O Reino de Etruria (en francés Royaume d'Étrurie; en italiano: Regno di Etruria) foi un estado satélite de Francia que existiu desde 1801 a 1807 baixo a imposición de Napoleón Bonaparte, e que comprendía gran parte da Toscana. Tomou o nome de Etruria, o antigo nome romano que designaba ao país dos etruscos.

Modelo:Xeografía políticaReino de Etruria
Regno di Etruria (it) Editar o valor em Wikidata

Nomeado en referencia aEtrúria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalFlorencia Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación21 de marzo de 1801 Editar o valor em Wikidata
Disolución10 de decembro de 1807 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquía Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estadoLuís I da Etrúria (pt) Traducir (1801–1803)
Carlos II de Parma (pt) Traducir (1803–1807) Editar o valor em Wikidata
MoedaTuscan pound (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Polo tratado secreto de San Ildefonso (1800), o primeiro cónsul Napoleón Bonaparte promete a creación en Italia dun Estado baixo dependencia española a cambio da restitución da Luisiana por España. Os tratados de Lunéville (9 de febreiro de 1801) e de Aranjuez (21 de mazo de 1801) confirman a creación. A coroa confíreselle a Luís de Borbón-Parma, fillo e herdeiro do duque de Parma Fernando I. O desposuído gran duque de Toscana, Fernando III de Habsborgo-Lorena, recibe en compensación os territorios eclesiásticos, secularizados, do arcebispado de Salzburgo.

O 3 de agosto de 1801 foi proclamado rei Lois I de Borbón-Parma (Lois I), sobriño da raíña de España María Luísa. A illa de Elba transfírese a Francia, pero incorpórase ao reino de Etruria o antigo Principado de Piombino, que foi inmediatamente cambiado polo denominado Estado dos Presidios.

Segundo Napoleón, Lois I "renuciara implicítamente" ao ducado de Parma, que é anexionado a Francia converténdose na capital do departamento do Taro.

Lois I morre o 27 de maio de 1803, sucedéndoo o seu fillo Carlos Lois, Lois II de Etruria, baixo a rexencia da súa nai María Luísa de Borbón (filla de Carlos IV de España). O goberno de María Luísa permite o asilo dalgúns inimigos de Napoleón, o que irrita a este, que suprime o reino polo Tratado de Fontainebleau o 10 de decembro de 1807, no cal se declara abolida a monarquía.

O rei e a súa nai deberían recibir a cambio, segundo os termos do tratado de Fontainebleau (1807) asinado por Francia e España, o Norte de Portugal, recentemente conquistado, pero en 1808, as desavinzas entre Napoléon e os Borbóns reinantes en España interrompe o proceso.

En 1808 o parlamento francés incorpora o país a Francia. Un gobernador xeral, Jacques François de Boussay, Barón de Menou (1750-1810) foi enviado ao país e logra o poder en maio de 1808 (até o 3 de marzo de 1809).

Créanse inmediatamente tres departamentos: departamento do Arno (gobernado por Bacault de Reully desde o 24 de maio de 1808), departamento do Mediterráneo (gobernado por Guillaume Antoine Benoît, en funcións, desde o 25 de febreiro de 1808) e o departamento de Ombrone (gobernado por Ange Gandolfo desde o 24 de maio de 1808).

Nominalmente o país volve a ser un estado soberano en 1809, cando foi doado co título de Gran Duquesa de Toscana á irmá de Napoleón, Elisa Baciocchi, o 3 de marzo de 1809, que conserva até o 1 de febreiro de 1814. Pero o novo Gran Ducado foi só nominal. A administración francesa mantense cos tres departamentos; o gobernador de Ombrone non foi cambiado; para Arno foi nomeado o 15 de marzo de 1809 Jean Antoine Joseph Fauchet (1761-1834) (que o 4 de xuño de 1810 foi nomeado barón de Fauchet); no do Mediterráneo o gobernador cambiouse en 1810, sendo nomeado Michel Augustin de Goyon. Os tres gobernadores estiveron á fronte dos seus gobernos atéfebreiro de 1814, cando o país foi evacuado polos franceses e ocupado polos napolitanos.

Neste ano de 1814 o Congreso de Viena reconstitúe o Gran Ducado de Toscana que é devolto a Fernando II de Habsburgo-Lorena, que recupera o trono o 27 de abril de 1814. Os Borbón-Parme son on resarcidos co ducado de Lucca. O ducado de Parma, concedido a Napoleón II, cédese á emperatriz María Luísa de Austria á morte deste último, e o ducado de Lucca será entón anexionado polo Gran Ducado de Toscana.

Reis de Etruria editar

 
A familia de Carlos IV, por Goya.
 
Moeda de 10 liras do Reino de Etruria

A futura familia real da Etruria figura en A familia de Carlos IV, lenzo pintado por Francisco de Goya en 1800-1801:

Á dereita do cadro a futura raíña María Luísa ten ao futuro Lois II de Etruria no colo e o futuro Lois I de Etruria está de pé atrás dela.

Na fronte da moeda, efixies de Carlos Luís de Etruria e da súa nai a raíña rexente.
Na lenda en latín lese Carolus Ludovicus Dei gratia rex Etruriae et Maria Aloysia regina rectrix.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar