Xacobe II de Escocia
Xacobe II, nado en Edimburgo, o 16 de outubro de 1430, e finado en Roxburgo o 3 de agosto de 1460, foi o rei de Escocia dende 1437 até a súa morte. Era fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort,[1] ascendendo ó trono ós seis anos, após o asasinato do seu pai.
Xacobe II de Escocia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de outubro de 1430 |
Lugar de nacemento | Abadia de Holyrood |
Falecemento | 3 de agosto de 1460 |
Lugar de falecemento | Roxburgh |
Soterrado | Abadia de Holyrood |
Nacionalidade | Reino de Escocia |
Relixión | Igrexa católica e catolicismo |
Alma máter | Universidade de St Andrews |
Ocupación | político |
Pai | Xacobe I de Escocia |
Nai | Joana Beaufort, rainha da Escócia |
Cónxuxe | Maria de Gueldres |
Fillos | Xacobe III de Escocia, Mary Stewart, Alexander Stuart, Duque de Albany, David Stewart, Earl of Moray, John Stewart, Earl of Mar, Margaret Stewart, John Stewart e unnamed son Stewart |
Irmáns | Alexandre Stuart, Duque de Rothesay, Mary Stewart, Countess of Buchan, Joan Stewart, Countess of Morton, Eleanor of Scotland, Margarida Stuart, Annabella of Scotland, Isabel da Escócia, Andrew Stewart, John Stewart, 1st Earl of Atholl e James Stewart, 1st Earl of Buchan |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Tivo unha minoría de idade moi axitada, cos rexentes William Crichton e Alexander Livingstone, que se viu marcada pola execución en 1440 de William e David Douglas por Crichton, que despois foi declarado proscrito por Livingston e William Douglas, nomeados lugartenentes do reino. En 1444, formouse unha liga entre William Douglas, conde de Crawford, e John, conde de Ross e señor das Illas, pero en 1452 morreu polo rei en 1455 exiliando o seu fillo James a Inglaterra.
Trasladou definitivamente a capital escocesa de Perth a Edimburgo e en 1450 fundou unha nova universidade en Glasgow baixo o patrocinio do chanceler James Kennedy, bispo de Saint Andrew. Naquela época, o parlamento escocés foi complementado por institucións como o Consello Xeral e a Convention of Estates, parlamentarios sen poderes xudiciais. En 1448, venceu os ingleses en Sark. Ademais, apoiou os nobres ingleses da casa de Lancaster contra a casa rival de York na Guerra das Dúas Rosas, o cal provocou a súa morte no asedio de Roxburgh en 1460.
En 1449, casou con María de Gelderland.[2]
Predecesor: Xacobe I |
![]() Rei de Escocia 1437 - 1460 |
Sucesor: Xacobe III |
NotasEditar
- ↑ Mortes reiais. Revista Sàpiens (papel) (Barcelona: Sàpiens Publicacions). outubro de 2013. pp. p.16. ISSN 1695-2014.
- ↑ Meagher, Jennifer. Biografía de Petrus Christus en Metropolitan
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- 'The Auchinleck Chronicle', printed in McGladdery, James II, Appendix 2, pp 160–73.
- M. Brown, The Black Douglases (East Linton, 1998).
- C. McGladdery, James II (Edinburgh, 1990).
- R Tanner, The Late Medieval Scottish Parliament: Politics and the Three Estates, 1424-1488 (East Linton, 2001).