Eduardo III de Inglaterra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Eduardo III de Inglaterra, nado o 13 de novembro de 1312 e finado o 21 de xuño de 1377, foi Rei de Inglaterra entre 1327 e 1377. Era fillo de Eduardo II de Inglaterra e da princesa Isabel de Francia.
Eduardo III de Inglaterra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 13 de novembro de 1312 |
Lugar de nacemento | Castelo de Windsor |
Falecemento | 21 de xuño de 1377 |
Lugar de falecemento | Richmond Palace |
Causa | Ictus |
Soterrado | Abadía de Westminster |
Nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Ocupación | realeza e monarca |
Pai | Eduardo II de Inglaterra |
Nai | Sabela de Francia |
Cónxuxe | Filipa de Hainaut |
Fillos | Eduardo de Woodstock, Joana de Inglaterra (1335–1348), Leonel de Antuérpia, Xoán de Gante, Edmundo de Langley, Mary of Waltham, Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke, Tomás de Woodstock, John de Southeray, Joan (?), Jane (?), Nicholas Lytlington, Joan of England, Isabela de Coucy, William of Hatfield, Blanche de la Tour Plantagenet, Thomas of England e William of Windsor |
Irmáns | Xoana da Torre, Eleanor of Woodstock, João de Eltham, Conde da Cornualha e Adam FitzRoy |
Premios | Knight of the Garter |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Traxectoria Editar
Eduardo subiu ao trono con catorce anos, despois da abdicación forzada do seu pai froito dun reinado repleto de intrigas políticas. Como rexentes tivo á propia Isabel de Francia e a Roger Mortimer, o seu titor, os responsábeis pola súa subida anticipada ao trono. Ao contrario do seu pai, Eduardo III tiña unha personalidade forte. Tomando o control do país con 18 anos, Eduardo III mandou executar ao padrasto Mortimer e exiliar á nai, acusándoos do asasinato do seu pai, tres anos antes. No mesmo ano casou con Filipa de Hainault, con quen tivo unha ampla descendencia (ver abaixo).
Eduardo III dedicou o inicio da década de 1330 a subxugar de novo a Escocia, que aproveitara a confusión na política inglesa do reinado de Eduardo II, para readquirir a independencia. Resolvida esta cuestión na batalla de Halidon Hill, en 1333, Eduardo III volveuse para outro conflito que habería de marcar a Idade Media.
En 1328, Carlos IV de Francia, o último dos tres fillos de Filipe IV, morría sen descendentes masculinos. Como en Francia vigorava a lei sálica, a coroa pasou para Filipe de Valois, un primo afastado, que foi coroado como Filipe VI de Francia. Eduardo III era sobriño do falecido Carlos IV, por vía da nai, e considerou a súa pretensión mellor que a do Conde de Valois, a pesar da lei sálica. Os franceses non aceptaran esta hipótese que resultaría nunha perda de independencia e confirmaron a Filipe VI como rei. Despois dalgúns conflitos diplomáticos, Eduardo III declarou abertas as hostilidades con Francia, iniciando así o que ficaría coñecido como a guerra dos Cen Anos. O inicio das hostilidades foi marcado polos sucesos da batalla de Crecy (1346) e da batalla de Poitiers (1356), e pola conquista de gran parte do Norte de Francia. A pesar diso, Eduardo III non fixo ningunha tentativa para ir mais lonxe e conquistar París, por exemplo. Entregado o control da fronte francesa ao fillo Eduardo, o Príncipe Negro, que habería de se mostrar un líder militar notábel, Eduardo III concentrouse na guerra con Escocia. O resultado da campaña do Príncipe Negro foi excelente: Inglaterra venceu a Francia na batalla de Poitiers e Eduardo III tivo a honra de ver ao rei Xoán II de Francia como o seu prisioneiro. As condicións de rescate, detalladas no Tratado de Brétigny, garantían para o seu reino 3 000 000 de coroas e cerca dun terzo do territorio francés.
A pesar de respectarse mutuamente, Eduardo III e o seu primoxénito non se levaban ben nin tiñan a mesma visión do que debería ser a política interna. O casamento do príncipe de Gales con Xoana de Kent fora motivo dunha antipatía nunca sanda totalmente. Porén, cando Eduardo de Gales morre en 1376, Eduardo III chorou a súa morte e tornouse melancólico. Morreu no ano seguinte, sendo sucedido polo seu neto Ricardo.
Cerca da morte de Eduardo III, a sucesión no trono inglés parecía asegurada para Ricardo, pero moitos xoves da prole de Eduardo crearon algún que outro problema. Por exemplo, os conflitos que estalarán entre os diversos ramos da súa descendencia darán orixe á guerra das Dúas Rosas, onde os seus netos das casas de York e Lancaster disputarán a coroa nunha sanguenta guerra civil.
Descendencia Editar
Nota: Os seus fillos ficarán coñecidos pola cidade onde naceran.
- Da súa muller, Filipa de Hainault (1311-1369)
- Eduardo, Príncipe de Gales, o Príncipe Negro (1330-1376), casou con Xoana de Kent e foi pai de Ricardo II de Inglaterra, o último Plantaxeneta
- Isabel Plantaxeneta (1332-1382), casou con Enguerrand VII, Señor de Coucy
- Guillerme Plantaxeneta (1334-1337)
- Xoana Plantaxeneta (1335-1348)
- Leonel de Antuerpia, Duque de Clarence (1338-1368), casou con Isabel de Burgh e Valentina Visconti de Milán, mas tivo apenas unha filla
- Xoán de Gante, Duque da Aquitania e de Lancaster (1340-1399). Os seus descendentes formarán a Casa de Lancaster, a facción da rosa vermella na guerra das Dúas Rosas. Foi tamén pai de Filipa de Lancaster, muller do rei Xoán I de Portugal.
- Edmundo de Langley, Duque de York (1341-1402). Os seus descendentes formarán a Casa de York, a facción da rosa branca na guerra das Dúas Rosas.
- Branca Plantaxeneta (1342)
- María Plantaxeneta (1344-1361), casou con Xoán V, Duque da Bretaña
- Margarida Plantaxeneta (n.1346), casou con John Hastings, Conde de Pembroke
- Tomé de Woodstock, Duque de Gloucester (1355-k.1399), casou con Leonor de Bohun
Predecesor: Eduardo II de Inglaterra |
Rei de Inglaterra e Señor de Irlanda 1327 - 1377 |
Sucesor: Ricardo II de Inglaterra |