David II de Escocia
David II (gaélico medieval: Daibhidh a Briuis, gaélico moderno: Dàibhidh Bruis) nado en 1324 e finado 1371. Foi rei de Escocia entre 1329 e 1371.
David II de Escocia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 5 de marzo de 1324 |
Lugar de nacemento | Palácio de Dunfermline |
Falecemento | 22 de febreiro de 1371 |
Lugar de falecemento | Castelo de Edimburgo |
Soterrado | Abadia de Holyrood |
Nacionalidade | Reino de Escocia |
Relixión | cristianismo |
Ocupación | monarca |
Pai | Roberto I de Escocia |
Nai | Elizabeth de Burgo |
Cónxuxe | Xoana da Torre e Margaret Drummond, Queen of Scotland |
Irmáns | Marjorie Bruce e Margaret Bruce |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria editar
David foi fillo de Roberto I e a súa segunda esposa, Isabel de Burgh. Accedeu ao trono no 1329 sendo menor de idade.
Derrotas editar
Pese ao tratado con Inglaterra de 1328, Escocia foi invadida por Eduardo III e David tivo que exiliarse trala derrota na batalla do outeiro Halidon en xullo de 1333. A loita contra os ingleses quedou baixo o mando do sobriño de David, Roberto Estuardo. O rei inglés impuxo no trono a Eduardo de Balliol (fillo de Xoán de Balliol), co nome de Eduardo I. Máis tarde David recuperou o trono.
David II foi derrotado novamente por Eduardo III en 1346, e permaneceu prisioneiro en Inglaterra ata 1357. Nese período, Escocia volveu a quedar baixo a rexencia de Roberto Estuardo.
Matrimonios editar
Casou en 1328 con Xoana da Torre, irmá de Eduardo III de Inglaterra, coa que non tivo descendentes. En 1364 casou con Margarida Drummond, tamén sen sucesión.
Por esta razón, ao morrer, proclamouse herdeiro ó seu sobriño Roberto Estuardo, dando así comezo á dinastía dos Estuardo.
Predecesor: Roberto I |
Rey de Escocia 1329 - 1371 |
Sucesor: Roberto II |