia se se extinguía a reinante casa de Valois. Tiveron cinco fillos:

A cuestión relixiosaEditar

En 1555 faleceu o seu pai e ela herdou o reino de Navarra e demais posesións. En 1560 convereuse ao protestantismo e introduciu a Reforma en Navarra e Béarn. Por unha orde promulgada o 19 de xullo de 1561, impuxo o calvinismo nos seus Estados. Os dous fillos que lle quedaban foron educados segundo as ideas relixiosas da súa nai. Ese mesmo ano Antón de Borbón e o seu irmán Luís I de Borbón, así como o príncipe de Condé, chegaron a París para asistir aos Estados Xerales nos que se discutirían as denuncias dos protestantes do reino.

Primeira guerraEditar

Condé foi detido o 31 de outubro de 1560 e condenado a morte, iniciándose un conflito que estalou con virulencia tralo masacre dos protestantes de Wassy o 1 de marzo de 1562. Os confederados protestantes (Eidgenosse, en alemán confederado, de onde deriva hugonotes) pasaron á ofensiva e recibiron axuda de Alemaña e de Inglaterra (a cambio da cesión de Le Havre) o 20 de setembro de 1562. Condé atopouse en Dreux e Antón de Borbón en Rouen, onde foi apresado e asasinado o 10 de novembro de 1562. A paz de Amboise do 12 de marzo de 1563 puxo fin á primeira guerra de relixión en Francia, na cal non participaron Navarra nin Béarn como Estados (nin Foix nin os vizcondados menores).

Segunda guerraEditar

A matanza de católicos en Nîmes (1567) foi o detonante da segunda guerra. En 1568 Carlos IX de Francia ordenou a confiscación dos seus Estados, e en Béarn rebeláronse os católicos dirixidos por Terride tomando o poder, mentres que noutros lugares o facían as tropas reais. Xoana de Albret encabezou o movemento protestante e encomendou ao seu fillo de 15 anos que interviñese na sede de La Rochelle. A paz de Longiumeau do 23 de marzo de 1568 puxo fin a esta segunda guerra, mais rapidamente se iniciou a terceira.

Terceira guerraEditar

O 12 de marzo de 1569 produciuse a batalla de Jarnac, na que morreu o líder político-militar protestante, Condé, e o fillo de Xoana Henrique de Navarra foi designado novo xefe político en tanto que a dirección militar quedaba en mans de Coligny. Xoana administrou La Rochelle en todos os sentidos, con excepción dos asuntos militares. Controlou a comunicación cos príncipes estranxeiros aliados intentando manter a alianza, especialmente trala morte de Condé en marzo de 1569. Contrariamente ás previsións, o partido hugonote mantívose firme, mesmo despois da derrota de Moncontour. Xoana non se rendiu e en agosto de 1569 recuperou os seus Estados coa chegada das forzas do duque Francisco de Montmorency. A finais de 1570 debeu acceder a negociar ante a vontade dos seus correlixionarios e o 8 de agosto dese ano asinouse a paz de Saint-Germain en Laye. Os católicos non terán ningún dereito: cultos prohibidos e expulsión dos clérigos. Marchou de La Rochelle en 1571 para regresar aos seus dominios. Protestou contra a mala aplicación da paz de Saint-Germain.

Acordo matrimonialEditar

Xoana de Albret volveu emprender longas negociacións en París para casar o seu fillo, o futuro Henrique IV, con Margarida de Francia, a terceira filla de Catarina de Médicis. Non obstante, tivo que aceptar unha condición: Margarida de Francia non se convertería ao protestantismo. O matrimonio celebrouse o 18 de agosto de 1572, mais Xoana III de Albret no puido asistir á cerimonia, xa que faleceu o 9 de xuño de 1572. Segundo os rumores, foi asasinada por orde de Catarina de Médicis.

A Reforma na Baixa NavarraEditar

A pesar de decretar a liberdade relixiosa no seu Reino en que a Igrexa Católica Romana puido compartir templo cos protestantes no horario que dispuxese a autoridade civil, a licenza papal aos seus súbditos para a desobediencia e ocupación de calquera territorio gobernado por unha raíña excomungada como signo de obediencia ao Papa, fixeron imposible a convivencia e finalizou coa prohibición da relixión papal no reino de Navarra. Trala morte de Antón de Borbón, en 1562, Xoana promulgou unha serie de medidas destinadas a implantar a Reforma de Béarn: a publicación dun catecismo de Jean Calvin en bearnés (1563); a fundación dunha academia protestante en Orthez (1566); a redacción de novas ordenanzas eclesiásticas (1566-1571); a tradución do Novo Testamento ao éuscaro por Joannes Leizarraga (1571); e a tradución ao bearnés do Psautier de Marot, por Arnaud de Salette (1568). En 1571 a fe reformada (calvinista) foi oficializada en Béarn e Baixa Navarra como relixión estatal.

Títulos nobiliariosEditar

Por nacemento
  • Raíña de Navarra (1555-1572)
  • Duquesa de Albret (1555-1572)
  • Condesa de Limoges (1555- 1572)
  • Condesa de Foix (1555-1572)
  • Condesa de Armañac (1555-1572)
  • Condesa de Bigorra (1555-1572)
  • Condesa de Périgord (1555-1572)
  • Vizcondesa de Bearne (1555-1572)
  • Vizcondesa de Marlan
  • Vizcondesa de Tartás (1555-1572)
Por matrimonio
  • Duquesa de Borbón (1548-1562)
  • Duquesa de Vendôme (1550-1562)
  • Condesa de Beaumont (1550-1562)
  • Condesa de Marle (1548-1562)
  • Condesa de Soissons (1550-1562)

AntergosEditar

NotasEditar

  1. Aínda que reclamaba e se consideraba raíña de toda Navarra (a Baixa e a Alta), sou controlou a parte transpirenaica (Baixa Navarra).
  2. Canseco, Vicente Díez (2011-07). Diccionario Biográfico Universal de Mujeres Célebres (en castelán). BiblioBazaar. p. 74. ISBN 9781173613198. Consultado o 27 de marzo de 2019. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Bainton, Roland H. (1973). Women of the Reformation in France and England. Minneapolis: Ausburg Publishing House. 
  • Bryson, David (1999). Queen Jeanne and the Promised Land: Dynasty, Homeland, Religion, and Violence in Sixteenth-Century France. 
  • Freer, Martha Walker (1855). The Life of Jeanne d'Albret: Queen of Navarre. Londres: Hurst and Blackett. 
  • Reid, Jonathan (2009). King's Sister – Queen of Dissent: Marguerite of Navarre (1492-1549) and her Evangelical Network. Brill. 
  • Robin, Diana Maury; Larsen, Anne R.; Levin, Carole (2007). Encyclopedia of women in the Renaissance: Italy, France, and England. ABC-CLIO, Inc. 
  • Roelker, Nancy Lyman (1968). Queen of Navarre, Jeanne d'Albret: 1528–1572. Cambridge Massachusetts: Belknap Press of Harvard University Press. ISBN 0-674-74150-1. 
  • Strage, Mark (1976). Women of Power: The Life and Times of Catherine de' Medici. Nova York e Londres: Harcourt Brace Jovanovich. ISBN 0-15-198370-4. 

Ligazóns externasEditar