Teodoro I Láscaris

Teodoro I Láscaris , nado c. 1175 e finado en 1222, emperador de Nicea, naceu nunha familia nobre bizantina. Era fillo de Manuel Láscaris e de Xoana Karatzaina.

Teodoro I Láscaris
Theodore I Laskaris miniature.jpg
Retrato de Teodoro I dun manuscrito do século XV.
Nacemento1174
Lugar de nacementoConstantinopla
Falecemento1221
Lugar de falecementoİznik
NacionalidadeImperio Bizantino
Ocupacióngobernante
PaiManuel Láscaris
NaiIoanna Karatzaina
CónxuxeAna Angelina, Filipa da Arménia e María de Courtenay
FillosMaria Laskarina, Sophia Eudokia Laskarina, Nikolaos Laskaris, Constantin Laskaris e Irene Lascarina
IrmánsConstantino Láscaris de Niceia, Aleixo Láscaris, Georg Laskaris, Isaac Láscaris e Manuel Laskaris
Na rede
WikiTree: Lascaris-4
editar datos en Wikidata ]
O Imperio Latino, o Imperio de Nicea, o Despotado de Epiro e o Imperio de Trebisonda. As fronteiras non son exactas.

TraxectoriaEditar

En 1199 converteuse en xenro do emperador bizantino Aleixo III Anxo e fíxose famoso durante o sitio de Constantinopla polos latinos (1203-1204). Trala caída da cidade, liderou unha banda de fuxitivos de Bitinia e estableceuse na cidade de Nicea.

Eliminado o perigo dunha invasión das forzas latinas, que derrotou en 1204, foi reclamado en Europa para facer fronte a unha invasión búlgara. Empezou a traballar no establecemento dun novo estado bizantino en Asia Menor e, en 1206, tomou o título de emperador.

Os anos seguintes, Teodoro estivo acosado por inimigos que rodeaban o seu estado. Emprendeu continuas campañas contra o emperador latino Henrique de Flandres, derrotou ao seu rival Aleixo I, emperador de Trebisonda e levou a cabo diversos ataques contra Kay Khusrau I, sultán de Rum que instigara a guerra contra Aleixo III.

A vitoria que coroou a Teodoro tivo lugar en 1210, cando nunha batalla preto de Antioquía de Pisidia, capturou a Alexis e tomou a cidade que se atopaba en mans dos turcos.

Aínda que non existen probas das súas calidades como home de estado, a súa coraxe e as súas habilidades militares conseguiron que esta nación bizantina non só sobrevivise senón que conseguise derrotar as invasións latinas.

DescendenciaEditar

Coa súa primeira esposa, Ana Anxo, filla do emperador Aleixo III, Teodoro Láscaris tivo dúas fillas: Irene Lascarina (casada con Xoán III duque de Vatatzés) e María Lascarina (casada co rei Bela IV de Hungría)

Trala morte de Ana en 1212, Teodoro casou con Filipa de Armenia, filla do rei Rubén III de Armenia. O matrimonio anulouse ao ano seguinte por motivos relixiosos e o fillo do matrimonio, Constantino, quedou desherdado.

Teodoro Láscaris casou por terceira vez en 1219 con María de Courtenay, filla de Pedro de Courtenay e Iolanda de Hainaut pero non tivo fillos.

Imperio Bizantino

Segue a:
Aleixo V Ducas
Teodoro I Láscaris
Precede a:
Xoán III Ducas Vatatzés
Dinastía Láscaris