Francisco de la Dueña y Cisneros
Francisco de la Dueña Nova y Cisneros Molina y Peñarrubia[1], tamén coñecido como Francesc Antoni de la Dueña y Cisneros[2]. Nado en Villanueva de la Fuente, Cidade Real o 17 de novembro de 1753 e finado en Madrid o 8 de novembro de 1821. Foi un relixioso castelán pertencente a unha familia de hidalgos rurais e Copríncipe de Andorra.
Traxectoria
editarFrancisco foi nomeado Bispo de Urgell e polo tanto Copríncipe de Andorra desde o 29 de outubro de 1797 ao 23 de setembro de 1816.
O 24 de febreiro de 1810 foi elixido deputado nas Cortes de Cádiz, e exerceu como Presidente do Congreso dos Deputados desde o 1 ao 30 de abril de 1814.
En 1816 deixa o seu posto como bispo de Urgell tras ser nomeado Bispo de Sogorbe, posto no que permanece ata a súa morte. No 1817 foi nomeado cóengo doutoral da Catedral de Salamanca.[3]
Etapa no Congreso dos Deputados
editarDurante a súa etapa como deputado Francisco deu o seu apoio á Constitución de Cádiz de 1812 e á política liberal da supresión dos conventos.[4]
Notas
editar- ↑ http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/Iniciativas?_piref73_2148295_73_1335437_1335437.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXLSS.fmt&DOCS=1-100&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%2832640.NDIP.%29
- ↑ En Andorra, ao ser Bispo de Urgell e polo tanto Copríncipe de Andorra
- ↑ Extracto de Los Expedientes de la Orden de Carlos III. 1771-1847. Tomo IV por Vicente De Cadenas y Vicent, p. 20
- ↑ Eclesiásticos catalanes y las Cortes de Cádiz d'Antoni Sánchez i Carcelén, p. 134
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha do Congreso dos Deputados
- Cronoloxía en catholic-hierarchy.org