Restauración Francesa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
A Restauración Francesa é o nome que se lle da a un período da historia de Francia que comeza coa volta dos Borbóns ao trono francés e remata coa Revolución de 1830.
Royaume de France (fr) | ||||
Himno | Le Retour des Princes français à Paris (en) | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Capital | París | |||
Poboación | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Relixión | catolicismo | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Creación | 1814 | |||
Disolución | 1830 | |||
Sucedido por | Monarquía de Xullo | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | |||
Órgano lexislativo | Parlamento , | |||
Moeda | franco francés | |||
Historia
editarA Primeira Restauración
editarA restauración de Lois XVIII ao trono en 1814 se puido levar a cabo grazas a axuda do ministro de exterior de Napoleón, Talleyrand quen convenceu as forzas aliadas do desexo de restaurar aos Borbón no trono.[1] Os aliados que habían apoiado a diferentes candidatos nun principio: Gran Bretaña aos Borbóns, Austria considerou a rexencia do fillo de Napoleón, François Bonaparte, e os Rusos dubidaban entre o duque de Orleáns Lois Filipe ou Jean-Baptiste Bernadotte (antigo Mariscal de Francia baixo o goberno de Napoleón que era ademais herdeiro ao trono de Suecia). Ofrecéuselle a Napoleón conservar o trono ata febreiro de 1814, coa condición de que as fronteiras de Francia volveran as de 1792, pero este negouse.[2]
Lois, en acordo coa Declaración de Saint-Ouen[3] aceptou a constitución escrita, a Carta de 1814, que garantía unha lexislatura bicameral. O sufraxio estaba limitado aos homes con propiedades considerables, e só un 1% da poboación podía votar.[4]
Logo da popularidade inicial, Lois XVIII de Francia tratou de desfacer os avances logrados trala revolución o que fixo que perdera os seus apoios maioritarios. Actos como o de trocar a bandeira tricolor pola bandeira dos Borbóns, nomearse Lois XVIII, como sucesor de Lois XVII quen nunca gobernou, o de adoptar o título de Rei de Francia en lugar de Rei dos Franceses e o recoñecemento dos aniversarios das mortes de Lois XVI e de María Antonieta foron significantes para o descontento popular.
A caída da Primeira Restauración
editarNapoleón que estaba na illa de Elba aproveitou un descoido dos seus vixilantes para poder escapar e chega a Antibes o 1 de marzo de 1815, a súa chegada é acollida con clamor en toda Francia agás na Provenza onde sempre apoiaron aos Borbóns. Sen disparar nin un só tiro, a pequena tropa de Napoleón pasou a converterse nun grande exército que cinco días máis tarde da súa chegada a Francia, chega a París de onde Lois XVIII fuxira con celeridade. Comezan así os Cen Días que rematarán coa Batalla de Waterloo e a caída definitiva de Napoleón.
A Segunda Restauración
editarTrala caída definitiva de Napoleón en 1815, Lois XVIII regresa a Francia. Entre 1816 e 1817, Lois XVIII rebaixa os impostos durante unhas fames causando a baixada dos prezos e provocando a ira dos terratenentes, fonte de lexitimidade dos Borbóns. Coa morte deste en 1824, sobe ao trono de Francia, Carlos X. Aínda hoxe existe un grande debate entre os historiadores sobre cales foron as causas reais que levaron á caída de Carlos X. Considerase, porén, que é desde 1827 ata 1830 cando unha serie de crises económicas, combinadas co auxe da oposición liberal na Cámara dos Deputados a que fixo caer aos conservadores pro-borbónicos. En 1830, o goberno de Carlos X se atopaba con problemas por todas partes. A nova maioría liberal, o auxe da prensa liberal en París, que superaba ao oficial do goberno, indicaban un xiro ata a esquerda dos parisienses. A situación pronto chegou ao extremo a revolución que estalou ese mesmo ano e que rematou con Lois Filipe de Orleáns como novo Rei dos Franceses. Poñíase inicio á Monarquía de Xullo.
Reis desta etapa
editarNotas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Restauración Francesa |
Bibliografía
editar- Tombs, Robert (1996). France 1814–1914. London: Longman. ISBN 0-582-49314-5.
- Furet, François (1995). Revolutionary France: 1770–1880. Wiley Blackwell. ISBN 0-631-19808-3.