Casa de Bonaparte

De orixe italianao, a casa de Bonaparte, dinastía Bonaparte, familia Bonaparte ou casa Imperial de Francia (orixinalmente Buonaparte) son todos os descendentes de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino, pais do emperador francés Napoleón Bonaparte, que foi elixido primeiro cónsul de Francia o 10 de novembro de 1799 coa axuda de seu irmán Luciano Bonaparte, presidente do Consello dos Cincocentos en Saint-Cloud. Napoleón I coroouse a si mesmo emperador dos franceses en 1804, e gobernou o imperio até 1815.

Casa de Boparte
Maison Bonaparte
Famiglia Bonaparte o Buonaparte
TítulosEmperador dos franceses
Rei de Italia
Rei de Holanda
Rei de Nápoles e Sicilia
Rei de España e das Indias
Rei de Westfalia
Gran Duquesa de Toscana
Raíña de Etruria
Protector da Confederación do Rin
Mediador da Confederación suíza
Copríncipe de Andorra
Príncipe da illa de Elba
Princesa de Lucca e Piombino
Duquesa de Massa e Princesa de Carrara
Duquesa de Guastalla
Rei de Roma
FundadorNapoleón I
Último gobernanteNapoleón III
Fundación1804
DestituciónTerceira República Francesa (1870)

A familia Bonaparte tamén tivo reis en España, Holanda, Nápoles, Westfalia e un segundo emperador dos franceses, Napoleón III. As persoas que apoiaban o reinado dos Bonaparte foron chamados bonapartistas.

Historia editar

 
Armas dos Buonaparte.
 
Armas imperiais dos Bonaparte.

A familia, formalmente coñecida como Buonaparte (equivalente a "bo partido"), formaba parte da pequena nobreza italiana, proveniente da Toscana e de orixe lombarda, e situada na Lunixgiana (territorio histórico de Italia situado entre o norte da Toscana e a Liguria ao longo do río Magra, nas actuais provincias de La Spezia e Massa-Carrara).

De aí a familia trasladouse a Florencia onde se dividiu en dúas: a orixinal, Buonaparte-Sarzana, quedou asentada en Florencia, e a rama de Francesco Buonaparte trasladouse a Córsega no século XVI, cando a illa era posesión da República de Xénova.

O escudo de armas orixinal dos Buonaparte é en campo de goles, unha dupla barra de ouro acompañada no alto e no baixo dunha estrela de cinco puntas do mesmo metal. Dito escudo presentábase adornado de casco e lambrequín de goles e ouro. En 1804, Napoleón cambiou o escudo de armas dos Buonaparte polo escudo de armas imperial Bonaparte. O cambio aplicouse a todos os Bonaparte, a excepción de Luciano Bonaparte.

Seguindo a súa conquista en Europa occidental, Napoleón Bonaparte coroou o seu irmán máis vello Xosé Bonaparte (17681844) primeiramente rei de Nápoles (18061808) e despois rei de España (18081813); tamén nomeou o seu terceiro irmán Lois (17841860) rei de Westfalia (18071813), unha pequena rexión do norte de Alemaña (hoxe parte do Land Renania do Norte-Westfalia).

O fillo de Napoleón, Napoleón Francisco Xosé Carlos Bonaparte (18111832), foi feito rei de Roma (18111814), e proclamado emperador como Napoleón II o 22 de xuño de 1815, tras a abdicación de seu pai como consecuencia da derrota na batalla de Waterloo, deixando de selo o día 7 de xullo do mesmo ano, coa entrada dos aliados e os partidarios de Lois XVIII en París.[1]

Carlos Luís Napoleón Bonaparte (18081873), fillo de Lois Bonaparte, foi presidente da Segunda República Francesa de 1848 a 1852, e emperador de 1852 a 1870 co nome de Napoleón III; seu fillo, Eugène Bonaparte (18561879) tamén chamado o príncipe imperial, morreu combatendo os zulús en Natal, Suráfrica. Coa súa morte, a casa de Bonaparte perdeu a maior parte da súa influencia política.

A pesar da súa orixe humilde, é considerada hoxe en día como unha das dinastías máis influentes e poderosas da historia moderna, chegando a gobernar nas tres cuartas partes da Europa centro-occidental e a exercer unha inmensa influencia sobre o desenvolvemento da historia militar e política contemporánea.

