Beatriz de Savoia
Beatriz de Savoia, nada en 1206 e finada en decembro de 1266, foi unha infanta de Savoia e condesa consorte da Provenza (1219 - 1245).
Nome orixinal | (fr) Béatrice de Savoie |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1198 Q28494958 |
Morte | 1265 ↔ 1267 (68/69 anos) Q28494958 |
Lugar de sepultura | Abadia de Hautecombe (pt) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Conde de Provenza (1219–1245) |
Familia | Casa de Savoia |
Cónxuxe | Raimundo Berengário IV, Conde da Provença (1220 (Gregoriano)–) |
Fillos | Margarida da Provenza, Leonor da Provenza, Sancha da Provença, Beatriz, Condessa da Provença |
Pais | Tomás I, Conde de Saboia e Margarida de Genebra |
Irmáns | Bonifácio de Savoia Tomás II, Conde de Saboia Amadeu IV, Conde de Saboia Filipe I de Savoia Guilherme de Saboia Pedro II, Conde de Saboia Alásia de Savoia Margarita de Savoia |
Traxectoria
editarBeatriz era filla do conde Tomé I de Savoia e da súa muller Beatriz Margarida de Xenebra. Era neta pola liña paterna de Humberto III de Savoia e Beatriz de Mâcon e pola liña materna de Guillerme I de Xenebra. Era irmá dos condes Amadeu IV de Savoia, Tomé II de Savoia e Pedro II de Savoia. Casou co conde Ramón Berengario V da Provenza o 5 de xuño de 1219. Desta unión naceron:
- O infante Ramón da Provenza, que morreu novo.
- A princesa Margarida da Provenza (1221 - 1295), casada en 1234 con Lois IX de Francia.
- A princesa Leonor da Provenza (1223 - 1292), casada en 1236 con Henrique III de Inglaterra.
- A princesa Sancha da Provenza (1225 - 1261), casada en 1243 con Ricardo de Cornualla, fillo de Xoán I de Inglaterra e irmán de Henrique III de Inglaterra.
- A princesa Beatriz I da Provenza (1234 - 1267), condesa da Provenza e casada en 1246 con Carlos I de Nápoles.
Beatriz de Savoia morreu en 1266. O trobador provenzal Blacas (1200-1265), espiritualmente namorado e respectuoso con Beatriz, dedicoulle gran parte da súa produción[1].
Notas
editar- ↑ Enciclopedia Espasa, Volume núm. 8, p. 1041.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Beatriz de Savoia |
Bibliografía
editar- Bernard Demotz, Le comté de Savoie du XIe au XVe siècle: Pouvoir, château et État au Moyen Âge, Genève, Slatkine, 2000, 496 p. (ISBN 2-05-101676-3).
- Emmanuel Davin, «Béatrice de Savoie, Comtesse de Provence, mère de quatre reines (1198-1267)», Bulletin de l'Association Guillaume Budé, vol. 1, no 2, 1963, p. 176-189.