Monarquía de Xullo

Proclamada o 9 de xullo de 1830 despois das chamadas Tres Gloriosas Trois Glorieuses, a Monarquía de Xullo 1830 - 1848 sucedeu en Francia á Segunda Restauración. A rama menor dos Borbóns a dinastía de Orleáns accede ao trono a mans de Lois Filipe I como rei dos franceses. O seu reinado comeza co problema da Revolución de 1830 e se atopara con outros varios que acaban por instaurar a Segunda República. A Monarquía de Xullo, marca á fin da monarquía en Francia.

Modelo:Xeografía políticaMonarquía de Xullo
Royaume de France (fr) Editar o valor em Wikidata

HimnoLa Parisienne (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 48°49′00″N 2°29′00″L / 48.81667, 2.48333Coordenadas: 48°49′00″N 2°29′00″L / 48.81667, 2.48333
CapitalParís Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación34.689.000 (1840) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor em Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1830 Editar o valor em Wikidata
Disolución24 de febreiro de 1848 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porSegunda República Francesa Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoChamber of Deputies (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Moedafranco francés Editar o valor em Wikidata

A crise da monarquía

editar
 
Lois Filipe I de Francia.

En 1846, as colleitas son moi malas. O aumento do prezo do trigo, base da alimentación, provoca a escaseza. O poder adquisitivo baixa. O consumo interior non progresa, provocando unha crise industrial de superprodución. Inmediatamente os patróns se adaptan recorrendo ao despedimento. Inmediatamente, se asiste a unha retirada masiva dos aforros populares, o sistema bancario está en crise. As quebras multiplícanse, os cursos da Bolsa caen. O Estado reacciona importando trigo ruso, o que volve a balanza comercial negativa. Os grandes traballos paran. As manifestacións sucédense. En 1847 prodúcense os motins de Buzançais. En Roubaix, un 60% dos obreiros están en paro. Os asuntos de corrupción (asunto Teste-Cubières) e os escándalos (asunto Choiseul-Praslin) manchan o réxime. As asociacións que se encuadran e as reunións públicas prohibidas a partir de 1835 bloquean á oposición. Para pasar esta lei, os opositores seguen os enterros civís dalgúns deles, que se transforman en manifestacións públicas. As celebracións familiares e os banquetes serven tamén de pretexto ás reunións. A campaña dos banquetes, ao final do réxime, desenvólvese en todas as grandes cidades de Francia. Lois Filipe endurece o seu discurso e prohibe o banquete de peche o 14 de xaneiro de 1848. O banquete, aprazado ao 22 de febreiro, provoca a Revolución de 1848.

A caída do réxime

editar

Tras unha axitación, o rei substitúe ao ministro François Guizot por Adolphe Thiers que propón a represión. Recibido con hostilidade pola tropa colocada ao Carrusel, diante do palacio das Tullerías, o rei abdica en favor do seu neto Filipe e confía a rexencia a súa nora, Hélène de Mecklembourg-Schwerin, pero en van. A Segunda República foi proclamada o 24 de febreiro de 1848 fronte a columna da Bastilla.