Lista de soberanos da familia editar

Emperadores dos franceses editar

Napoleón I editar

Artigo principal: Napoleón Bonaparte.

Napoleón II editar

Artigo principal: Napoleón II de Francia.

Napoleón III editar

Artigo principal: Napoleón III de Francia.

Reis de Holanda editar

Lois I editar

Artigo principal: Lois Bonaparte.

Lois II editar

Rei de Nápoles e de España editar

Xosé I editar

Artigo principal: Xosé I Bonaparte.

Rei de Westfalia editar

Xerónimo I editar

Artigo principal: Xerónimo Bonaparte.

Princesa de Lucca e Piombino editar

Elisa Bonaparte (1805-1814), en Lucca, e (1805-1808) en Piombino

Duquesa de Massa e Princesa de Carrara editar

Elisa Bonaparte (1806-1814)

Gran Duquesa de Toscana editar

Elisa I editar

Elisa Bonaparte (1809-1814)

Duquesa de Guastalla editar

Paulina Bonaparte (1806)

Véxase tamén editar

Joachim Murat editar

Artigo principal: Joachim Murat.

Os Bonaparte no século XXI editar

Agora que os Bonaparte non cinguen coroa, Francia é unha república semipresidencialista con territorios en América, África, Oceanía e a propia Europa como a súa parte metropolitanaa. A casa de Bonaparte constitúe unha familia nobre cuxo bo número de membros se están a dedicar á política democrática.

Á vez, a casa de Bonaparte participa en campañas de filantropía e beneficencia. Por outro lado, os bonapartistas seguen aspirando ao restablecemento da coroa napoleónica. O herdeiro actual de Napoleón Bonaparte é Xoán Cristovo Bonaparte, dedicado ao mundo das finanzas.

Xenealoxía editar

Carlo Buonaparte
│
├──> Xosé Bonaparte (1768-1844)
│    └──> Xulia Xosefina Bonaparte (1796-1796)
│    └──> Zénaïde Laetitia Julie Bonaparte (1801-1854)
│    └──> Charlote Napoléone Bonaparte (1802-1839)
├──> Napoleón Bonaparte
│    └──>Napoleón II
├──> Luciano Bonaparte
│    └──>2 fillas coa súa primeira esposa, Katherina Boyer
│    └──>10 fillos coa súa segunda esposa, Alexandrine von Bleschamps, entre eles:
│    └──>Pierre Napoleon Bonaparte
│    └──>Louis Lucien Bonaparte
│    └──>Charles Lucien Bonaparte
├──> Elisa Bonaparte (1777-1820)
│    └──>5 fillos
├──> Lois Bonaparte, Rei de Holanda.
│    └──> Napoleón Carlos Bonaparte (1802-1807)
│    └──> Napoleón Lois Bonaparte (1804-1831)
│    └──> Napoleón III (1832-1870)
│    │    └──> Napoleón IV (1870-1879)
│    └──> Eugène Bonaparte (1856-1879)
├──> Paulina Bonaparte (1780-1825)
├──> Carolina Bonaparte (1782-1839)
└──> Xerónimo Bonaparte (1784-1860)
    ├──> 1 fillo con Elizabeth Patterson Bonaparte.
    │               └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte
    │                    ├──> Carlos Xosé Bonaparte (1851-1921)
    │                    └──> Xerónimo Napoleón Bonaparte II (1830-1893)
    │                         ├──> Louise-Eugénie Bonaparte (1873-1923)
    │                         └──> Xerónimo Napoleón Carlos Bonaparte (1878-1945)
    └──> 3 fillos coa súa segunda esposa, Catarina de Württemberg, incluíndo a:
                                        └──>Napoleón Xosé Carlos Paulo Bonaparte
                                           └──> Napoleón Vítor Bonaparte (Napoleón V Vitor)(1862-1926)
                                               └──> Luís Napoleón Bonaparte (Napoleón VI Luís)(1914-1997)
                                                   └──> Carlos Napoleón Bonaparte  (*1950)
                                                        └──> Xoán Cristovo Bonaparte (Napoleón VII Xoán)(*1986)
                                                          └──> André Napoleón Bonaparte (Napoleón VIII André)(*1997)

Galería de imaxes editar

Retratos editar

Armas editar

Notas editar

  1. Félix Wouters (1849): [1] Histoire de la République et de l'Empire (1789.1815) Bruxelles: Ve Wouters.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar