Filipa de Hainaut
Filipa de Hainaut, nada en Valenciennes aproximadamente en 1314 e finada o 15 de agosto de 1369, foi a raíña consorte de Eduardo III de Inglaterra.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1310 ![]() Valenciennes, Francia ![]() |
Morte | 15 de agosto de 1369 ![]() Castelo de Windsor, Reino Unido ![]() |
Causa da morte | edema ![]() |
Lugar de sepultura | Abadía de Westminster ![]() |
Actividade | |
Ocupación | rexente ![]() |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra dos Cen Anos ![]() |
Outro | |
Título | Raíña consorte (1328–1369) Condesa ![]() |
Familia | Casa de Plantagenet ![]() |
Cónxuxe | Eduardo III de Inglaterra (1328 (Gregoriano)–) ![]() |
Fillos | Joan of England, William of Hatfield, Eduardo de Woodstock, Isabela de Coucy, Joana de Inglaterra (1335–1348), Leonel de Antuérpia, Xoán de Gante, Edmundo de Langley, Blanche de la Tour Plantagenet, Maria de Waltham, Margarida de Inglaterra, Condessa de Pembroke, Thomas of England, William of Windsor, Tomás de Woodstock ![]() |
Pais | Guillerme I de Hainaut ![]() ![]() |
Irmáns | William II of Hainaut Margarida II, Condessa de Hainault Joanna of Hainaut ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography A Cyclopaedia of Female Biography Encyclopædia Britannica ![]() |
![]() |

Traxectoria
editarNaceu en Valenciennes (daquela condado de Hainaut, hoxe Francia) filla do conde de Hainaut Guillerme I e de Xoana de Valois, neta de Filipe III de Francia.
Casou con Eduardo o 24 de xaneiro de 1328, once anos antes da súa ascensión ao trono. A diferenza de moitas predecesoras entre as raíñas consortes inglesas, non causou molestias na corte introducindo costumes estranxeiros.
Filipa acompañou a Eduardo nas súas expedicións a Escocia (1333) e a Flandres (1338-40), onde recibiu o recoñecemento pola súa bondade e compaixón. É recordada pola historia como unha muller benévola, que persuadiu ao seu marido a perdoar os burgueses de Calais (1346) cando tiñan que ser executados de xeito exemplar.
Exerceu como rexente en varias ocasións mentres o seu marido estaba no continente.
O 15 de agosto de 1369 Filipa morreu de enfermidade no castelo de Windsor, aos 55 anos e foi enterrada na abadía de Westminster.
Descendentes
editarFilipa e Eduardo tiveron 14 fillos, dos cales chegaron a adultos (Filipa sobreviviu a 9 dos 14 nenos). A súa descendencia desempeñaría un papel importante no desenvolvemento das futuras guerras civís inglesas, que se habían coñecer como a Guerra das Dúas Rosas.
- Eduardo o Príncipe Negro (1330-76).
- Isabel de Inglaterra (1332-1379).
- Xoana de Inglaterra (1334-1348).
- Leonel de Antuerpen, primeiro duque de Clarence (1338-68).
- Xoán de Gante, primeiro ducado de Lancasterduque de Lancaster (1340-99).
- Edmundo de Langley, primeiro duque de York (1341-1402).
- María Plantagenet (1344-1362).
- Margarida Plantagenet (1346-1361).
- Tomé de Woodstock, primeiro duque de Gloucester (1355-97).
Tres fillos máis e dúas fillas morreron na infancia.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipa de Hainaut |