Segunda República Francesa

A Segunda República Francesa foi o réxime político republicano instaurado en Francia durante o período comprendido entre o 25 de febreiro de 1848 e o 2 de decembro de 1852. A pesar da súa brevidade, producíronse grandes reformas, que levarían a implantar o sufraxio universal masculino, ademais da abolición da escravitude.

Modelo:Xeografía políticaSegunda República Francesa
Deuxième République (fr) Editar o valor en Wikidata

HimnoLe Chant des Girondins (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°49′00″N 2°29′00″L / 48.8167, 2.4833
CapitalParís Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación24 de febreiro de 1848 Editar o valor en Wikidata
Disolución2 de decembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porSegundo Imperio Francés Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo Editar o valor en Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

Antecedentes

editar
 
Barricada en París en febreiro de 1848, por Horace Vernet

Logo da Revolución de 1830 contra Carlos X, subiu ao trono Lois Filipe de Orleáns chamado o rei burgués. Lois Filipe, estableceu a Carta Magna aplicando unhas reformas máis liberais; porén, estas só favorecían á alta burguesía, en detrimento dos traballadores, os intelectuais e a baixa burguesía. Non outorgaba o sufraxio universal, que era o que estes sectores buscaban, posto que neste momento só tiñan dereito a votar a alta burguesía, os terratenentes e os que pagaban os máis altos impostos.

A partir de 1845, Francia comezou a sufrir unha gran crise económica: pecháronse fábricas, aumentou o número de desempregados e a fame xeneralizouse. A pequena burguesía e os estudantes uníronse ás protestas dos obreiros, de xeito que cando o Goberno tentou de empregar á policía e as forzas armadas, estas se negaron, obrigando ao rei a abdicar.

As dúas Repúblicas

editar

A Segunda República desenvólvese en dúas etapas claramente diferenciadas: De febreiro de 1848 ata o 23 de abril do mesmo ano, data das primeiras eleccións á Asemblea Nacional, o goberno provisional da República componse de republicanos moderados (Alphonse de Lamartine, Garnier-Pagès, Arago, Crémieux, Marie), de radicais (Ledru-Rollin, Marrast, Flocon) e de socialistas (Louis Blanc e Albert). En apenas dous meses, toman unha serie de medidas políticas e sociais sen precedentes: é a chamada «República Social e Democrática».

Nas eleccións xerais, as primeiras con sufraxio universal, o peso do voto campesiño, tradicionalmente dominado polas clases máis conservadoras, imprime á política nacional un franco xiro cara a dereita. Os radicais e máis os socialistas son apartados dun goberno reducido a cinco membros: Arago, Lamartine, Ledru-Rollin, Marie e Garnier-Pagès. Unhas primeiras medidas impopulares adoptadas sen demora provocan manifestacións de protesta en París do 23 ao 26 de xuño 1848. Rapidamente os obreiros toman as rúas e levantan barricadas. Declárase o estado de sitio e a revolta é duramente reprimida polo xeneral Cavaignac. Son coñecidas como as «Xornadas de xuño», e marcan o paso sen transición a unha república conservadora e autoritaria.

Da Segunda República ao Segundo Imperio

editar

O 10 de decembro de 1848, o primeiro Presidente da República Francesa é elixido por sufraxio universal: trátase de Luís Napoleón Bonaparte, o príncipe-presidente, sobriño de Napoleón Bonaparte. A Constitución prevía un mandato presidencial de catro anos sen posibilidade de reelección.

A partir de 1850, Luís Napoléon Bonaparte multiplica as Xiras en provincias con vistas a unha posible reelección. Ante a negativa da Asemblea a modificar a Constitución nese sentido, prepara minuciosamente un golpe de Estado que leva a cabo o 2 de decembro de 1851, tomando militarmente os puntos estratéxicos do país. A represión e aniquilación dos seus opoñentes é fulminante. A súa toma do poder é ratificada por un referendo organizado o 21 de decembro, no que boa parte do electorado se ve privado do dereito a votar.[1] A Constitución é modificada establecendo un mandato presidencial de 10 anos, limitando as prerrogativas da Asemblea Nacional e concentrando os poderes en mans do executivo. O 7 de novembro de 1852, un novo referendo pon fin a Segunda República e instaura o Segundo Imperio. Luís Napoléon Bonaparte convertese oficialmente en «Napoleón Terceiro, Emperador dos franceses», o 2 de decembro de 1852, data recordatoria da coroación de Napoleón I e da batalla de Austerlitz.

  1. Víctor Hugo, Napoléon le petit, ed. Jeffs, 1862

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar