Lois XVIII de Francia
Lois XVIII[1] ou Luís XVIII foi un rei de Francia (Versalles, 17 de novembro de 1755 — París, 16 de setembro de 1824), rei titular dende 1795 e de feito entre 1814 e 1824, a excepción do breve período do Imperio dos Cen Días. Coñecido polo seu título de conde de Provenza, era irmán de Lois XVI. Durante o reinado deste adoptou unha postura avanzada, próxima ao pensamento da Ilustración, e ata aceptou a Revolución de 1789.
Máis tarde, con todo, a evolución da Francia revolucionaria decidiulle a fuxir do país en 1791 (o mesmo día que o rei era detido en Varennes cando intentaba escapar por outro camiño); reuniuse co seu outro irmán (o futuro Carlos X) e empezou a encabezar as intrigas dos emigrados contra o réxime revolucionario, dirixindo unha rede de espías e mantendo contacto cos insurxentes contrarrevolucionarios do interior.
Trala execución de Lois XVI en 1793, proclamouse rexente no exilio, e logo rei pola morte do delfín Lois XVII (1795). Con todo, a causa da restauración dos Borbóns pasou por horas baixas durante o período de Napoleón, que premeu aos restantes Estados europeos para entorpecer as actividades do pretendente.
Logo de peregrinar por varios países, as derrotas de Napoleón en 1813-14 abríronlle novas perspectivas: co apoio de Gran Bretaña e de Talleyrand abriuse paso a idea de poñer a Luís no Trono cando se consumase a vitoria aliada sobre Francia. Desembarcou en Calais e prometeu aos franceses establecer unha monarquía constitucional, que plasmou na Carta outorgada de 1814, onde a autoridade do rei quedaba limitada por un Parlamento bicameral e pola garantía dos dereitos individuais dos súbditos.
Notas
editar- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-07.
Véxase tamén
editarArtigos relacionados
editar Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |