Xacobe I de Escocia

Xacobe I de Escocia (en inglés: James). Nado en Dunfermline o 25 de xullo de 1394 e finado en Perth o 21 de febreiro de 1437. Rei de Escocia entre 1406 e 1437.

Xacobe I de Escocia
King James I of Scotland.jpg
Nacementoxullo de 1394
Lugar de nacementoPalácio de Dunfermline
Falecemento21 de febreiro de 1437
Lugar de falecementoBlackfriars, Perth
CausaPerfuração por arma branca
SoterradoPerth Charterhouse
NacionalidadeReino de Escocia
Relixióncristianismo
Ocupaciónpoeta e escritor
PaiRoberto III de Escocia
NaiAnabela Drummond
CónxuxeJoana Beaufort, rainha da Escócia
FillosMargarida Stuart, Isabel da Escócia, Eleanor of Scotland, Mary Stewart, Countess of Buchan, Joan Stewart, Countess of Morton, Alexandre Stuart, Duque de Rothesay, Xacobe II de Escocia e Annabella of Scotland
IrmánsMargarida Stuart e Davi Stuart, Duque de Rothesay
Na rede
Musicbrainz: 6730a34c-fc85-4bd9-9219-e4b5aff224ca WikiTree: Stewart-419 Find a Grave: 9393967 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xacobe foi fillo de Roberto III e Anabella Drummond. Tivo unha infancia axitada. En 1402 o seu irmán máis vello, David, morreu de fame na prisión de Falkland en Fife. Antes da morte do seu pai (Roberto III), en 1406, Xacobe foi enviado a Francia para a súa seguridade[1].

Prisioneiro dos inglesesEditar

No camiño, os ingleses capturárono e foi levado ante Henrique IV de Inglaterra quen o fixo o seu prisioneiro e pediu un rescate. O imán do rei escocés Roberto Estuardo asegurou a liberación do seu fillo, Murdoch, quen foi capturado ao mesmo tempo que Xacobe, mais non a deste. Durante 18 anos, Xacobe foi prisioneiro e educado no castelo Windsor e en varios poboados preto de Londres.

Durante o cativerio Xacobe escribiu The Kingis Quair, unha das mellores obras temperás da literatura escocesa.

Liberación e matrimonioEditar

Tras a morte do seu tío en 1420, o rescate de £40,000 foi finalmente pagado, e en 1424 Xacobe regresou a Escocia para atopar un país en caos. Levou a súa esposa con el -casara con Xuana Beaufort mentres era prisioneiro en Londres o 2 de febreiro de 1423. Tiveron oito fillos:

Rei de EscociaEditar

Xacobe foi formalemente coroado Rei de Escocia na abadía de Scone, Pertshire, o 2 (ou 21) de maio de 1424. Inmediatamente tomou fortes accións para rexenerar a autoridade e o control. Unha de tales acciones foi a execución da familia Albany, quen opuxerase as súas accións. A execución de Murdoch, e dous dos seus fillos tiveron lugar o 24 de maio de 1425, no castelo Hill, Stirling.

Reinou con man dura sobre o país e logrou numerosas reformas financeiras e legais.

As súas accións en todas partes do seu reinado, aínda que eficaces, molestaron a moitas persoas. Durante os anos posteriores do seu reinado, os seus opositores traballaron para derrocalo[2].

Foi asasinado en Perth, no marco dunha conspiración nobiliaria.

Predecesor:
Roberto III
 
Rei de Escocia

1406 - 1437
Sucesor:
Xacobe II

NotasEditar

  1. Xacobe I de Escocia Diclib. Consultado o 09 de novembro de 2012.
  2. Jacobo, I Rey de Escocia La web de las biografías. Consultado o 09 de novembro de 2012.