Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda

obra de Ricardo Luís Pita Fernández

Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda é un libro do filólogo e numismático Ricardo Luís Pita Fernández, publicado en 1999 en Santiago de Compostela polo Círculo Filatélico e Numismático Sant-Yago, cando o autor era o seu presidente.[1][2]

Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda
Lingualingua galega
Data de pub.1999
editar datos en Wikidata ]

Contido editar

Logo de caracterizar a circulación de moeda en Galicia ao longo da historia, desde a etapa prerromana non monetaria ata a actualidade, achega datos salientables da historia e da actividade das cecas ou casas de moeda situadas en lugares como Lugo, Ourense, Tui, Valdeorras, Santiago de Compostela, A Coruña, Xuvia e outros, e aborda tamén diversos tipos de emisións monetarias que gardan relación con Galicia, como as inglesas a nome da raíña Ana cuñadas con metais requisados na ría de Vigo durante a Batalla de Rande ou as realizadas por balnearios galegos ou entidades como a Festa da Istoria, en Ribadavia, ou Bemposta, en Ourense.

Nas súas páxinas finais engádese un anexo de léxico numismático galego e unha colleita de refráns galegos baseados na moeda e o diñeiro.

Relevancia editar

Malia estar dispoñible unicamente en galego, desde a súa presentación no panorama numismático español na XLIII Convención Numismática (2000) da Sociedad Numismática Avilesina, chegou a converterse nunha obra de referencia no seu ámbito en todo o Estado, xunto coa obra de Paz Bernardo Las monedas acuñadas en Galicia, máis centrada esta última na catalogación de pezas que no tratamento das vicisitudes históricas.[3][4][5][6]

Notas editar

  1. Ficha do libro (con ISBN 978-84-605-9958-6) na base de datos do ISBN de España.
  2. Datos biográficos do autor na lapela da portada do libro: [...] licenciado en filoloxía Galega e Portuguesa pola Universidade de Santiago. [...] Participou como conferenciante [...] nas I Xornadas de Numismática do Círculo Filatélico-Numismático Sant-Yago [...] que actualmente preside. [...] É colaborador habitual en diversas revisas, como a madrileña Crónica Numismática.
  3. Nova da presentación do libro en Asturias. La Nueva España. Avilés. 16 de abril de 2000.
  4. Sociedad Iberoamericana de Estudios Numismáticos: El 14 de abril la Sociedad Numismática Avilesina presentó el libro A moeda en Galicia e Galicia na moeda, cuyo autor, Ricardo Luis Pita Fernández, pronunció a continuación una conferencia sobre Numismática Gallega. Ver documento.
  5. Recensión do libro na revista especializada Crónica Numismática. Nº 113. Madrid. 15 de marzo de 2000. Páxina 34.
  6. Paz Bernardo, Jaime. Las monedas acuñadas en Galicia. Numismática Paz. 1992 [ISBN 978-84-604-3085-8]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar