Fontainebleau
Fontainebleau é unha cidade francesa, situada no departamento de Sena e Marne, na rexión de Illa de Francia, famosa polo seu palacio, antiga residencia real francesa. Os seus habitantes son chamados, en francés, les Bellifontains.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Illa de Francia | ||||
Departamento | Sena e Marne ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.903 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Q108921672 ![]() Q19407251 ![]() ![]() | ||||
Superficie | 172,05 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Sena ![]() | ||||
Altitude | 96 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Fontainebleau (en) ![]() ![]() | Frédéric Valletoux (pt) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 77300 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Constanza (1960–) Richmond upon Thames (pt) ![]() Siem Reap (2000–) Lodi (2011–) Sintra (2016–) Alba Iulia (2022–) ![]() | ||||
Sitio web | fontainebleau.fr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Fontaine Belle Eau ou Fontaine Belleau, logo Fontainebleau, veu fixado oficialmente o seu nome en 1169. O que era unha simple aldea veuse dotada cun pavillón de caza e unha capela polo rei Luís VII de Francia. San Luís, que apreciaba moito Fontainebleau, que a chamaba os seus « ermos », fixo construír aquí un pavillón e máis un hospital. Filipe o Fermoso naceu neste lugar en 1268, no que tamén faleceu en 1314.
En total, 34 soberanos, desde Luís VI o Gordo ata Napoleón III, residiron en Fontainebleau ao longo de sete séculos.
Entre os séculos XVI e XVIII, todos os reis, de Francisco I a Luís XV, encargaron traballos importantes (derrubamento - reconstrución - engrandecemento - afermosamento), que lle deron o seu carácter "heteroxéneo", mais con todo harmonioso, á arquitectura do château (castelo-pazo).