Ana Hyde
Ana Hyde (en inglés: Anne Hyde), nada en Windsor o 12 de marzo de 1637 e finada en Londres o 31 de marzo de 1671, foi a duquesa de York e Albany como a primeira esposa do futuro rei Xacobe II. Filla de pai avogado, era orixinalmente unha anglicana. Ela casou con Xacobe en 1660 despois de quedar embarazada, mais tamén se afirma que el prometera casar con ela un ano antes. Os dous coñecéronse por primeira vez nos Países Baixos mentres ela vivía no coidado de Ana, princesa real e irmá do duque. A parella tivo oito fillos, porén seis morreron sendo aínda nenos. As dúas que sobreviviron foron María, que sucedeu o pai como raíña despois dos eventos da Revolución Gloriosa de 1688, e Ana, que sucedeu o seu cuñado e se tornou a primeira monarca do Reino de Gran Bretaña.
Nome orixinal | (en) Anne Hyde |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de marzo de 1637 Windsor (Reino de Inglaterra) |
Morte | 31 de marzo de 1671 (34 anos) Palácio de St. James (Reino de Inglaterra) |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Relixión | Igrexa Anglicana e catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata , dama de compañía |
Lingua | Lingua inglesa |
Outro | |
Título | Lista de duquesas de Iorque (pt) Duchess of Albany (en) |
Familia | Casa de Estuardo |
Cónxuxe | Xacobe II de Inglaterra (1659–) |
Fillos | María II de Inglaterra, Edgar, Duque de Cambridge (pt) , Charles Stuart, Duke of Kendal (en) , Henrietta Stuart (en) , Charles Stuart, Duke of Cambridge (en) , Ana de Gran Bretaña, Prince James, Duke of Cambridge (en) , Catherine Stuart (en) |
Pais | Edward, 1st Earl of Clarendon Hyde (pt) e Frances Hyde |
Irmáns | Laurence Hyde, 1st Earl of Rochester (en) e Henry Hyde |
Filla do común Eduardo Hyde, o casamento de Ana con Xacobe é máis coñecido por xerar moitas polémicas. Deu á luz ó seu primeiro fillo dous meses tras o matrimonio, que obviamente fóra concibido antes da unión. Moitos desaprobaban a decisión do duque de casar con Ana, pero non o seu irmán o rei Carlos II. Outra causa de desaprobación era o nivel de afecto público que Xacobe demostraba pola esposa, como bicala e abrazala, accións consideradas como comportamentos pouco axeitados en público para os padróns do século XVII.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Callow, John (2000). Sutton, ed. The Making of King James II: The Formative Years of a King. Gloucestershire. ISBN 0-7509-2398-9.
- Gregg, Edward (1984). Queen Anne. Londres e New Haven: Yale University Press. ISBN 0-7448-0018-8.
- Henslowe, J. R. (1915). Anne Hyde, Duchess of York. Londres: T. W. Laurie.
- Melville, Lewis (2005). The Windsor Beauties: Ladies of the Court of Charles II. Michigan: Loving Healing Press. ISBN 1-932690-13-1.
- Miller, John (2000). James II. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-300-08728-4.
- Waller, Maureen (2002). Ungrateful Daughters: The Stuart Princesses who Stole Their Father's Crown. Londres: Hodder & Stoughton. ISBN 0-312-30711-X.
- Weir, Alison (2008). Britain's Royal Families: The Complete Genealogy. Londres: Vintage Books. ISBN 978-0-09-953973-5.